Diario **sesión, mércores 16 de outubro**

Diario sesión **mércores, 16 de outubro**

Nesta sesión, primeiramente, comezamos comentando algunhas cuestións das notas de campo tomadas da sesión anterior, facendo algunhas reflexións. Despois, centrámonos co apoio das diapositivas sobre o xogo de relacións entre asesoramento e orientación, para concentrarnos hoxe no tema de “modelos” (que modelos de orientación coñecemos, que caracteriza cada un deles, e se poden relacionarse cos modelos de asesoramento).

As notas de campo recollidas debe dar lugar a entender a aquelas persoas que non asistiron a entender o que se foi comentando e realizando nesa sesión de clase. Todas as sesións teñen unha estrutura, onde mediante o seu desenvolvemento será realizada a correspondente nota de campo, servindo así como unha pauta de actuación para dar a coñecer os demais. En ese sentido, a conciencia reflexiva é importante para plasmar o traballo realizado na clase (que sucedeu, que cousas se recollen, etc), xa que son unha ferramenta que permite reconstruír o sentido do que fixemos na sesión.

Desta maneira, volvendo co visto na sesión anterior, retomamos moitos dos aspectos vistos, para clarificalos, nos que a mestra recolleu o significado do asesoramento como profesión regulada para facilitar o entendemento do seu concepto:

[Profesión regulada (páxina da Universidade de Sevilla): defínese desta maneira a actividade ou conxunto de actividades profesionais nas que o acceso, exercicio ou unha das súas modalidades está subordinada de maneira directa ou indirecta en virtude de disposicións legais á posesión de determinadas cualificacións profesionais.]

Polo tanto, son un conxunto de profesións que especificamente teñen unhas regulacións máis estritas (plans de estudio, rexistro de titulacións,… ), seguramente porque son socialmente máis importantes (veterinario/a, profesorado, etc.), para evitar o intrusismo profesional.

A cuestión seguinte foi deternos un tempo do que foi obxecto de discusión do traballo que fora realizado sobre a relación entre o concepto de asesoramento e orientación, para situarnos ou ubicarnos nestas dúas prácticas que poden converxer, emparentadas nas súas metas. Coa finalidade de clarificar o concepto das mesmas e onde poden converxer, achegouse este cadro:

 

 

ORIENTACIÓN

ASESORAMENTO

        Orixe

Guidance

counseling

Support,   adviser

        Práctica

Directa: con   estudantes

Indirecta: con   profesores ou outros membros da comunidad.

        Poder

Asimetría

Horizontabilidad,   profesionales co mesmo estatus.

        Comunicación

Unidireccional

bidireccional

        Meta

Resolución   de problemas

Capacitación   asesores/asesorados

 

Nos estudos que hai sobre o asesoramento, marca moito na súa orixe o cambio. Son dúas prácticas emparentadas pero que emerxeron en momentos distintos. Os asesores emerxen fundamentalmente ante reformas educativas, que afecta primordialmente a temática relacionada co profesorado.

O seguinte foco da sesión fundamentouse nos modelos: modelos de orientación e modelos de asesoramento (que modelos de orientación coñecemos?, que caracteriza a eses modelos?, poden ser tamén modelos de asesoramento?).

Primeiramente, debemos deixar claro que é un modelo, segundo Bisquerra (1998) modelo de orientación “é un modelo de representación que representa un deseño, estrutura  e os compoñentes esenciais dun proceso de intervención en orientación”. Desta definición destacamos que se trata dunha representación teórica, de algo que a veces xurde na práctica e outras veñen dunha determinada teoría.  Ademais implica un deseño, estrutura e compoñentes en base a unha teoría.

Se pasamos a definir os modelos atopados e postos en común no grupo clase, e atendendo a modelos de orientación, denominados modelos de intervención recollidos na materia de “orientación profesional” recollemos os seguintes modelos: modelo de programas, modelo de consulta, modelo tecnolóxico, modelo de servizos e modelo de consello (counseling).

Álvarez e Bisquerra (1997) fan a seguinte clasificación: modelos teóricos (atendendo á orixe teórica, enfoques ou visións da que descenden), de intervención (segundo o tipo de intervención que se leva a cabo en base a modelos básicos e modelos mixtos, para satisfacer necesidades nun contexto determinado) e organizativos (proposta das administracións públicas), nos cales se agruparían os cinco modelos recollidos anteriormente.

Seguindo a Escudero (1981) diferenciamos tres tipos de modelos: clínico, humanista e de consello, psicométrico.

Sen embargo, Rodríguez Moreno (1998) diferenza entre modelos históricos, modelos modernos e modelos contemporáneos.

Chegamos a conclusión e debate de que non existe un consenso dos diferentes modelos, con varias clasificacións, isto débese a que cada autor en base as súas perspectivas elabora o seu matiz, pero…. realmente hai tanta diversidade de modelos?ou o que hai é unha diversidade de criterios de clasificación nos que encaixar os distintos modelos? O que en definitiva atopamos son diversos modelos con distintas posicións, onde debemos adoptar unha e traballar coa mesma, dando lugar a reflexionar hasta que punto nos sirve o modelo, o podemos aplicar, si complementamos un modelo con outro, etc.

A pesar disto, cabe dicir que existen uns modelos básicos que son os que a maioría de autores utilizan, realidade existente en moitos dos documentos analizados,

 

Disto anterior deducimos que, a intervención na práctica, fai moi difícil que calquera modelo se axuste a unha realidade concreta, hai unha evolución e as diferentes aportacións destes autores son interesantes para asumir como futuros profesionais sempre as diversas opcións. Así, como futuros psicopedagogos/as e obligacións profesionais que imos ter, temos que asumir que sempre segundo o contexto onde realicemos a nosa labor, debemos recoller as diferentes posturas e acepcións, coa súa especificidad, clasificacións e esixencias e aplicar así, o que mellor se axuste ás necesidades de cada contexto. A posición que como profesionais tomemos na súa elección vai depender do resultado da acción que obteñamos, é dicir, optar por un ou outro modelo ou pola súa combinación vai depender da nosa postura e das necesidades que observemos no contexto. Desta forma, hai que buscar ese autor co que, dalgunha maneira, nos identifiquemos e así, seguir traballando e reflexionando .

Esta complexidade que existe no mundo do asesoramento, podemos reducila e minimizala, destacando sempre o máis importante, marcando unhas pautas e limitacións como profesionais, en base os valores polos que opta cada profesional.

Destas aportacións básicas dos modelos deducimos que existen tres ou catro modelos:

-          Modelo clínico-psicométrico: cunha intervención remedial; relación máis individualizada; psicométrico porque para el utilízanse varios tipos de ferramentas (test,…); remedial-asistencial porque busca remedios á situación presentada.

-          Modelo de consulta: caracterizado pola combinación da intervención directa (entre profesionais) e indirecta (co alumnado); implica un xogo de axuda por parte de expertos que acoden á axuda doutros profesionais (asesoramento externo e interno).

-          Modelo psicopedagóxico: perspectiva dende a cal realizar distintos tipos de intervencións onde se podería incluír o modelo de programas (proposta de acción determinada) e o modelo de servizos.

-          Modelo sociopsicopedagóxico ten que ver fundamentalmente coa idea de cooperación entre os distintos elementos que configuran a organización interna, coa proposta de traballo en rede. Por isto, recollería o modelo tecnolóxico.

-          Modelo mixto: onde se recollería unha combinación dos modelos anteriormente nomeados.

 

Desta sesión concluímos as seguintes cuestións: os modelos de asesoramento son modelos de orientación, son distintos, …? as cales abordaremos nas seguintes sesións.