Modelos de Orietación

Neste documento intentaremos falar dos distintos modelos de orientación partindo da definición de modelo, para centrarnos nos educativos que son os que mais nos interesan. 

“Punto de referencia para imitalo ou reproducilo”: así define a Real Academia Española da Lingua a palabra “modelo”. Fixándonos nesta definición podemos deducir que un modelo é unha referencia que temos que seguir e imitar. Achegándonos a continuación aos modelos de orientación en educación, podemos comprobar como estes modelos teñen unha similitude con esta definición, xa que ambos intentan orientarnos no bo camiño co obxectivo de acadar unha meta.

Dentro das distintas definicións podemos mencionar a Escudero (1981:115) que fala de modelo como a “interpretación simplificada do obxectivo a que se refire”. Bunge (1980), “sistemas conceptuais que intentan representar aspectos interrelacionados de sistemas reais”

Nós para falar dos modelos de orientación en educación ímonos guiar por un Bisquerra, o cal define o termo como a “representación que reflicte o deseño, a estrutura e os compoñentes esenciais dun proceso de intervención en orientación, polo que a súa función sería servir de guía para a acción xa que propoñen liñas de actuación práctica ao suxerir procesos e procedementos de actuación”.

Dentro das distintas definicións dadas polos diferentes autores podemos sinalar que existen diversas categorías, podendo distinguir entre:

-Modelos teóricos: formulacións elaboradas polos teóricos que militan nas diversas correntes.

-Modelos básicos: modelos fundamentais, unidade básica de intervención. Inclúense o clínico, de programas e de consulta.

-Modelos mixtos: os modelos básicos pódense combinar de forma apropiada para xerar un modelo mixto que satisfaga as necesidades dun contexto determinado.

-Modelos organizativos: propostas nun contexto determinado nun momento dado. Poden ser modelos institucionais (administracións públicas), modelos organizativos privados (centro educativo particular), e particulares no marco dun modelo institucional, inspírase nun modelo teórico e pon a énfase nalgún dos modelos básicos.

Centrándonos nos modelos básicos de orientación, faremos referencia aos distintos eixos de análise, tendo en conta a intervención para os diferentes modelos de orientación.

-Intervención individual grupal: a individual centrada na entrevista, a grupal pode adoptar distintas formas. Nos anos 30 orientación individualizada counseling, nos 60 en group counseling.

-Intervención directa-indirecta: a directa é na que o orientador ou titor esta vis a vis co suxeito, centra a súa acción no destinatario.

A indirecta (mais a nivel de institución) o consultor exerce función de consultor actuando a través dun mediador (adoita ser profesorado) "consulta triádica". A consulta colaboradora, é a que ten máis probabilidade de futuro.

Peer counseling é na que o orientador se pon de acordo cun alumno como mediador.

-Intervención interna-externa: A interna (máis efectivas a longo prazo) é o persoal do propio centro e a externa son especialistas non pertencentes ao centro.

-Intervención reactiva-proactiva: a reactiva céntrase nas necesidades explícitas, de carácter principalmente correctivo ou remedial, mentres que o proactivo trata a prevención e o desenvolvemento, iníciase antes de detectar un problema potenciando a prevención.

Clasificación dos modelos segundo o tipo de intervención que se leve a cabo:

Clínico: Individual – Directa - Preferentemente externa - Reactiva.

Programa: Preferentemente grupal - Preferentemente directa - Preferentemente interna - Preferentemente proactiva.

Consulta: Preferentemente grupal - Indirecta - Preferentemente interna - Preferentemente proactiva.

 

Despois de tratar as diversas categorías, os eixos de análise e a clasificación dos modelos tendo en conta o tipo de intervención. Faremos mención a continuación dos distintos modelos según Bisquerra.

Modelo Clínico

O modelo clínico ou modelo de counseling é un dos modelos básicos establecidos por Bisquerra (1998) xunto co modelo de programas e o modelo de consulta.

A Asociación Británica para o Counselling defíneo como “A utilización hábil e fundamentada da relación e a comunicación, co fin de desenvolver o autocoñecemento, a aceptación, o crecemento emocional e os recursos persoais”

Aspectos que caracterizan ao modelo clínico:

  • O suxeito chega para recibir axuda.
  • A situación de axuda queda delimitada.
  • O asesor fomenta a libre expresión dos sentimentos que acompañan ao problema.
  • O asesor acepta, recoñece e clarifica estes sentimentos negativos.
  • Cando os sentimentos do suxeito foron expresados na súa totalidade xorden expresións e tentativas de impulsos positivos que promoven o crecemento.
  • O asesor acepta e recoñece os sentimentos positivos da mesma xeito que aceptou e recoñeceu os negativos.
  • A capacitación intuitiva, a comprensión do eu e a súa asunción constitúen o seguinte paso importante deste proceso.
  • Mesturado co proceso de capacitación intuitiva dáse un proceso de clarificación das decisións e dos modos de acción posibles.
  • A iniciación de accións positivas pequenas pero altamente significativas
  • Unha vez que o individuo captou a súa situación e intentou tomar algunhas determinacións positivas, os aspectos restantes son elementos de maduración.
  • Existe unha acción positiva e integradora cada vez maior por parte do cliente.
  • Existe unha necesidade cada vez menor de recibir axuda e un recoñecemento de que a relación debe terminar.

As fases que caracterizan dito modelo según Bisquerra (1998:71) son as seguintes:

  • Inicio e estruturación da relación de axuda.
  • Exploración.
  • Tratamento en función do diagnóstico.
  • Seguimento e axuda.

 

Modelo de Programas

O modelo de programas trátase dun modelo clásico de orientación xunto co modelo clínico ou de counseling e o modelo de consulta.

Un programa é: “Toda actividade preventiva, evolutiva, educativa ou remedial que, teoricamente fundamentada, planificada, encamiñada a lograr determinados obxectivos en resposta ás necesidades detectadas nun grupo dentro dun contexto educativo, comunitario, familiar ou empresarial” (Repetto, 2002:297)

Xa que logo, un programa debe de ter unha base teórica fundamentada, é dicir basearse nalgunha teoría psicolóxica de intervención. Doutra banda, debe tratarse dunha actividade planificada, é dicir, a diferenza do modelo de counseling, non está tan suxeita á improvisación. Para rematar, trátase de dar solución a unha serie de necesidades detectadas, non realizamos un programa si non estamos seguros e comprobamos que é realmente necesario, a finalidade de dar solución ás necesidades supón ao mesmo tempo a xustificación do mesmo programa.

Así, o programa:

  • Basearase na identificación dunhas necesidades.
  • Dirixirase ao logro duns obxectivos para cubrir necesidades detectadas.
  • A actividade planificarase previamente.
  • A actividade será avaliada.

Neste modelo trala detección de necesidades, é dicir, unha vez que coñecemos que é o que queremos tratar co programa debemos centrarnos en que teoría axústase máis a estas necesidades para poder fundamentar o noso programa, o cal deseñaremos en base a iso. Para rematar, trala realización do programa é fundamental avalialo, recoller os aspectos positivos do mesmo.

Agora, deberemos seguir unha serie de pasos fundamentais para planificar o programa como deben ser:

  • Análise da realidade ou necesidades.
  • Fundamentación e xustificación.
  • Obxectivos.
  • Actividades.
  • Recursos.
  • Fontes de financiamento.
  • Avaliación.

 

Modelo de Consulta

O modelo de consulta é o terceiro modelo básico dos modelos de orientación. A principal diferenza respecto dos outros modelos é que se trata dun modelo no que o orientador non interactúa directamente co cliente ou usuario, senón que intervén ou dá pautas a un mediador.

É dicir, no modelo de consulta, un profesional (profesor, titor, pai,...) acode ao orientador para consultar un problema ou unha situación que se suscita respecto dalguén. O orientador establece a relación co profesional, de maneira que a súa intervención respecto ao usuario é indirecta.

De acordo con Bisquerra (1998), o modelo de consulta réxese por unha serie de fases que agora citarei:

  • Establecer unha relación entre un consultor (orientador) e un consultante (titor, profesor, familia,...)
  • Analizar o conxunto da situación e clarificar o problema
  • Explorar alternativas
  • Establecer plans de acción, conxuntamente entre consultor e consultante
  • Poñer en práctica, o consultante, os plans cos destinatarios últimos da intervención
  • Avaliación da posta en práctica do plan de acción.

Para rematar, gustaríanos mencionar que varios autores dividen o modelo de consulta en dúas:

Modelo centrado en contidos: O orientador é un experto que se sitúa fronte aos consultantes nunha relación xerárquica.

Modelo centrado en procesos: O orientador actúa de acordo aos principios de traballo conxunto e colaborativo.

Persoalmente, consideramos que o ideal é lograr combinar ambos modelos de tal forma que se poidan desenvolver ao máximo os puntos positivos que se poden obter de cada un. O orientador, nun inicio, debe situarse como experto, xa que é outro profesional o que acode exclusivamente a consultarlle, en busca de axuda profesional. Doutra banda, unha vez establecida a relación entre ambos, orientador e mediador, é posible elaborar un modelo de acción conxunta, si considérase que é o caso máis adecuado.

 

Logo de ver os modelos de orientación, os cales serven de guía para a acción. Centrarémonos nas adaptacións dos distintos modelos aos contextos onde vaian a aplicarse. Por iso, non é de extrañar que na práctica sexa difícil atopar modelos que se apliquen de forma exclusiva. O que se pode atopar son combinacións deles adaptadas á realidade concreta. É dicir, os modelos mixtos. A continuación faremos unha referencia aos máis importantes.

Clasificación dos modelos mixtos:

Modelo clínico ou psicométrico.

Modelo individualista xa que se centra no estudo do suxeito, fundamentalmente centrado en aspectos organísmicos e psicolóxicos e deixando á marxe os aspectos contextuais.

Neste modelo, a intervención ten un carácter remedial, reactivo e terapéutico xa que a finalidade da intervención é solucionar os problemas que van xurdindo.

Polo tanto, o seu obxectivo principal é diagnosticar os alumnos (tanto sobre as súas capacidades e aptitudes como as súas dificultades) para clasificalos ou seleccionalos e así tomar decisións sobre a súa escolarización ou a necesidade de incluílos en programas á marxe do currículo escolar.

Modelo psicopedagóxico.

Os modelos psicopedagóxicos tratan unha intervención prioritariamente indirecta, grupal, interna, proactiva, a intervención directa faise sobre programas. Xira ámbito o modelo de programas potenciado polo modelo de consulta. A función do orientador é prioritariamente indirecta. A directa concrétase no plan de acción titorial. É prioritariamente grupal, e interna. A integración curricular dos contidos de orientación son o obxectivo último como estratexia de intervención. É proactiva enfocada á prevención e desenvolvemento. Realízase por programas, sendo oposto ao modelo clínico. A consulta é un elemento esencial, pretendendo potenciar a intervención, o que constitúe sistemas de programas integrados (SPI).

É un modelo relacional xa que engade a consideración do contexto escolar do alumnado á hora de realizar a intervención sobre este. O obxectivo principal é axustar o ensino á diversidade de usuarios existentes polo que a finalidade non sería a prevención das dificultades para mellorar os procesos de ensino-aprendizaxe.

Modelo sociopsicopedagóxico.

Tamén chamado socio-comunitario que se diferencia do anterior no alcance da intervención. A idea principal é que parte dunha intervención que abrangue as relacións que ten a escola coa comunidade. É un traballo coordinado entre profesionais do servizo de orientación e intervención psicopedagóxica con profesionais externos.

Consideramos que os dous últimos modelos son os máis apropiados, con máis utilidade, aínda que tamén deben terse en conta outros modelos en certos casos, como o clínico, cando a situación o require e os factores externos non inflúen no alumno.

Polo tanto, a contextualización é realmente importante, ao que os profesionais deben facer sempre referencia, por iso consideramos que o modelos socio-psicopedagóxico abarca non só ao contexto escolar senón ás diferentes variables que inflúen no alumnado.

 

Esperamos que este achegamento aos distintos modelos nos sirva para ter unha idea un pouco mais clara dos modelos de orientación, e como paso previo para  poder falar dos modelos de asesoramento.

 

Bibliografía

Bisquerra Alzina, R.

  • Modelos de orientación e intervención psicopedagógica. Barcelona: ciss-praxis. (1998) (última ed. 2003).
  • Los modelos en orientación. En R. Bisquerra (Coord.) Modelos de orientación e intervención psicopedagógica. Barcelona: ciss-praxis. (1998)

Bunge, M.

  • Epistemología. Barcelona: Ariel. (1980)

Escudero Muñoz, J. M.

  • Modelos didácticos, planificación sistemática y autogestión educativa. Barcelona: Oikos-tau. (1981)