• Blogs
  • Berta Varela Garcia
  • “Los profesores de Baleares vuelven a clase tras 15 jornadas de huelga”. Xornal “El País”

“Los profesores de Baleares vuelven a clase tras 15 jornadas de huelga”. Xornal “El País”

A continuación presentarei unha tarefa obrigatoria encomendada pola profesora da materia “Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado”, seguindo as directrices marcadas na sesión de clase do día 10 de outubro.

 

1. Lectura do estracto do periódico: “Los profesores de Baleares vuelven a clase tras 15 jornadas de huelga”. Xornal “El País” (subida a arquivos)


2. Análise das cuestións planteadas e ampliación da noticia

Que ven sendo a Marea Verde que se desenvolveu profundamente semanas atrás nas illas Baleares?

            Pois ben, segundo a páxina web da Wikipedia, a Marea Verde é o “conjunto de protestas contra los recortes en la educación no universitaria que comenzaron a producirse en España, principalmente en la Comunidad de Madrid, al principio del curso escolar 2011/2012”.

            O nome ten a súa orixe nunha etiqueta creada na rede social do “Twitter” na que se facía referencia á cor das camisetas que vestían os participantes das protestas.

image

            No marco das reiteradas manifestacións a favor dunha educación pública e de calidade e aproximándonos máis ó caso das illas Baleares, debemos dicir que, o conflito neste contexto comeza o pasado 16 de setembro coincidindo co inicio das clases no ensino obrigatorio nas citadas illas. O motivo do conflito non foi a implantación nos colexios do Decreto 15/2013, de 19 de abril, “por el cual se regula el tratamiento integrado de las lenguas en los centros docentes no universitarios de las Illes Balears”, aínda que o semelle, ó sernos bombardeada multitude de información sobre o mesmo nos medios de comunicación, senón que isto foi o punto final sobre o que estalaron outras reivindicacións que viñeran xurdindo e realizándose pouco a pouco e dende tempo atrás no eido da educación. Así, considero conveniente especificar que, algunhas destas principais reclamacións eran en base a:

  • Os recortes salariais e de plantilla na educación
  • A reforma da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE)
  • As grandes ratios profesor-alumno
  • Baixas no profesorado que non eran cubertas de xeito inmediato nin remuneradas ó 100%
  • Rexeitamento de moitas das becas de transporte e comedor escolar
  • A Lei de Símbolos (ameaza con sancións por amosar bandeiras cataláns nos centros educativos)

            Debemos esclarecer que a folga se levou a cabo durante tres semanas, nas que o profesorado tivo apoio mediante unha caixa de resistencia que recaudou máis de 100.000 euros en aportacións individuais. Feito que considero de notable relevancia, xa que despréndese mediante esta acción o apoio enorme que posúe o profesorado na folga, sendo unha alternativa (económica e moral) eficaz para que o profesorado se reivindique e defenda os seus ideais, e canto máis, os seus dereitos.

            Cabe dicir tamén que, a folga está en estado de “suspensión” , debido “a la preocupación de padres y docentes por el hecho de que sus hijos (los alumnos) aún no hubieran empezado el curso” (Páxina web de Clase contra Clase, recollida na webgrafía), o que non significa que a folga se dese por finalizada. Isto é así que, realmente o Decreto do Tratamento Integrado de Linguas (TIL) non se está a levar a cabo na práctica ó non desenvolvelo os profesores nas súas sesións de clase, polo que habería que ter en conta este elemento moi importante, ó ser un Decreto teórico e non coa súa consecuente práctica, polo que realmente non posúe valor ningún.

            Para afondar no Decreto do TIL acudimos ó mesmo mediante o Boletín Oficial do Estado (BOE), así expónsenos como a súa finalidade é “conseguir que los alumnos de las Illes Balears adquieran el dominio de las dos lenguas oficiales y las competencias adecuadas en la lengua extranjera del proyecto educativo del centro. Preferentemente la primera lengua extranjera será la lengua inglesa”. Por conseguinte, e segundo a cita, o TIL constitúese como unha ferramenta de aprendizaxe, mellora e perfeccionamento do idioma inglés de acordo ás competencias que se establezan no Proxecto Educativo (PEC) de cada centro educativo en particular, polo que non se esixe un dominio perfecto da lingua estranxeira, aspecto polo cal, dende a miña óptica considero incoherente e insensato que, materias complicadas e difíciles de comprender xa na lingua materna como matemáticas, sexan impartidas nun idioma que nin tan sequera os alumnos deben dominar. Segundo o diario “El País, “el TIL proyecta que un tercio de las clases y de asignaturas no lingüísticas sea en cada uno de los idiomas, las dos oficiales (castellano y catalán) y la extranjera. Unos 3.000 profesores —un 25% del total de las plantillas, según la Consejería de Educación—, están capacitados para dar clases en inglés de todas las materias”.

image

            Ademais, que moitos profesores non estean capacitados para impartiren clase en inglés, é unha razón totalmente de peso para que o Decreto non se leve a cabo, polo menos de modo inmediato, co fin de que se de o tempo preciso ós profesores para formarse adecuadamente nesta lingua, e así se desenvolva nun futuro unha educación real e favorecedora das aprendizaxes, non aprendizaxes transmitidas dun modo erróneo lingüísticamente que, finalizarán por repercutir fatalmente no desenvolvemento da fala inglesa do alumnado. Por outra banda, mediante isto tamén se percibe a carencia dunha reflexión profunda por parte do Goberno ó implantar o devandito Decreto, xa que semella que non se tiveron en conta aspectos fundamentais como a formación dos profesores das illas Baleares antes de levalo a cabo.       

            É neste senso onde debemos facer fincapé en que todo parece indicar na inexistencia de negociación entre a Consellería de Educación, Cultura e Universidades e os sindicatos de educación ou Asembleas do Profesorado no momento da realización do citado Decreto e a súa aprobación e posta en práctica, xa que só se da a coñecer información “a posteriori” da elaboración do Decreto sobre negociacións co colectivo educativo, negociacións que se realizan unha vez xurdidas as problemáticas vinculadas ó TIL como observamos na seguinte cita do diario “El Mundo: “la consellera de Educación, Cultura y Universidades, Joana Maria Camps, ha señalado este martes en el Parlament que el Govern "no puede" proceder a cambiar el Decreto Ley 5/2013 del Tratamiento Integrado de Lenguas (TIL) "hasta que no acaben las negociaciones" que mantienen con la Asamblea de Docentes y los sindicatos de Educación de Baleares, con quienes esta misma tarde se reunirán de nuevo, a fin de intentar llegar a acuerdos que permitan desconvocar una huelga indefinida en el sector”. Polo tanto, observamos como unha vez máis non se prevée dende o Goberno ou as Consellerías competentes das problemáticas ou situacións desfavorables para a poboación que poidan sucederse, non téndose en conta dende un inicio a opinión do colectivo da educación, totalmente relevante para Decretos como o do TIL.

            Mediante o anterior, destacamos que dous dos principios do TIL que aparecen recollidos no artigo 4 do documento oficial publicado no BOE non se corresponden coa realidade das illas Baleares:

  • “Participación y colaboración de todos los agentes educativos en las decisiones que afecten al sistema educativo, con la finalidad de contribuir a la consecución de los objetivos, de acuerdo con lo que establece la normativa básica estatal y mediante los órganos de participación que prevé la normativa vigente.
  • Flexibilidad y adaptación del tratamiento de las lenguas a la realidad social de cada centro”.

            En relación a isto, indicar que, existe un programa do TIL que forma parte dunha das liñas prioritarias do Departamento de Educación do Goberno Vasco para o trienio 2007/2010, denominado La escuela del siglo XXI. Deste modo, os colexios que participaron do mesmo saíron beneficiados amplamente, levándose a diante con éxito, pero isto débese a que contan cos recursos precisos para levalo a cabo, por exemplo persoal formado e capacitado para impartir sesións de clase nunha lingua estranxeira ou unha boa colaboración entre todo o profesorado á hora de amosar as metodoloxías empregadas nas sesións de clase. Algúns destes colexios son: IES Agurain en Agurain, IES Gabriel Aresti localizado en Bilbao, IES Luis Briñas tamén ubicado en Bilbao, Artxandape Ikastola (Bilbao), Hijas de la Caridad Ikastetxea (Bilbao), Esclavas Ikastetxea (Bilbao), El Regato Ikastetxea (Baracaldo) ou IES Zalla (Zalla).

            Así, dende a miña opinión, estes colexios son exemplos de como a implantación do TIL é un aspecto enriquecedor no proceso de ensino-aprendizaxe, sempre e cando existan os recursos tanto humanos como materiais válidos e necesarios para poñelo en práctica, baixo parámetros totalmente educativos nos que se antepoña unha boa educación para o alumnado, polo tanto, estudando o programa a levar a cabo pormenorizadamente no eido da escola a través dos axentes da comunidade educativa, e non implantándoo desde o Goberno como unha medida máis a cumprir, ó igual que un trámite común que non precisa dun estudo verdadeiro das características de cada lugar en concreto.

 

3. Visión do profesorado

            O profesorado posúe unha posición en contra do Decreto do TIL, como amosan claramente por exemplo varios xornais como El País, El Mundo ou 20 minutos. Así, as razóns principais polas que mantén o seu posicionamento son:

image

  • "El TIL no se puede aplicar una vez empezado el curso”, "Cuando empezó la huelga muchos centros no tenían aprobado los proyectos lingüísticos nuevos y entendemos que nuestros proyectos lingüísticos son los anteriores a esta comedia", Diario “UH Noticias. Como se expón, o profesorado critica a inmediatez deste Decreto, non estando estes preparados para o mesmo.
  • Moitos dos profesores que deben impartir clase na lingua estranxeira carecen dun nivel axeitado da devandita lingua (“de los 15.000 profesores de las escuelas públicas y concertadas de Baleares, sólo 570 participarán en el TIL, ya que cuentan con el nivel B2 de inglés”, Diario “El Mundo).

Deste modo, a sociedade en xeral responde a este conflito de dúas maneiras totalmente opostas:

 

  1. Por unha banda, todos aqueles que apoian ó profesorado: a Confederació d’Associacions de Pares i Mares d’Alumnes de les Illes Balears (COAPA Balears) na que se integran a maioría das familias dos alumnos (subliñamos neste senso a caixa de resistencia citada no apartado anterior), o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) e organizacións revolucionaras como Clase contra Clase ou Agrupación Revolucionaria Non Pasarán, así como os propios sindicatos do profesorado como é lóxico. Todos estes colectivos reforzan un ideal clave: “los niños aprendan inglés "pero bien" y sin "experimentos" (“Diario de Mallorca”).

Coido relevante sustraer unha cita do PSOE: "Un Gobierno que empezó culpando al catalán del retraso educativo de Baleares, finalmente ha venido a decirnos que tratar el inglés como el castellano o el catalán es la solución a los problemas (educativos)" (Diario “Europa Press”), na que nos damos conta que nin tan sequera os partidos políticos que ostentan o poder no Goberno non están de acordo coas medidas que se desenvolven, medidas que ó parecer implantan sen ter en conta unha análise específica da situación ou realizaren negociacións co colectivo educativo ó que se dirixen as medidas.

  1. Por outra banda, aqueles que defenden o Decreto do TIL: o Goberno, a Consellería de Educación, Cultura e Universidade, o ministro de Educación, Cultura e Deporte (Xosé Ignacio Wert), a Confederación Católica de Asociacións de Pais de Alumnos (FAIB-Concapa) e o Instituto de Política Familiar de Baleares (IPFB). Resulta curioso que estean a favor do Decreto só aquelas persoas que realmente o impulsaron e o crearon, non tendo en conta ós sectores da poboación que se van ver beneficiados ou non da dita medida.

Considero importante destacar neste senso dúas citas atopadas:

  • La IPFB aconseja a los padres que "no se dejen llevar por la insumisión planteada por los docentes" ya que es "un grave quebrantamiento" del ordenamiento jurídico” (Diario “Intereconomía”). Dende a miña perspectiva, creo que o IPFB está desenvolvendo unha falta ós dereitos dos seres humanos, refírome ó dereito da liberdade de opinión e de expresión, xa que precisamente porque dispoñemos dese dereito temos a obriga de facernos respetar, e máis neste caso, no que aínda que os profesores esten realmente “quebrantando o ordenamento xurídico” están en todo o seu dereito, xa que precisamente o Decreto implantado compételle a eles directamente, e a estes non lles foi consultado en ningún intre se estaban en acordo ou non co mesmo. Vexo neste senso, unha inexistencia dunha democracia real, máis ben teórica.
  • La 'consellera' de Educación, Cultura y Universidades, Juana María Camps, ha remitido una carta a los profesores de Baleares en la que asegura que los plazos de aplicación de este decreto son "progresivos y realistas (...) intención de ayudar y colaborar en todo lo que sea necesario para la formación del profesorado (...) universalización del acceso a la formación en inglés, "abriendo sin límites" las escuelas oficiales de idiomas y fomentando los cursos especializados” (Diario “ABC”).

Dende a miña óptica, penso que as axudas que brinda a conselleira de Educación, Cultura e Universidades son excelentes, pero non están dentro dun marco temporal idóneo. Quero dicir con isto que, non me parece que o Decreto se desenvolva dun modo gradual cando o hai que implantar xa nos centros educativos e os profesores carecen dunha adecuada formación. O que habería é que ofrecer estas posibilidades ó profesorado uns meses antes da implantación do Decreto nas aulas, co fin de que os coñecementos que adquiran estean asentados e se transmitan ó alumnado dun xeito eficaz, e non ás presas como pretenden levar a cabo.

image

            A visión dos medios de comunicación considero que a hai que tomar dende outra perspectiva diferente, xa que segundo acudamos a un xornal ou outro unha mesma noticia apareceranos relatada de diferente modo ó depender da ideoloxía de cada diario. Feito polo cal,é un aspecto que hai que traballar de modo separado.

            Así, aínda que a maioría dos xornais nos amosan unha perspectiva a favor do profesorado, outros califican a estes de adoutrinadores, isto vémolo reflectido no seguinte extracto de noticia:

El profesor de catalán les ordenó que redactaran una opinión sobre estos dos polémicos temas para "saber cómo escribíamos", relata una estudiante de 4º. En el reverso de la página debían poner el nombre y apellidos del alumno, su dirección postal y contestar a la pregunta de con quién vivían en el domicilio familiar. El docente, que escribió las preguntas en la pizarra, solicitó también los nombres y apellidos de los padres, edades y sus números de teléfono, tanto móviles como fijos (...) indica la alumna, que teme que el centro pueda usar esta información para elaborar «listas negras de estudiantes que no piensen como ellos»” (Diario “El Mundo”).

            Se realmente existen profesores coma este, síntome avergoñada polo tipo de educación que estamos a desplegar, xa que formaremos a futuros adultos sen conciencia ou reflexión propia, deixándose levar sinxelamente polo que uns ou outros lle ditaminen, promovendo o temor a non ser aceptados por un colectivo ou outro. Deste modo, construírase unha sociedade de ignorantes, totalmente manipulada polos individuos que ostenten o poder.

 

4. Reconstrución da historia

            A mediados do mes de setembro do presente ano estala un conflito, principalmente  entre o profesorado e o Goberno das illas Baleares, sendo aparentemente o motivo a implantación do Decreto do Tratamento Integrado de Linguas (TIL) nos centros educativos.

            Porén, estudando polo miúdo as causas desta disputa, tomamos constancia de que o TIL foi o detonante final que traía aparelladas de atrás outras problemáticas como son o aumento da ratio profesor-alumno ou os recortes salariais e de plantilla na educación, entre outros.

            Isto conlevou a 15 días de folga por parte do profesorado. Así, o estado actual da folga é “en suspensión”, xa que o que pretende o profesorado é, ante todo, non perxudicar ó alumnado. Pero de igual modo, o Decreto segue sen levarse a cabo na práctica, xa que Asembleas e sindicatos de profesores procuran negociar e chegar a un acordo colectivo co Goberno balear sobre o caso do TIL.

            Sen máis, como veño comentando ó longo das liñas anteriores, o problema reside na pouca importancia que se lle brinda ó pobo (neste caso ó profesorado) dende o Goberno ou dende os axentes que posúen o poder , no sentido de non contar coas súas verbas en temas de política, sendo estes os principais protagonistas do acontecemento.

 

5. Aspectos comentados nas sesións de clase do día 16 e 17 de outubro

            Logo de acudir ás sesións de clase pasadas valoro de vital importancia desenvolver algúns dos elementos que se descubriron nas mesmas e no que non nos retemos a reflexionar.

            Un deles é o  Real Decreto-lei 14/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo. Pero, porque é relevante no conflito que ocorre nas illas Baleares?

            Este Decreto-lei ten como finalidade establecer novas propostas educativas que afectan a todos os niveis educativos, xustificándose en base a situación actual de crise económica. Porén, non cronstruamos unha idea negativa do Decreto, xa que segundo se expón, estas novas medidas “contribuirán decisivamente a mejorar de forma permanente la eficiencia del sistema educativo español” (BOE, Real Decreto-lei 14/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo).

            Neste senso, focalizaremos a nosa atención nas propostas dirixidas ó ámbito do ensino non universitario, Educación Infantil, Primaria  e a Secundaria Obrigatoria principalmente, que é neste intre (explicación do caso balear) o que nos compete explicar. Así, algunhas das medidas a levarse a cabo son:

  • Fijar con carácter mínimo el horario lectivo que deberá impartir el profesorado en los centros docentes públicos en garantía del cumplimiento de los objetivos, competencias básicas y contenidos de las distintas enseñanzas, concretados en los currículos”. Ante isto debemos dicir que, na práctica o profesorado desempeñará a súa labor en máis horas, feito que repercutirá directamente no seu estado de ánimo e motivación, e polo tanto na súa metodoloxía de impartir as sesións de clase, así a educación estará notablemente condicionada a este respecto segundo o meu modo de ollar.
  • Se posibilita un grado razonable de flexibilidad en el número de alumnos por aula”. Moito profesorado contará na aula con grupos amplos de alumnos, ós que lles será imposible atender adecuadamente se cada un posúe necesidades concretas ou dificultades para seguir co desenvolvemento normal das sesións de clase.
  • Se vincula el nombramiento de personal interino y sustituto a ausencias de duración superior a los diez días, por considerar que las ausencias cortas pueden y deben ser cubiertas con los recursos ordinarios del propio centro docente”. Dende o meu modo de ver, considero que na práctica estas ausencias non serán cubertas cos recursos ordinarios do propio centro docente, xa que a través da miña experiencia escolar, observei como cada profesor se encerra na súa labor docente (celularismo), non compartindo aspectos cos outros compañeiros docentes que coido serían importantes para as sesións de clase cos alumnos (compartir metodoloxías favorecedoras da aprendizaxe ós alumnos, técnicas de atención, etc). Así, nestes dez días no que non sexa cuberta a ausencia, os nenos non posuirán ningún profesor que os guíe na materia, e polo tanto, isto verase reflectido na súa educación futura.

image

            Os elementos tratados anteriormente son vitais dende o meu punto de vista, poñen en xogo a educación nos niveis básicos da educación, onde todos os nenos da poboación teñen acceso ó ser unha educación obrigatoria e pública. Deste modo, a finalidade que persegue o presente Decreto-lei non é real dende a miña opinión, como se vai mellorar a eficiencia do sistema educativo español se se poñen trabas serias á educación dos nenos? Habería que estudar propostas nas que conflúa o factor económico e o educativo, e que non prevaleza un dos dous, como sucede neste caso ó que se lle dá máis valor ó factor económico.

            Resulta lóxico que, neste marco de inxustiza, por así dicilo, esa falta de consciencia real por parte do Goberno á hora de elaborar novos Decretos e o non consenso entre este e os axentes educativos ós que vai afectar a proposta que ocorran casos como o das illas Baleares, nos que pouco a pouco os ánimos do profesorado se van mermando ó recibir golpe a golpe por parte do Goberno medidas totalmente incoherentes cunha educación de calidade e verdadeira.

            Outro aspecto que chamou a miña atención en todo aquilo que desplegamos nas sesións de clase pasadas na materia “Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado” foi o tema dos centros educativos privados, levan estes a cabo o Decreto do TIL?

            Segundo o Decreto do TIL, “Los centros privados, sostenidos o no con fondos públicos, pueden aprobar este proyecto de tratamiento integrado de lenguas de acuerdo con los procedimientos y las competencias orgánicas que la normativa vigente establezca para estos centros”, feito polo cal os colexios privados non están obrigados a desenvolver o devandito decreto. Do mesmo modo, mediante diversos comentarios atopados pola rede, constatamos como os centros privados implantan o TIL, pero non imparten o inglés en materias troncais como matemáticas, tal como se obriga nos centros públicos, senón que o levan a cabo en asignaturas como plástica, nas que realmente non fai falla unha comprensión profunda dos aspectos que se traballan na materia, a diferencia da materia de matemáticas, por exemplo.

            Para finalizar, considero que traballei todos aqueles elementos que me foron xurdindo mediante a miña indagación persoal sobre o conflito balear e aqueles outros que se foron evidenciando nas sesións de clase (a través do presente apartado). Sen dúbida, foi este un exemplo de práctica educativa que nos achega á realidade na que estamos inmersos e nos fai reflexionar acerca da mesma.

 

 

WEBGRAFÍA:


http://es.wikipedia.org/wiki/Marea_Verde [Páxina web da Wikipedia, consultada o día 11/10/2013]

http://incaavui.com/2013/10/02/10-mentiras-sobre-la-huelga-de-maestros-y-algunas-verdades-sobre-el-til/ (Consultada o día 17/10/2013)

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/08/09/actualidad/1376072716_165816.html [páxina web de El País, consultada o día 13/10/2013]

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/06/actualidad/1378458843_834865.html [páxina web de El País, consultada o día 13/10/2013]

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/23/actualidad/1379964896_017208.html [páxina web de El País, consultada o día 13/10/2013]

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/29/actualidad/1380473980_619444.html [Páxina web de El País, consultada o día 13/10/2013]

http://tratamientointegrado.wordpress.com/ (Consultada o día 11/10/2013)

http://ultimahora.es/menorca/noticia/noticias/baleares/camps-asegura-til-afectara-000-alumnos-este-curso.html [Páxina web de UH Noticia, consultada o día 11/10/2013]
http://www.20minutos.es/noticia/1941695/0/#xtor=AD-15&xts=467263 [Páxina web de 20 minutos, consultada o día 11/10/2013]

http://www.abc.es/local-baleares/20130929/abci-marea-verde-palm-201309292045.html [Páxina web do ABC, consultada o día 15/10/2013]

http://www.boe.es/boe/dias/2012/04/21/pdfs/BOE-A-2012-5337.pdf [BOE, Real Decreto-ley 14/2012, de 20 de abril, de medidas urgentes de racionalización del gasto público en el ámbito educativo, consultada o día 17/10/2013]

http://www.caib.es/eboibfront/es/2013/8117/514453/decreto-15-2013-de-19-de-abril-por-el-cual-se-regu [BOE, Decreto 15/2013, de 19 de abril, por el cual se regula el tratamiento integrado de las lenguas en los centros docentes no universitarios de las Illes Balears, consultado o día 13/10/2013]

http://www.clasecontraclase.org/La-lucha-de-los-docentes-en-Baleares [Páxina web de Clase contra Clase, consultada o día 13/10/2013]

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/10/08/baleares/1381220881.html [Páxina web de El Mundo, consultada o día 13/10/2013]

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/10/15/baleares/1381830423.html [Páxina web de El Mundo, consultada o día 13/10/2013]

http://www.elperiodico.com/es/noticias/sociedad/unos-2000-profesores-protestan-contra-trilinguismo-baleares-2673009 [Páxina web de El Periódico, consultada o día 15/10/2013]

http://www.intereconomia.com/noticias-gaceta/politica/conflicto-por-trilingueismo-escuelas-baleares-sigue-vivo-20131007  [Páxina web de Intereconomía, consultada o día 11/10/2013]

http://www.publico.es/473068/los-profesores-de-balears-dicen-que-haran-todo-lo-posible-para-que-no-se-implante-el-trilinguismo?utm_source=feedburner&utm_medium=feed&utm_campaign=Feed:%20publico/portada%20(P%FAblico.es%20-%20Noticias%20Portada) (Consultada o día 15/10/2013)

https://sites.google.com/a/erain.es/depeng/departamento/til (Consultada o día 11/10/2013)