• Blogs
  • Retos Stellae 2.0
  • Práctica 1 ( 2º parte) : Materias nas que se traballou a temática da formación do profesorado.

Práctica 1 ( 2º parte) : Materias nas que se traballou a temática da formación do profesorado.

Ao longo da nosa etapa universitaria traballamos en diferentes materias nas que se traballou dalgunha maneira a formación do profesorado. Estamos nunca carreira de ciencias da educación, na cal consideramos  a temática da formación docente como un dos principais piares da educación da nosa sociedade. Para iso cómpre sentarnos a analizar todas aquelas materias que ao longo dos tres anos universitarios trataron a temática en cuestión para poder a chegar a ter unha idea máis clara do que se pretende alcanzar con esta asignatura. 

En primeiro lugar, na materia de Educación e Sociedade en Galicia tratamos o tema da formación do profesorado no tocante as escolas de ferrado. Nalgunhos casos os profesores carecían da formación necesaria para poder practicar a ensinanza, baseando os seus coñecementos na experiencia e non nunha formación  estrictamente reglada. Os coñecementos principais que o alumnado adquiria neste tipo de escolas eran aqueles que lle facilitaban a realización e o desenvolvemento dun oficio. Este tipo de aprendizaxes facilitounos a comprensión do sistema educativo ao longo da historia, pois estudando os diferentes tipos de escolas, leis e a diferente concepción que se ten tido do profesorado podemos chegar a comprender o sistema educativo actual e polo tanto a formación que o profesorado ten.

En segundo lugar, podemos mencionar a materia de Didáctica. Neste ámbito tívose en conta a formación do profesorado en torno á calidade e as competencias básicas que debería para desenvolver os contidos de maneira axeitada. Outro punto a destacar é a importancia da comunicación como base fundamental da educación posto que é a forma que o ser humano ten para emitir, transmitir e recibir información. 

Na materia de Educación Especial pese a non tratar integramente a temática da formación do profesorado, si levamos a cabo traballos teóricos sobre diferentes discapacidades. Estes traballos realizados polo conxunto do alumnado permitiunos coñecer as diferenzas entre as distintas discapacidades, coñecendoas un pouquiño máis a fondo. Este feito provoca no profesorado unha formación diferente para cada caso, polo que é necesaria unha formación que permita ao profesorado adaptarse a cada caso concreto.

Outra materia a mencionar é a de Organización de Centros Educativos. Os contidos tratados axudaronnos a ser capaces  de comprender a complexidade organizativa da Institución Escolar e de analizar criticamente o papel dos distintos factores materiais, persoais e funcionais que interveñen na súa Organización, así como das súas posibles interrelacións cara á obtención dunha Escola máis efectiva.

En Educación Comparada  tivemos a oportunidade de comparar os sistemas educativos dos distintos paises o que nos permitiu valorar e comprender as diferenzas e semellanzas entre eles existentes. Un dos ambitos a comparar  é a formación do profesorado é dicir  coñecer os diferentes coñecementos e capacidades debe ter un profesor nos diferentes sistemas educativos. Por exemplo deste traballo chegamos a coñecer que o periodo de formación inicial do profesorado entre Italia e España  é diferente.No caso italiano o  grao de mestre dura tres anos, mentres que en España dura catro anos.

Outra materia a destacar é Avaliación de servizos e institucións educativas. Nesta materia que tivemos oportunidade de cursar no terceiro ano de carreirapuidemos desenvolver una serie de contidos, como son a calidade das organizacións educativas, ou o diagnóstico de necesidades nos servizos e institucións educativas e avaliación  de procesos e resultados educativos. Nisto ten moito que ver a formación do profesorado, xa que a calidade das institucións e dos programas a desempeñar, depende das capacidades ou competencias dos docentes  e da metodoloxía que estos empregen para para levar a cabo o seu labor.

Dentro da materia Tecnoloxía Educativa uns dos obxectivos básicos foi identificar e valorar as consecuencias educativas dos cambios no acceso, distribución e construción do coñecemento no contexto social, económico e político contemporáneo, para conseguir isto incidimos na formación do profesorado nos innovadores instrumentos que xorden coa evolución das novas tecnoloxías.

Persoalmente consideramos realmente importante este feito xa que os cambios na concepción do coñecemento e nos seus modos de acceso e construción están directamente implicados no ensino e deben ser os docentes aqueles que nos axuden a identificar e saber priorizar o tipo de información que nos resulte axeito, así como aprender a empregar este novos elementos de maneira responsable.