Marea verde: O conflicto educativo balear

PRÁCTICA 2: Profesores e profesoras en conflito

Nesta segunda práctica da materia empregamos un artigo referido á coñecida como “Marea Verde” sobre a situación sufrida pola comunidade educativa nas Illas Baleares. Para iso, profundizamos e analizamos o ocorrido tentando buscar unha fundamentación dos feitos. Tamén ampliamos a información indagando por un lado en todo o transmitido polos medios de comunicación, así como accedendo ao documento do Decreto completo para así ter unha información máis verídica. Finalmente realizamos unha posta en común das nosas reflexións aportando a nosa perspectiva crítica do sucedido.

Na comunidade balear deuse unha situación de conflito na educación tras a aprobación do Decreto 15/2013, de 19 de abril, polo cal se regula o tratamento integrado das linguas (TIL) nos centros docentes non universitarios das Illas Baleares. Despois da súa aprobación, os centros educativos recibiron as pautas para aplicar esta normativa no novo curso académico, polo que os sindicatos STEI e UGT recurriron ós tribunais para amosar a súa oposición, de xeito que se paralizou a aplicación de modo temporal. Porén, ata o 6 de setembro non comezaron as protestas debido a que foi nesta data cando se estableceu a implantación do decreto para o curso académico 2013-2014. Pero, a pesar de que o curso se iniciou o 13 de setembro, por cuestións burocráticas tivéronse que retrasar as protestas ata o día 16.

Miles-personas-abarrotan-Palma-docentes_EDIIMA20130929_0277_4.jpg

 Cabe dicir, que este imposto decreto-lei estalla  nun contexto  educativo moi desfavorable, xa que é un  ámbito moi atacado na  actual lexislatura, posto que os  recortes en educación  incrementáronse nos últimos anos  producíndose unha notoria  redución de persoal docente na  comunidade balear, así como de  becas de comedor e de  transporte escolar.

 A todo isto, sumóuselle a polémica que este decreto  establecía polo  feito de minorizar o uso das linguas  cooficiais da illa, dando maior  presenza ao inglés e  menosprezando ao catalán. Isto implica que os  docentes  deben impartir materias en lingua inglesa sen ter a formación necesaria para facelo, o que supón un deterioro na calidade da ensinanza. Deste xeito, ocorrerá o mesmo que en Galicia cas seccións bilingües, nas cales os docentes entregaban aos alumnos os apuntes en inglés, e estes de forma memorística estudiaban os contidos para posteriormente reproducilos nun exame, pero con este método non se aprende unha lingua.

Outra opción sería traer profesores nativos para impartir as materias, pero neste caso encontaríamonos tamén cun problema, xa que ao mellor ditos profesores non teñen coñecementos específicos sobre a materia que lle vai tocar impartir. Este foi tamén un dos motivos da protesta, xa que se lle esixe ó profesorado unhas competencias que non dispoñen previamente, e tampouco lles facilita a formación necesaria para satisfacer esta nova normativa, xa que se implanta de xeito inmediato.

Outro motivo fundamental do xurdimento de dito conflito é a imposición dunha normativa que non deixa marxe de actuación nin de toma de decisións para o conxunto do profesorado, pais, nais e alumnado. Ante esta problemática, o profesorado uniu as súas forzas co resto de axentes implicados para parar un proxecto que deixaba entrever a ideoloxía do goberno actual, sen ter en conta aspectos pedagóxicos e a opinión da propia comunidade afectada, coa cal non se contou na elaboración do proxecto. Obsérvase aquí, unha das principais problemáticas da educación deste país, a falta da presenza da comunidade educativa nas decisións políticas da educación. Así, as decisións tomadas en torno a este ámbito, son sempre políticas en lugar de educativas, priorizando polo tanto os intereses propios do grupo que se atopa no poder e omitindo as opinións ou posturas dos que realmente viven e son coñecedores da realidade, neste caso o equipo docente.Pintando-IES-Porto-Cristo-Mallorca_EDIIMA20130927_0794_13.jpg

O anterior, reflicte que a actuación que fai o goberno é exclusivamente dende unha mirada técnica ou tecnocrática a partir da cal non se teñen en conta outras perspectivas coma podería ser a do profesorado, limitándose o que ten o poder a controlar a realidade e a executar as súas propostas sen consultar nin pedir opinión.

Neste senso, tamén valoramos oportuno, ter en conta que todos os axentes de negociación implicados, non son especialistas da temática que aquí nos compete: a educación, senón que se trata de persoas con outro tipo de titulación e polo tanto de intereses e inquendanzas moi dispares aos educativos, coma avogados, xuíces ou economistas o que nos fai cuestionarnos que sexan medidas previamente estudadas, necesarias e válidas.

Fronte a esta visión tecnocrática, existiría tamén unha mirada crítica ou sociocrítica, exercida pola comunidade educativa, da cal formarían parte os docentes, sindicatos e asociación de pais e nais, que defenden unha educación pública e de calidade para os alumnos, calidade que coa implantación do decreto estaría en perigo, polo que propoñen ao goberno o acercamento de posturas para modificar determinados puntos da nova normativa que dificultan a ensinanza nas aulas. Dende esta mirada, trataríase de analizar a realidade educativa que se está vivindo na Illa, de ver o que é mellor para os alumnos, para despois realizar cambios que realmente melloren a educación. E para que isto ocorra, é fundamental que o goberno teña en conta a opinión do profesorado, xa que son ditos profesionais os que están diariamente nas aulas, e polo tanto, os que coñecen as dificultades existentes e as posibles melloras que poderían desenvolverse nos centros educativos. E, finalmente, este simple feito por parte dos políticos de ter unha intención previa de diálogo para informar aos axentes implicados sobre o seu interese de aprobar o decreto sería o que se coñece como a perspectiva práctica ou interpretativa.

 

Para rematar queremos plasmar a nosa opinión ao respecto das actuacións que se levaron a cabo.

Por un lado, gustaríanos destacar que a pesar de que o obxectivo principal desta “Marea Verde” non se conseguiu, consideramos que o feito de que a comunidade educativa unira as súas forzas para loitar de maneira conxunta, implica unha transformación e debe servir de gran exemplo para a sociedade xa que foi a primeira vez que na Illa se deu ese consenso entre pais, nais e profesorado. Este movemento tan masivo, supón un cambio social, que nunha comunidade coma a nosa, na que temos lingua propia, debemos de ter moi presente xa que un tempo atrás atopámonos nunha situación similar e non existíu tal movilización.

docentes-dimision-Bauza-inicio-universitario_EDIIMA20130919_0511_13.jpg

Por outro lado, o decreto pretende que os alumnos das Illas Baleares teñan o mesmo dominio do inglés que das outras linguas oficiais da Illa, pero non reparan nos cambios que esta normativa supón para o profesorado. Deste xeito, o goberno limítase a impoñer unha norma que debe ser cumplida polos centros, pero non pon a disposición dos mesmos os recursos necesarios para formar ao profesorado nin ten en conta a opinión da comunidade educativa.

Reiteramos con isto, que nos parece aberrante que sempre que se adopten medidas que supoñan cambios tan trascendentais como estes, non se teña en conta a voz e o voto do profesorado que é quen vive a realidade e o día a día e é o que realmente coñece e sabe o funcionamento dos centros educativos e de como melloralos. O mesmo ocorre cos cambios lexislativos tamén moi característicos neste país, nos cales se modifica continuamente a organización e funcionamento dos centros educativos e son os profesores os que se atopan cun enfrontamento continuo tras ter que modificar e adaptarse á implantanción de novas medidas cando aínda non se conseguira regular as anteriores.

Ademais, a implantación deste Decreto supuxo a eliminación do anterior coñecido como “Decreto de mínimos” no que se establecía que o 50% das materias tiñan que ser impartidas en catalán. Polo tanto, cremos que o obxectivo deste Goberno non é coma di “conseguir que os alumnos acaden un gran dominio das tres linguas, introducindo a inglesa”, senón que esta idea atópase maquillada por uns ideais e uns pensamentos propios da súa ideoloxía e polo tanto é un ataque directo de cara á lingua propia da comunidade, xa que consideran ao castelán coma lingua máis importante e o que pretenden é reducir o catalán nas aulas.

Consideramos que antes de levar a cabo unha reforma deste calibre deben de facer unha análise da realidade na cal, como xa sinalamos anteriormente, se teña moi en conta a opinión dos docentes e de toda a comunidade educativa en xeral para así implantar cambios de cara á melloría e non, á decadencia coma está a ocorrer.

Finalmente, opinamos que este tipo de conflitos tanto no ámbito educativo coma no resto, a situación de recortes e medidas que se están a tomar no estado español en xeral, e nas comunidades en particular, son motivo para que a sociedade sexa analítica e consciente da realidade na que vive. Polo tanto, este feito esperamos que sirva polo menos para facer reflexionar da situación actual e de como se está traballando en prol da decadencia e empobrecemento da calidade da ensinanza pública en España. Xa que tras analizar este suceso, temos que mencionar que estas medidas adoptadas polo goberno balear, afectan de forma directa ao ensino público, e este é so un exemplo de entre moitos outros ocorridos en todo o estado.

Analizar este tipo de artigos non só nos supuxo achegarnos máis á realidade ocorrida, senón que suscitounos moito interese por profundizar e intentar responder moitas das cuestións que nos viñan á cabeza e non tiñamos resposta.

Tamén fíxonos valorar máis notoriamente que existe unha crecente necesidade de traballar conxuntamente na liña da defensa de todo o público. E máis concretamente, nós coma futuras pedagogas, debemos apoiar e traballar en paralelo con todos os profesionais da educación e así mediante a nosa labor, conseguir mellorar determinados aspectos do sistema educativo que na actualidade están en detrimento.

Para rematar, e dun xeito máis visual, compartimos estes vídeos a modo resumo da situación que acabamos de comentar.

 

 

Webgrafía 

http://www.lasexta.com/videos-online/noticias/sociedad/historico-apoyo-marea-verde-balear_2013092900038.html [Consultada o 14/10/2013]

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/05/actualidad/1378375887_640324.html [Consultada o 14/10/2013]

http://www.publico.es/472161/la-marea-verde-de-balears-contra-la-imposicion-educacion [Consultada o 14/10/2013]

[Consultada o 14/10/2013]

 [Consultada o 14/10/2013]

http://www.publico.es/474935/la-marea-verde-balear-amenaza-con-volver-a-la-huelga [Consultada o 14/10/2013]

http://www.eldiario.es/sociedad/marea-verde-reta-gobierno-Bauza_0_179882920.html [Consultada o 14/10/2013]

http://economia.elpais.com/economia/2013/09/19/agencias/1379605110_955583.html [Consultada o 14/10/2013]

http://www.elidealgallego.com/articulo/espana/miles-personas-abarrotan-palma-apoyo-huelga-docentes/20130929213946150576.html [Consultada o 14/10/2013]

http://www.caib.es/govern/archivo.do?id=1469329  [Consultada o 17/10/2013]

 [Consultada o 17/10/2013]

 

 

Bárbara Márquez Vilela

Nuria Pazos Hermida

Silvia Piñeiro Suárez

Silvia Puga Castro