Profesorado finés fronte o profesorado español, que sucede?

Ó longo desta entrada voume dispoñer a amosar mediante vídeos principalmente, o que sucede coa educación en Finlandia e a educación en España. Como todos sabemos a educación finlandesa está moi ben vista, xa no lo revelan diversos estudos ou informes, como o Programa Internacional para a Avaliación de Estudantes (PISA). Pero porque existe esta calidade de educación en Finlandia? Débese ó sistema educativo que posúen? Ás infraestruturas e espazos? Ós valores da sociedade finesa? Á formación do profesorado?

            Sabemos que todos este elementos inflúen notablemente no desenvolvemento dunha boa educación, e no caso de Finlandia, os recursos que posúe son dos mellores. Porén, nesta entrada imos poñer o noso foco de atención no profesorado, que é no que realmente nos interesa profundizar nesta materia de “Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado”. Que sucede co profesorado finés? É especial fronte ó español?

            A través do vídeo déixasenos constancia da inexistencia do fracaso escolar en Finlandia, fronte ó 30% do alumnado español que fracasa. Vánsenos expoñendo factores que contribúen a esta inexistencia como:

  • A gratuidade dos colexios tanto públicos como privados, co cal neste senso toda a poboación pode acceder á educación
  • Atención as necesidades de cada neno ó existiren aulas para nenos con dificultades nunha aula corrente
  • Existencia de psicólogos e traballadores sociais en cada centro co propósito de detectar as posibles problemáticas na comunidade escolar e erradicalas
  • Organización dunha reunión anual con cada neno para examinar cada caso en concreto
  • Realización de enquisas a todo o alumnado para coñecer como se senten, como está a ser o seu ambiente na escola, etc…
  • Servizos gratuítos: transporte, comedor e materiais escolares
  • Combinación de materias de formación básica (matemáticas, lingua) con outras específicas dunha formación (cociña, bricolaxe)
  • Tempos organizados en base ós alumnos (45 minutos de sesión de clase e 15 de recreo) para fomentar unha real aprendizaxe e incentivar a súa motivación

            Como se nos desenvolveu mediante o vídeo, son moitos os elementos que inflúen nunha boa e verdadeira educación. Pero qué lugar ocupa o profesorado na mesma?

            No vídeo fálasenos de rediseñar a profesión docente en Finlandia, ollar ós profesores como traballadores do coñecemento, que innoven a diario nas súas aulas coa finalidade de que os alumnos adquiran uns coñecementos reais e constrúan os seus propios coñecementos.

            O ensino non debe ser punitivo, a aprendizaxe debe realizarse en base ó pensamento propio de cada neno, non en base á repetición de aspectos, débese entender as razóns do porque se suceden uns feitos e non outros, darlle énfase ás habilidades reflexivas e colaborativas. En definitiva, facer uso do coñecemento.

            Por outra banda, outra cuestión que considero relevante é amosar a importancia das habilidades sensoriais, importancia que en España, segundo a miña experiencia como alumna non se lle presta. Os alumnos, como nos expón un profesor no vídeo, “se concentren, soñen, falen, comprendan, razoen”, o gran valor que se lles da ós soños, á imaxinación, á creatividade, todos eles compoñentes que tamén forman parte da intelixencia, a denominada intelixencia emocional, tal como nos era definida nunha sesión de clase da materia de “Pedagoxía Penitenciaria”: “a intelixencia é a capacidade de resolver ecuacións diferenciais, pero ante todo é a actitude para organizar os comportamentos, descubrir os valores, inventar proxectos, ser capaz de liberarse do determinismo da situación, plantexarse e resolver problemas no variopinto mundo da vida” (J.A.Marina) ou tal como analizábamos no visionado da película “TAARE ZAMEEN PAR: every child is special” na materia “Dificultades de aprendizaxe escolar”, na que se nos amosa a irrelevancia das problemáticas que posúe un neno, e o interese que posúe dar a coñecer as potencialidades de cadaquén como persoa, que moitas veces nas nosas realidades, por non ser como son ou como se desenvolve a maioría dos suxeitos, escondémonos e agochámonos por sermos diferentes, non caendo na conta das nosas cualidades reais.

            Os profesores desempeñan unha labor difícil, deben desplegar, descubrir esas potencialidades, traballar con elas, traballar con cada neno, comprender, nun senso estrito, deben conxugar habilidades académicas (tal como fan na súa maioría os profesores españois) e habilidades sensoriais (non esquecerse delas como acontece no caso español, dando lugar a problemas como o fracaso escolar ó non atender ás dificultades que se presentan día a día cos alumnos).

            Dende o meu punto de vista, isto é do que carece o sistema educativo español, non avanzamos, non tratamos de mudar as prácticas docentes que posuímos, seguimos mergullados en labores do pasado, pero porqué? Finlandia posúe unha excelente educación, e aínda así procura fórmulas para mellorala e optimizala, porque nós non?

            Parto, dende a miña óptica de 2 hipóteses de traballo claves: por unha banda, a vocación que posúen os profesores, e pola outra, a formación que reciben no momento da súa preparación como futuros profesores.

1. A VOCACIÓN DO PROFESORADO

            A páxina web da Wikipedia define o termo de vocación profesional como “deseo de emprender una carrera, profesión o cualquier otra actividad cuando todavía no se han adquirido todas las actitudes o conocimientos necesarios”. Esa predisposición que posúe cadaquén de cara a algunha cuestión que lle interesa ou entusiasma. Dende o meu modo de ver, todas as persoas posuímos vocación por algún feito ou aspecto na nosa vida, pero para desenvolver a profesión docente fai falla posuír vocación?

image

            A vocación motívamos, impúlsanos a explorar aquilo no que estamos interesados. Un docente con vocación procura levar a cabo métodos innovadores cada día cos seus alumnos, entregar o máximo de si mesmo en cada sesión, realizar unha autocrítica e corrixir os erros que comete, é dicir, sentirse autorrealizado, satisfeito e orgulloso da súa labor. Desgraciadamente non se observa isto coa maioría dos profesores españois, pero isto, como ben expoñía, explicítoo dende a miña experiencia como alumna.

            Situándome na perspectiva da psicoanálise clásica (psicoloxía profunda), válome da doutora Marie Langer (1965) para amosar que a vocación conxúgase a través de tres factores principais:

  • O innato, como a capacidade innata e hereditaria dun individuo
  • A posibilidade social
  • A historia infantil do propio suxeito

            Así, para exemplificar isto expoño o seguinte: “en el trabajo de Freud sobre Leonardo Da Vinci, habla de un problema conflictual en la constelación familiar de Leonardo, quien fue un gran pintor porque tenía una gran capacidad para pintar y además la sociedad le permitió hacerlo, pero lo que pintaba y el cómo lo hacía, dependía de su propia historia infantil y de la necesidad de repetirla” (Langer, M., 1965).

            Deste modo, un docente, pode nacer con esa capacidade innata da vocación, medrando esta mediante a posibilidade social e a súa historia infantil. Pero, que sucede con aqueles docentes que non posúen esa capacidade innata? Son malos docentes? Considero que, como calquera aspecto da vida, todo é educable. Existirían moitas persoas que desenvolverían incorrectamente as súas ocupacións ou profesións ó non teren innata a vocación de cara a elas, pero ocorre realmente? Dende a miña opinión e experiencia, a resposta á cuestión é negativa, no senso de que, a cantas persoas coñecemos que os pais lle obrigaron a desempeñar unha profesión ou ocupación que eles detestaban e hoxe en día gozan da mesma? Isto débese a que a vocación pode xurdirtravés del contacto con profesores excelentes, compartiendo proyectos y buenas prácticas educativas con docentes veteranos, realizando una reflexión guiada sobre la propia práctica en las aulas y, cómo no, con el contacto íntimo y personal con los textos de los grandes pedagogos a través de su lectura en profundidad” (rescatado dun comentario desenvolto no Blog “La mirada pedagógica”).

            En definitiva, coñecer de primeira man a profesión, guiada a partires de persoas ou textos que desenvolvan boas prácticas educativas e pedagóxicas, co fin de que se realice unha reflexión en profundidade do que supón educar, da súa importancia. Ese entusiasmo e interese por calquera aspecto da vida pode xurdir da man dunha boa educación.

            Quizais na nosa realidade educativa española falten (na maioría dos casos) eses profesionais docentes competentes que desenvolvan unhas reais prácticas educativas, e polo tanto profesor tras profesor se transmitan prácticas encamiñadas a unha errada educación. Outro factor é o celularismo existente entre o profesorado dos centros educativos que fai que non se compartan e se potencien uns ideais sans e beneficiosos para a educación. Feitos estes que fan que non se consolide unha vocación docente.

2. A FORMACIÓN DO PROFESORADO

            A formación do profesorado finés é moi diferente da do español. Así, atopamos nun primeiro intre, expresado mediante o vídeo, como as notas de corte de Maxisterio en Finlandia son similares ás que posuímos en España para acceder ó grao de Medicina. Deste modo, ponse sobre a mesa o gran valor que se lle dedica á educación no país finés, e polo tanto ó profesorado e a súa estima, non sucedendo o mesmo no noso país.

            De igual modo, e segundo os presupostos da Pedagoxía, é máis lóxico que os profesores maior preparados estean nos niveis educativos máis inferiores (refírome a Educación Infantil (EI) e Educación Primaria (EP), xa que “es donde se aprenden los fundamentos de todos los posteriores aprendizajes: lenguaje, estructura mental, hábitos, etc.” (Linnäkylä,1997). Porén, caso contrario sucede en España, no que ademais a consideración dos mestres destas etapas educativas é inferior á das etapas educativas superiores (Bacharel ou a Universidade), isto expoñíase claramente nunha viñeta da sesión de clase pasada na materia de “Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado”.

            Somerxéndonos máis na formación nun senso estrito do profesorado, coido relevante expoñer as diferenzas existentes entre os países sinalados no que respecta á formación para a Educación Primaria, dada a súa importancia pedagóxica, tal como comentabamos anteriormente:  

  • Finlandia vs España

            Na formación do profesorado finés para a a etapa educativa de Educación Primaria, este debe pasar por 3 fases principais, manifestadas no seguinte esquema (Melgarejo, J., 2006: 252):

image

Como observamos, o profesorado pasa por unha fase de selección nacional, na que se escolle ó profesor mellor cualificado segundo as notas medias obtidas en Bacharel e na reválida, así como mediante a “sensibilidad social” que posúa o suxeito, valorándoa en base a participación ou non en iniciativas sociais, de voluntariado, etc.

            Outra fase sería a selección en cada facultade de educación, na que se desenvolverían seis aspectos principais a traballar cos suxeitos a elixir: “una entrevista, un resumen de una lectura de un libro, una explicación ante una pequeña clase de un tema, demostrar aptitudes artísticas (dibujar o pruebas de dominio de un instrumento musical), una prueba de matemáticas y otra de aptitudes para la tecnología de la información” (Melgarejo, J., 2006: 252).

            É aquí onde destaco, a importancia que lle prestan os fineses non só ás habilidades académicas (posuír boas notas medias), senón tamén, como comentabamos no apartado anterior, ás habilidades sensoriais (debuxar, tocar un instrumento musical).

“Estas dos fases, anteriormente señaladas, no se realizan en España ni en ningún otro país del mundo. Así pues, ésta es una variable esencial diferencial del sistema educativo finlandés” (Melgarejo, J., 2006: 253).

            Finalmente, a derradeira fase diríxese á selección do profesorado propiamente, levada a cabo polos profesores do departamento de formación docente e das prácticas da escola. Deste xeito, selecciónase os profesores mellor preparados no sentido de que os que os elixen son de por si os máis aptos.

            Como se constata na realidade nosa, a formación do profesorado español para a EP é moi distinta. Neste sentido non se pasa por ningunha fase para a selección do profesorado, pasada a proba da selectividade accedemos ó grao de Maxisterio cunha nota de corte baixa en relación a outros estudos superiores. A continuación realizaríamos as oposicións, nas que "el Estado criba a los que él considera «mejores»”.

            É aquí onde subliñamos dous aspectos ó meu modo de ollar fundamentais: por unha banda, a escasa selección que se realiza do profesorado en España, sendo esta unha profesión determinante na vida de moitas persoas, xa que nestas etapas educativas os nenos comezan a construír os seus primeiros hábitos, costumes, referencias, etc. Desta forma, en España, polo noso sistema de selección do profesorado, calquera pode chegar a selo, de ahí a súa consideración de “fácil” profesión no noso contexto. Por outra banda, é o Estado quen escolle os mellores profesores para desempeñar a súa labor na realidade educativa, pero, baixo que parámetros? Baixo parámetros educativos? En Finlandia, claramente se selecciona a profesores realmente formados, xa que o “xurado” que os elixe está preparado nos mesmos coñecementos, sabe de que se trata a profesión docente porque a vive como unha práctica diaria; no caso español, non penso que o Estado viva na súa realidade do día a día o que supón ser profesor, e polo tanto falla nunha escolla coherente coa realidade educativa actual.

            A metodoloxía de traballo que impera nas facultades de educación en Finlandia é basicamente a través de aprendizaxes activas e o fomento da auto-avaliación (portafolios, por exemplo). No que se refire ó período de prácticas, estas realízanse en centros de excelencia, tendo a súa titularidade a propia facultade de educación. Indicar que, os profesores das escolas son coidadosamente elixidos pola universidade, e os estudantes en prácticas dispoñen dunha ratio profesor-alumno inferior a outras escolas do país para que poidan estudar polo miúdo a realidade escolar. Neste senso, os futuros mestres da Educación Primaria deberán realizar unha tesina obrigatoria, xa que teñen que dar a coñecer a súa capacidade investigadora para poder tomar constancia da realidade do seu día a día no colexio ou das necesidades dos alumnos, por exemplo.

            Caso contrario sucede en España, no que a metodoloxía a pesares de basearse nunha aprendizaxe activa como no caso finés, apenas existe un fomento da auto-avaliación, predominando as clases maxistrais fronte as interactivas e participativas. En relación ás escolas de prácticas, estas son de titularidade pública ou privada,a diferenza de Finlandia como expoñiamos. Ademais, os profesores de prácticas non superan ningún tipo de selección previa, e a ratio profesor-alumno é a mesma que en outras escolas españolas.

            Propoño este vídeo para cerrar xa coa entrada. Nel podemos verificar algúns aspectos que viñemos comentando ata este intre. Desta maneira esclarécese como mentres que no país finés o Goberno axuda ó estudo os estudantes de educación, ou lles paga mesmo unha vivenda co fin de incentivalos no estudo, en España a situación é totalmente distinta.

            Así, tal como explicamos no epígrafe da formación do profesorado en EP, en Finlandia pásanse multitude de filtros para desempeñar a profesión docente, feito polo cal require unha gran carga de esforzo por parte dos estudantes que, realmente terminan os seus estudos moi ben preparados; en España, como nos indica a mestra no vídeo, atópanse en Maxisterio “ todos los que no podían haber llegado a otras carreras”.

            Sen máis, considero que deberíamos valorar toda a información contida nesta entrada, a realidade da profesión docente en España, o desexable que sería trocala pola finesa, un feito que repercutiría na sociedade, construíndo unha sociedade sólida, educada, con bos valores. A educación é un dos piares fundamentais da sociedade como todos sabemos, e o profesor é o encargado de desenvolver este duro, pero gratificante quefacer, educar, ensinar, aínda que non toda a tarefa lle corresponde a el, como non todos sabemos e non todos estamos de acordo, pero iso, xa é outro tema.

 

 

BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA

 

http://blog.lamiradapedagogica.net/2006/12/vocacin-y-sensibilidad-pedaggica.html (Consultado o día 19/10/2013)

http://es.wikipedia.org/wiki/Vocaci%C3%B3n_profesional (Consultado o día 19/10/2013)

Langer, M. (1965). La Vocación. Conferencia realizada en Venezuela no Centro Asistencial do Este "El Peñón", o 4 de marzo. Recuperado o día 18/10/2013 de: http://www.cartapsi.org/mexico/lanvoc.htm

Linnäkylä, P. (1997). Quality of School Life in the Finnish Comprehensive School: a comparative view. Scandinavian Journal of Educational Research, 1, (40).

Meirieu, P. (2004). En la escuela hoy. Barcelona: Octaedro.

Melgarejo, J. (2006). La selección y formación del profesorado: clave para comprender el excelente nivel de competencia lectora de los alumnos finlandeses. Revista de Educación,  extraordinario, pp. 237-262.

Comentarios

  • Berta Varela Garcia

    Teño unha dúbida técnica, como se suben ben os vídeos? E que creo que me esquezo dalgún paso e non os subín ben. Alguén me podería axudar? Agradeceríao! Smile

  • Nuria

    Se o vídeo é está na rede por exemplo youtube, o abres online, lle das a compartir e despois a insertar e o enlace ou código que che sae alí o copias no blog directamente onde o queiras publicar e xa está! proba a ver Wink.

    E por certo, análise moi completa e comparación moi ben escollida.

  • Berta Varela Garcia

    Mimaa! Moitísimas grazas Nuria, en serio, moitas gracias! As voltas que dei para poñerlos, e ó final era máis sinxelo do que facía eu! Grazas de novo! Laughing