O rol do asesor/a

             Do termo asesoramento despréndese a figura dunha persoa, un axente, que ten que levar a cabo dita acción, estou a falar do asesor no ámbito educativo. Como xa se comentou na aula, dita figura, presenta igual que o termo asesoramento varias controversias, que poden ser devidas a varios factores como por exemplo: o solapamento da función de asesoramento con outras prácticas “parecidas” que se levan a cabo na institución; a procedencia profesional dos asesores; e  a utilización indistinta do termo rol – función e rol – profesión ... entre outras.

            En este escrito, tentarei acercarme a figura do rol de asesor; para elo tomarei referencias tanto na información recollida no debate da clase, como da lectura das obras/artigos de Rodríguez Romero, M.; Marcelo Gracía, C.;  López Yáñez, J.; Pardo Pérez, J. C. e García Tobío, A., que cito na bibliografía o final do escrito.

            Da mesma maneira que a labor de asesoramento apareceu solapada con outras prácticas, as persoas que desempeñan dita tarefa, a de asesor, tamén aprenden a exercela a partir de experiencias profesionais adquiridas en actividades como a ensinanza ou mesmo a orientación; e ditas experiencias influirán na súa maneira de exercer a labor de asesor. O meu parecer, os profesionais que realizan tarefas de asesoramento as escolas, deben de ir configurando o seu rol a medida que se van involucrando en experiencias de asesoramento dentro da escola.

             A denominación do asesor como rol varía en función das diferentes posicións teóricas nas que nos situemos. Dende unha perspectiva tradicional, enténdese que os roles son compoñentes fixos de estruturas sociais establecidas que determinan o comportamento da persoa; podémolo entender que é o que se espera dunha profesión. Polo contra, dende un punto de vista mais actual, o rol é considerado como algo flexible e dinámico que depende dos escenarios sociais nos que as persoas se interrelacionan co resto da comunidade. A postura mais actual, ten unha perspectiva fenomenolóxica, xa que, como xa dixen, considera que as estruturas sociais están configuradas por persoas que actúan (papel activo) e que o desempeño dese rol determinase mediante a interacción social no contexto no que estea inmerso. Tentarei de acercarme o rol de asesor, tomando de referencia a segunda perspectiva, a mais actual.

            Antes de tratar de cheo a figura do rol de asesor, paréceme conveniente, asentar as bases das cales procede esta figura.

            Como xa dixen, en entradas anteriores, co termo de asesoramento estou a referirme ós procesos de axuda á mellora da calidade da educación (Louis et al. 1985, ps. 184 e 186). A función xenérica do apoio estase configurando como un elemento para articular o cambio e a mellora do sistema educativo, entendéndose sempre no contexto mais amplo da innovación educativa e do desenvolvemento organizativo. Os servizos de apoio á escola deben contribuír, dende o seu ámbito específico de actuación, o desenvolvemento na escola deses  factores que contribúen a mellorar a calidade da ensinanza.

            O axente de apoio é unha figura relativamente nova no ámbito educativo, igual que o termo asesoramento, xa que naceron o mesmo tempo, e non se dispón aínda dun corpo de coñecementos suficientemente elaborado sobre a súa natureza e funcións (Escudero, 1990). Os axente de apoio deberán desempeñar recursos útiles ás escolas, proporcionando unha base orientativa para deseñar, desenvolver e avaliar sistemas de apoio que contribúan significativamente ó éxito  de intentos de mellora escolar (Louis el al., 1985; Loucks-Horsley e Crandall, 1986; Louis e Loucks – Horsley, 1989). O traballo e formación dentro do centro, a potenciación do traballo en equipo, o estímulo de investigacións... son aspectos que non se deben, nin poden, esquecer dende a labor de asesoramento, pois os asesores teñen responsabilidade en todo o proceso de cambio que se plantexe nos centros como núcleo da mellora da calidade da escola.

            O proceso de asesoramento ou apoio está directamente influenciado pola política educativa, polas características do sistema educativo no que esta inmerso, pola autonomía dos centros e polo grao de profesionalidade dos mestres e mestras. Como xa dixen anteriormente, a finalidade básica da labor de asesoramento é a de colaborar cos centros a contribuír a  mellora da calidade da ensinanza e dos procesos educativos que teñen lugar nela. A maneira de levar a cabo esa contribución para a mellora da calidade educativa vai ser diferente segundo o centro e o contexto no que estea inmerso, xa que as necesidades van ser distintas, de ahí que o asesor, o rol de asesor, se teña que adaptar a elas, tarefa que non se lle vai ser nada doado.

            Tanto a delimitación do rol coma das funcións dos axentes de apoio son temas complicados que, espertaron gran interese dende o momento da súa aparición. Neste escrito, centrareime en “delimitar”, explicar, na medida do posible, os diferentes roles que pode acadar o asesor, mentres que as funcións de este, tentarei delimitalas nas próximas entradas.

            Os sistemas de apoio distínguense en base á natureza da relación que se establece entre os suxeitos implicados e o tipo de significado, valores e actitudes que se constrúen e comparten da mesma. Este elemento heurístico permite  apreciar mellor que os roles de apoio son dinámicos e poden variar total ou parcialmente, en función das diversas condicións que contextualizan todo o proceso de asesoramento. Polo que os criterios para definir o rol do asesor varía segundo o autor e as tendencias de cada un deles. Cando se relacionan coa práctica de procesos de tranferencia e/ou mediación do coñecemento pode actuar como donante de solucións, mediador de información ou colaborador na identificación de problemas (Havelock, 1969). Se os papeis se identifican en función do criterio de directividade ou non directividade, a gama vai dende o papel  mais persuasivo, o axente comprometido, ata o menos implicado: o observador obxectivo. Loucks – Horsley e Crandall (1986) establecen dous modelos ou orientacións estratéxicas como fío condutor que preside a natureza interna e funcionamento do apoio: a estratexia de contido e as estratexias de proceso. Se se examinan os roles de asesor en relación co estatus que posúe, fálase de (Little, 1985):

- asesor como un igual que modela relacións profesionais productivas cando se lle pide

- asesor como un desenvolvemento do profesorado ou especialista do currículo, que ofrece  formación e asesoramento en tópicos específicos.

- asesor como un colega superior, cuxo demostrado coñecemento, destrezas e enerxía dalle dereito para iniciar o traballo como asesor.

            En xeral considerase que os roles do axente de apoio están abertos a combinacións e a interpretacións en función de certos criterios; como por exemplo: a natureza do contrato, as metas do proceso de asesoramento, as normas e patróns do sistema cliente y do propio axente de apoio, as limitacións e inclinacións do axente de apoio, a súa experiencia  profesional anterior, a ubicación do axente de apoio con respecto o sistema (interno, externo) e os acontecementos que rodean o proceso de asesoramento. (Lippit e Lippit 1986).

            A clasificación que me pareceu mais interesante foi a que nos ofrece  dúas grandes tipoloxías do apoio escolar: o modelo de contidos e o de procesos. Esta clasificación ofrece a posibilidade de caracterizar os roles nun contexto de maior alcance comprensivo; algúns autores propoñen considerar os roles do asesor situados nun continuo, cuxos polos estarían ocupados polos modelos de proceso e de contidos (Escudero e Moreno, 1992). Para os papeis (roles) utilízanse os nomes de xeralista para o modelo de procesos e o especialista par o modelo de contidos.

            Os dous roles, o de especialista e o de xeralista, parecen asociarse a ideas distintas do que é a competencia do asesor. Isto condiciona a maneira en que se utiliza o coñecemento do asesor e inflúe na responsabilidade dos asesorados.

            O axente de apoio no rol de especialista adoita describirse como un profesional que pon a énfase en ofrecer solucións particulares a problemas concretos en razón ao seu coñecemento e habilidade nun contido disciplinar, recurso didáctico ou programa curricular específico; por iso, tamén se define como experto de contidos. Regan e Winter (1982) descríbeno coma unha fonte de coñecemento, habilidades e experiencia que poden ser utilizadas por individuos, grupos e escolas que traballan sobre problemas curriculares e instrutivos. A labor do axente de apoio está orientada basicamente ó problema, a resolver ou a executar  a tarefa, polo que a súa relación cos clientes é puntual ou a corto prazo e está presidida por rasgos de imparcialidade, obxectividade e diferenciación profesional (Margulies e Raia 1972). En termos xerais, o rol de experto en procesos adoita localizarse en procesos de mellora comprehensivos ou globais e desenvolvidos localmente, e nun modelo – para conectar novo coñecemento con prácticas – de desenvolvemento escolar e/ou resolución de problemas (Louis el al., 1985; Escudero 1990).

            O axente de apoio no rol de xeralista adoita describirse como un profesional que pon a énfase en “axudar ó cliente a percibir, comprender e actuar sobre os acontecementos que teñen lugar no seu ambiente, en orden a mellorar a situación tal e como el a define” (Schein, 1988, p. 11). O rol xeralista non asume como exclusivo o seu diagnóstico e interpretación dos feitos e proporciona unha solución acabada e puntual ao problema do cliente, se non que se implica con este para que diagnostique a situación, identifique as súas propias necesidades, seleccione as solucións pertinentes para satisfacelas e as poña en práctica, e o que é mais importante: desenvolva as capacidades necesarias para facer fronte a futuros problemas de maneira autónoma (Lippit e Lippit, 1986). As relacións entre o asesor e o asesorado son de carácter persoal, comprometido e co – responsable (Margulies e Raia, 1972).  Trátase dun equipo de apoio que atende á escola, coa finalidade de integrar os fenómenos grupais e habilidades interpersoais; por iso o axente de apoio que desempeña o rol de xeralista debe ser un experto en procesos de cambio educativo, dinámicas grupais e organizativas, estratexias de diagnóstico, toma de decisións e solución de problemas, aprendizaxe adulto e desenvolvemento profesional cooperativo (Louis, 1981; Fullan, 1982; Kennedy, Sabar e Shafriri, 1985). Este rol ten unha influencia mais relevante para estimular aos profesores a lograr maior auto – recoñecemento e aprendizaxe activa a partir da súa experiencia e práctica situacional, para propiciar que as escolas aborden os seus problemas con amplitude e claridade e que seleccionen innovacións curriculares que implican cambio nos valores organizativos do centro. Este tipo de rol, promove cambios internos no contexto da escola.

            O rol de especialista parece ter unha maior influencia no perfeccionamento persoal dos ensinantes e na súa repercusión sobre os estudantes; mentres que, o rol de xeralista estimula ós centros educativos a ampliar o punto de vista co que se plantexan os problemas e as innovacións (Louis, 1981). Moitos autores como por exemplo Fullan (1982) e Louis et al. (1985), defenden que é necesaria a combinación de ambos para unha boa labor de asesoramento; aínda que moitas veces a combinación dos dous roles é complicado, pois as posicións entre ambos é diferente.

            Hoxe en día, a competencia do asesor non debe ser vista como unha relación xerárquica de rango superior que se exerce sobre o profesorado. O seu papel non debe ser o de experto que ten a clave e solución para todos os problemas que se plantexen nos centros (rol de especialista), xa que con ese posicionamento estaríase favorecendo unha situación de desigualdade e dependecia do profesorado con respecto o asesor que se alonxaría moito do obxectivo a conseguir, que é fomentar unha maior profesionalidade dos docentes. O asesor debe vincularse o coñecemento xerado a partir da práctica, para conseguir, na medida do posible a relación de “igual a igual” (rol de xeralista)

            Polo tanto, a función do asesor, do asesoramento, debe plantexar como unha colaboración ou interacción entre iguais, de forma que a persoa que exerce como asesora non teña por qué ser vista como mellor preparada que o asesorado, se non como persoas que realizan as súas aportacións ó grupo dende un punto de vista diferente, pero sempre intentado conseguir a máxima complementariamente na búsqueda de solucións nas necesidades plantexadas (rol de xeralista).

             Para rematar destaco unha cita de Rodríguez Romero (2006), “os asesores deben ir configurando o seu rol a medida que se ven involucrado en experiencias de asesoramento; por conseguinte, o rol configurase de modo emerxente e vai adquirindo nitidez ó distanciamento de outros roles, nun proceso de progresiva identidade”. Pois, paréceme moi interesante e acertada, xa que entende o rol de asesor como algo que se vai construíndo pouco a pouco el mesmo mediante a interacción co resto dos compañeiro (relación de igual a igual) e coas expectativas que mantén co profesorado e coa escola; sendo este contexto o que guíe a práctica do mesmo; o propio asesor irá “negociando” o seu propio rol na función docente en función das expectativas e esixencias que lle xere o sistema (contexto) e as súas propias. Persoalmente creo que debe ser unha profesión moi dinámica e polifacética, que se vai amoldando a realidade na que está inmersa, e iso, xunto co aprendizaxe diario que lle proporciona a situación, a auto – construción do coñecemento, son os piares fundamentais para poder levar a cabo o asesoramento no ámbito educativo.

BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA:

  • Marcelo, C. e López Yáñez, J.(coords.), Asesoramiento curricular y organizativo en educación, Ariel, Barcelona, 1997.
  • Rodríguez Romero, M.ª M., El asesoramiento en educación, Aljibe, Málaga, 1996
  • García Tobío, A. e Pardo, J.C. (1995). Informe sobre os Departamentos de Orientación. Documento non publicado.