Tarefa do día 23/10/13: Comparación LOE-LOMCE

1. Promulgación da LOE e da LOMCE

A LOE é a Lei Orgánica de Educación que se promulgou o 3 de Maio do 2006, sendo previamente aprobada por os seguintes  partidos: PSOE, CiU, ERC, PNV, ICV, CC, e EA. Houbo abstencións, pero o único partido que votou en contra foi o PP, xa que eles non estaban dacordo en cambiar a LOCE (Lei Orgánica de Calidade) que fora aprobada polo anterior Executivo de José María Aznar.

A LOMCE é un proxecto de lei, e preséntanola como unha modificación da LOE. Actualmente segue vixente a LOE, pero no 2012 xa se presentara un borrador da LOMCE, e o 17  de Maio do 2013, José Ignacio Wert presentou o primeiro borrador oficial. A diferenza entre a promulgación da LOE e a LOMCE, é a maneira na que se está tratando de impoñer esta última, pola vía rápida e sen o consenso de ninguén, salvando os membros do Partido Popular. Así foi que no Pleno celebrado o 10/10/2013 a LOMCE foi rexeitada polo PSOE, IU-ICV-CHA, UPyD, PNV, Amaiur, ERC, BNG, Coalición Canaria, Compromís e Geroa Bai. Presentáronse 770 emendas ao proxecto de lei, emendas das cales o Partido Poupular só aceptou a proposta do UPyD do carácter vehicular do castelán así como a condición do profesor como autoridade pública. Finalmente, entre os reclamos da sociedade para non levar a cabo esta lei, o Partido Popular espera poder aprobala no mes de Decembro.

El sorte de la lomce

 2. Sistemas educativos como aparatos ideolóxicos

Unha vez máis revivimos a dinámica de cambio de lei educativa co cambio de goberno, unha tónica que non ten sentido ningún se entendemos de educación e sobre sistemas educativos; pero que dende a perspectiva xurídica, política e ideolóxica ten moito senso, xa que como dixo Althusser, os sistemas educativos poden ser empregados como aparatos ideolóxicos do estado, reproducindo forzas produtivas mediante a reprodución de habilidades e saberes que reproducen a división social do traballo.

A caso temos políticos que non son profesionais? Eu teño serias dúbidas de que así sexa,xa que están usando a escola como un instrumento para acadar os seus propios fins, sen ter en conta a aqueles que están realmente implicados no sistema educativo: os profesores. Non os teñen en conta porque simplemente non lles interesa, non lle ten conta os saberes que poidan aportar, porque non coinciden cos seus ideais nin fins que buscan na educación.  

3. Diferenciación LOE-LOMCE

3.1. Diferenciación no redactado

Cando comezas a ler ámbalos dous textos, chama a atención a gran diferenza que existe na maneira na que están escritos. A LOE aparece articulada en 76 artigos mentres que a LOMCE é un artigo único que inclúe modificacións de determinados artigos da LOE, que os formulan a modo de Bis ou novas disposicións. Ademais disto, hai 2 disposicións adicionais, 2 transitorias e 5 finais específicas.

3.2. Diferenciación do concepto e finalidades da Educación

A continuación presento unha táboa elaborada con algunhas frases que saquei directamente da LOE e da LOMCE, para reflectir a diferenciación que existe sobre o concepto e finalidade da Educación.

 

LOE

LOMCE


-“la educación es el medio más adecuado para construír su personalidad, desarrollar al máximo sus capacidades...”

-“la educación es el medio para garantizar el ejercicio de la ciudadanía democrática, responsable, libre y crítica...”

-“...todos los ciudadanos puedan recibir una educación y una formación de calidad, sin que ese bien quede limitado solamente a algunas personas...”

-“...la necesidad de que todos los componentes de la comunidad educativa colaboren...”

-“se debe concebir la formación como un proceso permanente

-“los centros deben poseer un margen propio de autonomía que les permita adecuar su actuación a sus circunstancia conretar y a las características de su alumnado”

 


-“la educación es el motor que promueve la competitividad de la economía y el nivel de prosperidad de un país

-“mejorar el nivel educativo de los ciudadanos supone abrirles las puertas a puestos de trabajo de alta cualificación, lo que representa una apuesta por el crecimiento económico y por conseguir ventajas en el mercado global

-“ El sistema actual no permite progresar hacia una mejora de los resultados, como ponen en evidencia los pobres resultados obtenidos por los alumnos españoles en las pruebas de evaluacion internacionales como PISA.”

-“...la calidad educativa debe medirse en función del “output” (resultados) y no del “input” (nº profesores, nº centros, niveles de inversión...)”

-“...reconocimiento de esta diversidad entre alumnos en sus habilidades y expectativas es el primer paso de cara al desarrollo de una estructura educativa que contemple diferentes trayectorias


 

Á vista está que os conceptos e fins da educación en cada texto son ben diferentes. En xeral a LOMCE ten a súa razón de ser na mellora da economía nin máis nin menos, o texto está cheo de referencias a elo, eu só puxen uns cantos exemplos.

En poucas palabras,  deixa de lado os fins reais que debería ter a educación, que sí aparecen reflectidos na LOE, e plantexa un sistema educativo cheo de diferenciacións, “alta cualificación versus baixa cualificación”, “resultados versus eficiencia”, “output versus input”, “estudantes con talento versus estudantes sen talento”...e un sen fin máis de diferenciacións que non deberían existir nun sistema educativo que pretenda educar aos seus alumnos/as en e na igualdade. 

3.3. Qué papel ten o profesorado na LOE, e na LOMCE?

Na LOE o profesorado aparece no título III da antedita lei, e xoga un papel protagonista (comparado coa LOMCE). Dedícaselle un capítulo as funcións do profesorado, outro ao profesorado de distintas ensinanzas, o capítulo III fai referencia específica a formación do profesorado, e por último o capítulo IV (e non menos importante) aborda o recoñecemento, apoio e valoración do profesorado. Destas catro, a que máis me interesan son estas dúas últimas, e a continuación explicarei por qué.

No artigo 102 fálase da formación permanente como un dereito e obrigación de todo o profesorado. Tamén contempla que esta formación incluirá o uso das TIC, a formación de linguas estranxeiras así como que a Administración fomentará os programas de investigación e innovación. Isto ten pleno sentido, nunha sociedade do coñecemento en constante cambio, na que os profesores teñen que formar aos futuros membros da sociedade, o máis lóxico e que eles e elas nunca deixen de aprender, e que mellor que a través da súa práctica, coa investigación e a innovación no propio campo de acción.

No artigo 104 noméase a importancia social da súa tarefa e que as Administracións velarán porque así se sinta e sexa. Tamén e liga o anteriormente dito, as Administracións serán as responsables da mellora das condicións na que o profesorado traballa. Ben sabido é que a labor docente non ten o recoñecemento social que debería ter, e o que elaborou a LOE o sabía e por iso engadiu un capítulo específico para que as Administracións propiciarán mellores condicións de traballo, e polo tanto mellor status social.

Porén, na LOMCE non se lle adica un capítulo nin un artigo específico ao profesorado, porque como dixen anteriormente, non está articulada senón que se presenta a modo de modificación dalgúns artigos da LOE, poderíamos pensar que ao profesorado este proxecto de lei non lle afecta, pero non é así. A continuación presento un cadro que elaborei con aquelas frases do texto que sí implicarán cambios na función docente.

 

Frases extraídas da LOMCE


-“...exigencia a estudiantes, profesores y centros de la rendición de cuentas, y el incentivo del esfuerzo...”

-“...se potencia la función directiva a través de un sistema de certificación previa...protocolo para rendir cuentas de las decisiones tomadas...de las acciones de calidad y de los resultados obtenidos...” 

-“...evaluaciones externas de fin de etapa...carácter formativo y diagnóstico...indicando los niveles de exigencia requeridos...”

-“...racionalización de la oferta educativa...”

-“...simplicación del desarrollo curricular para posibilitar una mayor autonomía a la función docente....para una mayor personalización de la educación

-“Las TIC serán una pieza fundamental para producir el cambio metodológico que lleve a conseguir el objetivo de mejora de la calidad educativa”

-“Las TIC serán una herramienta clave en la formación del profesorado

-“Educación para la Ciudadanía Democrática se abordará de forma transversal

-“Esta ley adquirirá sentido con el desarrollo de una futura ley sobre la función docente”

-“establecer estándares de aprendizaje evaluables”

-“...las administraciones fomentarán y potenciarán la autonomía de los centros, evaluarán sus resultados y aplicarán....las medidas correctoras oportunas”

-“Los centros docentes realizarán unha evaluación individualizada a todos los alumnos al finalizar 3º de Educación Primaria...de resultar desfavorable, el equipo docente deberá apoptar medidas ordinarias o extraordinarias más adecuadas

-...”los entornos virtuales de aprendizaje facilitarán la aplicación de planes educativos específicos diseñados por los docentes...”

-“...deberán presentar una planificación estratégica que deberá incluir los objetivos perseguidos, resultados a obtener, gestión...”

-“...el director del centro...podrá rechazar la incorporación de puestos en interinidad de personal docentes...proponer nombramiento de profesores...”

-“...incorporar expertos con dominio de lenguas extranjeras


 

Deste cadro supoño, que é o que lle vai supor esta lei para o profesorado:

1) Burocratización da profesión docente

Os profesores e profesoras teñen que render contas ante as Administracións mediante a elaboración dun plan estratéxico no que expliquen os obxectivos e resultados que pretenden acadar e tamén coa aplicación de avaliacións externas.

2) Función directiva non democrática

Plantexa o liderado do director como unha figura que establece todo aquilo que se fará no centro, deixando pouco ou nulo lugar ao diálogo co resto de axentes educativos. O tipo de liderado que se exerza en cada colexio vai depender da concepción que teña esa persoa sobre liderado, pode ser pedagóxico, ditatorial, etc.

3) Redución no persoal

Mediante a “racionalización da oferta educativa”, suponse que se vai a prescindir dalgunhas materias, como é o caso de Educación para a Cidadanía, que pasa a ser unha materia transversal. Ademais, engade a incorporación de persoal experto en linguas estranxeiras, o cita como algo temporal, pero non sabemos se tomaran medidas na formación do profesorado para que isto sexa temporal ou fixo. Xa veremos.

4) A formación do profesorado criando malvas

Como dixen anteriormente, fálase da necesidade que hai de contratar persoal experto en linguas, pero non fala de accións específicas que se vaian levar a cabo na formación do profesorado, isto acontece no referente tamén a implantación das TIC para deseñar plans educativos específicos e como ferramenta de formación do profesorado. Están todos/as profesores/as preparados para traballar coas TIC? Non será necesario levar a cabo primeiro plans de formación do profesorado en TIC? Así mesmo, chámame a atención que non comenten nada acerca da formación inicial e que aínda que falan da formación permanente, o fan de maneira moi escasa e pouco axeitada.

5) Maior presión sobre os docentes

Debido ao control exterior que vai supor esta lei, os docentes experimentarán un maior control da súa tarefa, podendo dar lugar a un maior estres. Estres que pode afectar tamén ao desenvolvemento das clases.

6) Estándares, resultados...Empeoramento da imaxe do profesor

O establecemento de estándares e a esixencia de resultados, faime deducir que a Administración non confía nos profesores que hai no sistema educativo. Esa pouca confianza afectará máis aínda na imaxe dos docentes.

4. En conclusión...           

A LOMCE é un proxecto de lei contraditorio, porque pretende acadar a calidade mediante a estandarización e a rendición de contas, o que é contraditorio coa personalización da ensinanza e a autonomía suposta da que falan no proxecto de lei. Unha educación baseada en estándares deixa atrás aos nenos e nenas que teñan dificultades e unha rendición de contas a administracións externas xerará competitividade entre alumnos e entre colexios, deixando de lado por completo unha dos temas que se trataba en Educación para a Cidadanía: saber vivir con outros. Ademais, ensinar centrados en resultados, deixa totalmente de lado aquilo de respetar os ritmos de aprendizaxe e de descubrir a maxia de aprender.

Tengo miedo...El Roto

Ademais disto, o proxecto de lei é unha demostración da pouca transparencia que ten este goberno, dada a súa pouca claridade e especificade, pois non explica cómo levará a cabo os cambios, as avaliacións, as medidas necesarias en caso de que un alumno non supere a proba que se vai a facer en terceiro de Educación Primaria...E unha vez máis pon en dúbida a pouca profesionalidade algúns políticos que temos en España, que lexislan sen saber de educación, afectando isto a profesionalidade dos docentes.

                      

5. Webgrafía

 

Comentarios

  • Enelina

    Moi boa reflexión e comparación Kely. :-)

  • Kely Torres Velo

    Moitas gracias polo teu comentario Neli, de verdade. Dende que empecei a traballar no blog, síntome bastante insegura, porque non sei se o que estou facendo está ben, mal ou regular.

    Creo que deberíamos aprobeitar máis a posibilidade que nos brinda o blog de facer comentarios para auto avaliarnos uns a outros, e así crear un coñecemento que sexa o fin e o cabo froito do traballo de todos.