Práctica 2: Profesores en conflicto.

A presente actividade supón un análise máis detallado sobre o conflicto educativo que se está a desenvolver nas Islas Baleares por mor do decreto TIC (Tratamento Integral de Linguas).

Para poder realizar esta análise teremos que analizar ámbitos que se extenden dende a propia historia do conflicto ata as diferentes perspectivas do persoal implicado na manifestación. Non obstante, para comprender máis en profundidade o conflicto cómpre coñecer en que consiste o movemento da marea verde. 

Qué é a Marea Verde? E en qué consiste?

A Marea Verde é o nome co que os medios de comunicación definiron o movemento do profesorado, iniciado na comunidade de Madrid e expandido posteriormente polo resto de comunidades autónomas. Despois de ser definido así pola prensa, o propio movemento asumiu o nome como propio.

Este movemento educativo pretende defender a educación pública e de calidade para todos os cidadáns, opoñéndose ao anteproxecto de lei orgánica proposto polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para “mellorar” a calidade educativa e a diversas medidas realizadas polo Goberno en canto o ámbito educativo (aumento da ratio nas escolas infantís, redución dos centros de formación do profesorado, depreciación práctica dos títulos das Escolas Oficiais de Idiomas, recorte do número de inspectores, grave descenso da Oferta Pública de Emprego Docente, recortes salariais, entre outras cousas). Debemos destacar que naquelas comunidades con lingua propia, como é o caso da Balear, tamén existe unha forte oposición cara o tema do trilingüismo, xa que o movemento considera este aspecto da reforma como un método de afundimento das linguas propias.

En contraposición o movemento educativo propón unha serie de medidas que é urxente tomar para mellorar eficazmente a calidade da educación no noso contexto como son: reducir a taxa de abandono educativo temperá e mellorar a taxa de poboación que chega a Educación Secundaria Obrigatoria; fomentar o emprego no sector educativo; mellorar o nivel de coñecementos en materias preferentes; incrementar a autonomía dos centros educativos; promover o uso das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación; acrecentar a aprendizaxe das linguas estranxeiras.

Dito movemento estivo, e continúa estando, presente en todo o Estado, mais foi nas Illas Baleares onde se levaron a cabo dez xornadas de folga a pesar das represalias que levadas pola Consellería.

Educación pública para todos. Marea verde.

 

Historia do caso Balear:

A aprobación do decreto de Tratamento Integral de Linguas, 15/2013, por parte do Partido Popular, tan só foi o feito último que provocou que o profesorado, pais e os propios alumnos saíran a rúa a manifestar os seus dereitos. Este decreto foi aprobado o 19 de abril máis os graves problemas de educación nas illas xa se viñan arrastrando dende fai aproximadamente dous anos. O aumento de ratios por profesor, a falta de sustitucións en baixas inferiores a un mes, os recortes en becas de transporte escolar e comedor ou a eliminación de programas de atención aos máis necesitados, eran feitos que estaban no punto de mira de diversos profesionais da educación.

Mediante este decreto, o goberno pretende regular o tratamento integrado das linguas nos centros non universitarios de maneira que se pretende crear un equilibrio nas aulas entre as duas linguas oficiais e a lingua extranxeira ( trilingüismo). Este feito provoca que o catalán deixa de ser a lingua vehicular do sistema educativo balear.

Fronte a esta realidade, o 16 de setembro milleiros de profesores comezaron unhas xornadas de folga para lograr melloras educativas e laborais posto que a aprobación do decreto levouse a cabo sen unha consulta previa coa comunidade educativa, e a súa rápida imposición non permitiu un tempo de adaptación e unha formación previa e necesaria por parte do profesorado.

O obxectivo que perseguen a comunidade educativa que se manten en folga non é outro que garantir que no caso de darse clases en inglés se fagan atendendo aos criterios pedagóxicos básicos.

A folga foi seguida pola Asamblea de docentes, polo Sindicato de Traballadores de Educación das illas Baleares (STEI), a Plataforma Crida, CC. OO, UXT e pola Asociación de nais e pais das illas (APIMAS). A todos eles uniaos a idea de que os centros educativos non contan cos medios necesarios para por en marcha de forma exitosa o novo sistema.

Impulsados polos acontecementos que estaban a acontecer, todas estas organizacións reunirónse diante do Tribunal Superior de Xustiza das illas manifestando profesores cunha maior formación en inglés, así como unha implementación progresiva do novo tratado.

Como dato representativo, cómpre dicir que é un decreto que afectou principalmente aos centros públicos e concertados.

Unha vez coñecida a historia máis detalladamente cómpre indagar sobre a opinión dos profesionais implicados e afectados polo Decreto. 

Neste sentido, as palabras dun profesor de secundaria foron as seguintes:

“ Temos as aulas masificadas, nestos últimos anos deixaronse de contratar cerca de 1000 profesores, elimináronse programas de integración nos centros, programas de atención aos máis necesitados. Non se cobren baixas dos profesores se son inferiores a un mes. Non se paga aos interinos nos meses de xullo e agosto, elimináronse becas, axudas de comedor e transporte. Contra todo isto,a solución planteada polo goberno foi que os alumnos de infantil, primaria e secundaria teñan máis asignaturas en inglés. Non teño nada máis que añadir”

Jordi M.

Os profesores consideran o feito de que se implante o Decreto, sen ter en conta as súas opinións, unha maneira de actuar incorrecta, posto que estes consideran que non é oportuno levalo a cabo.

Os pais ao igual que os profesores revélanse contra este novo Decreto e considerano non aplicable, debido a que o nivel dos docentes na lingua inglesa polo xeral non é bo. A parte disto, hai moitos nenos con dificultades na gran maioría das materiasas polo que estas explicadas en ingles serían menos entendidas por estes estudiantes, o que probocaría un maior retraso académico.

Aquí mostramos un video de unha das manifestacións donde pais e docentes loitaron para que o Decreto non siga adiante. Algún profesor manifestou a sú opinión a cerca do asunto:

 

Un estudio realizado por Docents pel Sentit Comú ( grupo de profesores que naceu a finais do curso pasado para dar visión dos problemas de educación) no cal participaron un total de 476 profesores, informa  que o 96 % dos profesores manifesta que “o TIL dificultará a calidade da ensinanza recibida polos alumnos da ESO”. Por Outra banda o 91 % opina que “ provocará unha reducción importante dos coñecementos adquiridos polos alumnos nalgunhas materias non lingüísticas á vez que non lles garantizará un dominio pleno da lingua inglesa”

A continuación mostramos unha gráfica que resume as variables coas que se realizou dito estudo:

Conclusións dun estudo realizado por unha asociación de profesores.

 

Xa para rematar, podemos dicir que todo o dito anteriormente mostra unha clara imaxe da situación que se está a vivir nas illas Baleares. Cómpre dicir que a estas alturas a folga xeral está suspendida mais non anulada. As clases impartense e os inspectores de educación están en permanente contacto cos distintos centros educativos para que o trilingüismo sexa unha realidade. Como dixo o presidente balear  haberá man dura contra todo aquel que non cumpra a lei, en propias palabras " As normas están para cumprirse".

 

Webgrafía:

http://www.abogados365.com/articulos/la-comunidad-educativa-balear-unida-en-contra-del-til.html recuperado o día 17 de outubro de 2013.

http://www.diariodemallorca.es/mallorca/2013/09/06/govern-anuncia-decreto-ley-til/872858.html%20rec recuperado o día 17 de outubro de 2013.

http://www.elperiodico.com/es/noticias/sociedad/baleares-aprueba-trilinguismo-escuela-pese-las-protestas-2687453 recuperado o día 17 de outubro de 2013.

http://www.diariodemallorca.es/mallorca/2013/09/19/95-docentes-considera-negativo-til/875868.html recuperado o día 18 de outubro de 2013.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/29/actualidad/1380473980_619444.html  recuperado o día 19 de outubro de 2013.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/08/09/actualidad/1376072716_165816.html recuperado o día  19 de outubro de 2013

http://mareaverdemadrid.blogspot.com.es/2012/08/reflexiones-sobre-la-marea-verde-debate.html recuperado o día 19 de outubro de 2013.