É ensinar unha tarefa doada?

            Esta foi unha cuestión que se propuxo nunha das pasadas clases e que dou pe a un interesante debate. Por un lado, uns aportaron argumentos dicindo que é fácil, e outros que non. En calquera caso recollo nesta entrada os aspectos máis relevantes que comentamos, á vez que reflexiono sobre este tema.

            Que se entende por ensinar? Moitos dirán que ensinar é doado. Eles pensan que o mestre só ten que chegar a aula e explicar o que sabe, mandar exercizos, corrixilos (con sorte) e realizar un exame. ¿Onde está a dificultade? Deben pensar que calquera está capacitado para ser profesor e a formación pedagóxica en absoluto é necesaria, que esta simplemente se vai adquirindo coa experiencia.

            En relación con este pensamento expoño algúns dos argumentos  do grupo que defendía que ensinar era fácil:

            - Só hai que aplicar os coñecementos que se dan na facultade, como moito adáptanse os contidos en función da idade dos destinatarios.

            - Tes o libro ou os apuntes diante e só hai que ler e mandarlles actividades e logo corrixilas.

            - Se non entenden as explicacións que busquen axuda en internet que pa iso está,ou que vaian a clases particulares.

            - Hai que dar clase para todos igual, se alguén se queda atrás non se pode perder o tempo en explicarlle as cousas, que se busque a vida e senón que repita curso así para o ano afianzará mellor os coñecementos.

            - O profesorado non ten porque educar, de iso ten que encargarse a familia ou a sociedade.

            - O profesorado non debe atender os problemas ou dificultades dos alumnos, para iso que asistan a clases de apoio.

            Realmente, buscar argumentos para defender este posicionamento non resulta moi complicado. Refírome a que na clase saíron moitos máis argumentos deste punto de vista que os que defendían que ensinar é unha tarefa difícil. A que se debe isto?

            Penso que pode ser porque moitos vivímolo ó longo da nosa traxectoria escolar. Vimos como actuaban certos profesores (non todos), só centrándose nos contidos, ignorando os problemas ou dificultades dos rapaces, etc. polo tanto, sabemos de sobra como argumentar este posicionamento. Un posicionamento totalmente tecnocrático que só se basea na obtención dos resultados e que pasen só os mellores. Moi relacionado isto ca chamada “selección natural” de Charles Darwin, ou quizais sería máis acertado chamala “seleción antinatural”, porque realmente, separar ós nenos en listos e non tan listos, non ten nada de natural.

            Pola contra, os argumentos dos compañeiros que estaban en contra da afirmación de que ensinar é fácil comentaron certos aspectos como:

            - Que é necesario atender á diversidade.

            - É necesario que a escola tamén eduque en valores, non sendo unicamente unha tarefa da familia ou do entorno.

            - O profesor non só se dedica a dar clase senón que hai máis traballo detrás, como é a preparación das clases, a revisión das tarefas, o seguimento dos alumnos, a avaliación, a relación cos pais, co orientador, co resto de profesorado, e sobre todo, ter en conta a importancia da formación continua que lle permitirá estar actualizado.

            Temos estes dous puntos de vista sobre a mesa, o máis fácil é sen dúbida o primeiro posicionamento. Esta é unha postura que adoptan moitos profesores porque realmente lles resulta cómodo. Non lles esixe demasiado esforzo e eles van cobrar o seu salario igualmente. Sen embargo, este tipo de profesorado é o que fai que a calidade da educación baixe, ó igual que o rendemento, a motivación dos rapaces, etc.   

            Baixo o meu punto de vista, ensinar non é unha tarefa doada. Ensinar non é só transmitir coñecemento senón que é unha tarefa que engloba moitas cousas máis. A parte de transmitir o que se sabe, o profesor debe crear un vínculo co alumno e axudarlle a interpretar, antes de que simplemente lle transmita unha lista de coñecementos.

            Como ben di Paulo Freire: “Saber que enseñar no es transferir conocimiento, sino crear las posibilidades para su propia producción o construcción”.

            Consiste en sementar a curiosidade, abrirlle os ollos ó mundo, capacitalo para a vida, a través de valores, experiencias, ideas… e o máis difícil reside niso, en saber chegar ó interior do alumno a través de todo isto.

 

                                                  Sementar a curiosidade no alumno

 

            Quédome coa idea de que o profesor debe estimular e motivar as capacidades de pensar, razoar e espertar a capacidade de percepción e crítica. Debe lograr espertar algo no seu interior.

            A ensinanza na aula non pode ser homoxénea. Como vai a selo se cada un de nos é diferente? É necesario facer distincións en torno a tres preguntas fundamentais que se quere ensinar?, como se quere ensinar? e a quen vai dirixido? Esta é unha labor que lle esixe moito traballo ó profesor porque ten que atender ás necesidades de cada alumno. Tarefa que cada vez se fai máis difícil polo aumento da ratio de alumno/profesor nas aulas.

            ¿Qué diferenza hai entre ensinar e educar? É o mesmo? O certo é que hai unha certa confusión entre ambos termos pero non son o mesmo. Como ben recolle González Santana (2009):           

            Ambas coinciden en ser acciones formativas, ambas arraigan en el hecho de que los individuos no nacemos hechos, nos hacemos, nos forjamos, nos cultivamos. “Cultura” significa precisamente cultivo de las capacidades humanas para terminar de ser miembros activos de un grupo social. Por ello, la cultura engloba conocimientos y destrezas tan variadas como caminar, hablar, trabajar, convivir o respetar y hacerse respetar.

            La educación es una labor muy abierta de la que se ha recordado -José A. Marina popularizó- el dicho africano de que hace falta todo un pueblo para educar a un niño. En ese sentido, todos educamos y el enseñante -de oficio profesor- educa lo mismo que los amigos, la televisión, el vecindario, la abuela María, el recreo, los colegas o amigos y los padres. Nos educamos permanentemente y todos los espacios sociales son espacios educativos”.

            Polo tanto, a tarefa do profesorado e da escola por suposto, a parte de ensinar, debe educar en valores, educar para a vida, etc. A familia tamén ten esta misión pero mellor ambos piares e non un só, porque se a familia fallase, que pasaría?

 

                                                      Educa a escola e educa a familia

 

             Polo tanto, o mellor para os nenos/as é que tanto a familia como a escola traballen de maneira conxunta a favor da súa educación.

            Relacionado co tema que trato nesta entrada e coa formación do profesorado, destaco a película Lugares Comunes da cal deixo un pequeno fragmento. Recomendo que o vexades porque en escasos 2 minutos di verdades bastante importantes:

                                           

Del quero destacar varias ideas:

1) “Enseñar quiere decir mostrar. Mostrar no es adoctrinar, es dar información, pero enseñando también el método para entender, analizar y cuestionar esa información“.

            - Isto quere dicir que o profesor/a debe deixar a un lado as súas conviccións ideolóxicas no momento no que se poña diante dos seus alumnos. Debe ser obxectivo e non convencer ós rapaces do que el pense.

2) “No obliguen a sus alumnos a estudiar de memoria, eso no sirve. Lo que se impone por la fuerza, es rechazado y en poco tiempo se olvida”.

            - Que os rapaces saiban as cousas de memoria non debe ser o obxectivo do profesor. Isto pode provocar que os rapaces estuden sen ganas e unha vez que pase o curso ou incluso o exame para o que o “chaparon” se lle esquezan os coñecementos. Como ben di o propio protagonista: Ningún chico será mejor persona por saber el año en el que nació Cervantes”.

3) “Pónganse como meta enseñarles a pensar, que duden, que se hagan preguntas, que reflexionen”.

            Esta si sería unha boa meta para un profesional da educación, non que os seus alumnos memoricen ou saquen boas notas, senón que reflexionen e cuestionen a información que lles chega. A súa misión é guiar e orientar a que isto sexa así.

                                              Nen@s preguntando

 

             E xa para finalizar esta entrada quero recoller unha frase que o protagonista do filme lles encomenda como misión ós futuros mestres: “Despierten en sus alumnos el dolor de la lucidez, sin límites, sin piedad”. Unha gran frase que sen dúbida, da pe a que se reflexione sobre o seu significado.

            Realmente son unhas poucas frases que para min din moito e me fan pensar en que tipos de docentes tiven ó longo da miña vida. Penso que cada un de nos agora nos decatamos de cales vivían por e para esta profesión e cales non. Porque iso simplemente, se nota.

 

Referencias bibliográficas empregadas:

        González Santana, C. (2009). ¿Qué es educar? ¿Qué es enseñar? Una aproximación a la tarea docente en la actualidad. Andalucía: Temas para la educación. Revista digital para profesores de la enseñanza. Recuperado el día 21/10/2013 de http://www2.fe.ccoo.es/andalucia/docu/p5sd5010.pdf

http://frailespatico.com/interview/es-mas-facil-ensenar-si-eres-cercano/ (Consultada el 22/10/2013)

http://www.elciudadano.cl/2012/04/13/50986/ensenar-no-es-facil/ (Consultada el 22/10/2013)

http://www.jaimevaldes.cl/%C2%BFque-significa-ensenar-segun-heidegger/ (Consultada el 23/10/2013)

http://www.rebelion.org/hemeroteca/opinion/040122fr.htm (Consultada el 23/10/2013)

http://www.reproduccionsocial.edusanluis.com.ar/2011/11/ensenar-no-es-transferir-conocimiento.html  (Consultada el 22/10/2013)

   (Consultada el 22/10/2013)

Comentarios

  • Enelina

    Estou dacordo contigo en canto a que é agora cando nos percatamos da realidade profesional dos profesores cos que tivemos a oportunidade de compartir espazo físico nas distintas institucions polas que fomos pasando ata chegar a 4º curso de Pedagoxía, pois naquel momento a nosa mirada cara eles era de nenos e alumnos e agora a nosa perspectiva cambio, e observámolos dende a perspectiva de futuros profesionais da eduacion.

    Un saúdo e boa fin de semana.