O desprestixio do profesorado

Tras ler os artigos “Nuestro sistema educativo no es un desastre” de José M. Esteve, “¿De dónde viene la crisis de la profesión docente?” de José Gimeno Sancristán (pertencentes ó número 374 da coñecida revista mensual “Cuadernos de Pedagogía”) ou analizar varios resumes, recensións e comentarios sobre o libro “La tercera revolución educativa”(2003), tamén de José M. Esteve caín na conta  dun aspecto moi importante: realmente está o profesorado desprestixiado?

            Nun primeiro intre todo indica que a resposta á pregunta plantexada é positiva. Nada máis procurar no Google información sobre o prestixio dos docentes obtemos só tres entradas que nos expoñen o tema. De xeito contrario, se trocamos a nosa busca por desprestixio dos docentes atopamos varios resultados, pero, a que se debe isto?

image

            Esteve, no seu artigo antes citado “Nuestro sistema educativo no es un desastre”, constata o seguinte “para los medios, el correcto funcionamiento de las instituciones no es noticia, pero la más rocambolesca e inusual de las anécdotas sirve perfectamente de titular de portada”. Neste senso, entréganos unha razón pola cal os nosos profesores son criticados nas súas prácticas: maximízanse aquelas noticias negativas para os docentes nas que os medios de comunicación acadarán unha boa audiencia que se tornará en beneficios económicos para eles, mentres que as positivas se minimizan, sendo estas as protagonistas do día a día nas nosas escolas tal como o mesmo Esteve nos deixa ver a través de datos como:

Auténtica revolución educativa: escolarización plena de todos los niños en Educación Primaria; aceptación de la responsabilidad del Estado en la Educación Preescolar; declaración de la obligatoriedad de la Educación Secundaria; igualdad de oportunidades en el acceso a la educación para hombres y mujeres, incluyendo la universidad; organización de respuestas educativas integradas para niños con dificultades especiales, superando la marginación y la reclusión en guetos, etc. Todos estos avances se han logrado en los últimos 30 años”.

            Así, a través do anterior sobresae unha reflexión, que tipo de educación lles foi transmitida ós axentes dos medios de comunicación cando o que priman son as ventas (conseguir audiencia a través de noticias catastrofistas) e os beneficios económicos antes que subliñar a boa educación e as boas realidades (que considero tamén son noticia, incluso mellores noticias que as demais) das que gozamos no noso país? Quen foron os docentes destes axentes? E sobre todo, que lle interesa á nosa sociedade?

            Non vamos a dar unha imaxe negativa dos medios de comunicación xa que, aínda que isto sucede na maioría dos casos (dar unha visión negativa do profesorado), tamén, aínda que en menor medida, atopamos sucesos por parte da prensa (neste caso do diario EL País) por exemplo, que nos brindan a realidade actual do que ocorre co noso profesorado:

 

image 

 

            Considero que nestes 30 anos como nos explica Esteve, conseguimos moito no terreo educativo, e todo grazas, en gran parte á labor dos nosos profesores. Foron obxecto de continuas zancadillas, no sentido de dárense cambios constantes con cada lei ou reforma educativa, non brindándolle os recursos precisos para o seu desenvolvemento eficaz como profesionais. “Sin embargo, esta profunda revolución educativa se ha hecho sobre la base del esfuerzo y la buena voluntad de unos cuerpos de profesores a los que no se han ofrecido los medios para hacer un trabajo de calidad en la nueva situación” (Esteve, 2007).

            É certo que segundo os estudos realizados en materia de valoración social do profesorado, se conta con bos resultados (véxanse por exemplo nas conclusións do estudo “El prestigio de la profesión docente. Percepción y realidad”, elaborado pola Fundación Europea Sociedade e Educación (EFSE), coa colaboración da Fundación Botín, que subo a arquivos), o único punto relevante que destacamos é que esta valoración do profesorado vese salpicada pola da educación e polas numerosas reformas, sendo estas obxecto de crítica e que van influíndo nestas percepcións positivas do profesorado.

            Pero tamén existe un polo oposto, no que situamos a Victoria Camps cando nos expón no seu libro “Creer en la Educación” (2008), que a visión social das prácticas docentes en xeral, non son boas, “es un trabajo mal retribuido y, por lo tanto poco valorado. Así se recrimina a los profesores por trabajar pocas horas, porque tienen demasiadas vacaciones, porque no se comprometen del todo con las tareas escolares. Muchos padres culpan a los profesores de los problemas de sus hijos: porque no les dedican suficiente tiempo, porque no tienen interés, etc. Esto lo único que provoca es un mayor distanciamiento entre padres y docentes. El profesorado por su parte se queja de la falta de reconocimiento social, y no le falta razón”.

image

            Ante isto, que explicación atopamos? Goza ou non goza o profesorado dun bo recoñecemento social? Hai que ter en conta que, tal como nos expresa Esteve (2003) a educación é unha actividade utópica, no senso de poder ser sempre mellor, de mellor calidade, de obter mellores resultados...O problema, penso que radica nese desligamento do pasado, se botamos a mirada ó pasado, dámonos de conta da multitude de beneficios educativos logrados que non se lle brindan a importancia que posúen (tal como citabamos anteriormente).

            Sinalar tamén que, dende o meu punto de vista, depende moito do momento histórico no que esteamos inseridos para que este recoñecemento e prestixio do profesorado se modifique. É dicir, lembro cando na miña etapa de Educación Primaria a mestra non atendía ás dificultades de cada neno (os alumnos “burros” situábanse na parte traseira das aulas), porque eran mestres educados noutros tempos que priorizaban aspectos como a memorización e a produtividade dos nenos. Porén, xa na etapa da Educación Secundaria primábanse outros principios, como o de comprensión, apoio no que se precisase..., son moitos os profesores que me teñen dito “Quedamos no recreo e xa che explico mellor”, frases que me quedan gravadas na memoria, realmente estes profesores se preocupaban da miña aprendizaxe, sacrificando un tempo de ocio que posuían, para o traballo. Polo tanto, considero conveniente mirar estes feitos ubicándonos segundo o momento histórico no que esteamos mergullados, analizar que fundamentos perseguía a lei educativa de cada tempo e que ideais prevalecían.

            O que se percibe é que, en ambas perspectivas se incide na importancia dunha boa selección e formación do profesorado:

Una mejor selección de los docentes llevaría a la enseñanza a las personas que de verdad tuviesen deseo y capacidad de ejercerla con solvencia y buena disposición. En Primaria habría que conseguir que cursasen la carrera aquellos que desearan acceder a ella como primera opción. En Secundaria creo que sería bueno que accediesen a la docencia aquellas personas que, al comenzar la carrera, tuvieran el deseo de integrar un equipo educativo en una institución docente. No me gusta que aquellos que querían ser químicos o literatos o matemáticos o geógrafos acaben siendo por accidente docentes de forma vitalicia” (Miguel Ánxo Santos Guerra, 2009).

La relevancia de la formación, inicial y permanente, del profesorado, así como la exigencia en su selección, la relevancia de aumentar la autonomía de los docentes, así como su autoridad”. (Xornal El País, La caída del prestigio docente “es un tópico sin fundamento”, 4/07/2013)

            Despréndese disto que, a labor do docente non é sinxela nin carece de consideración, estes profesionais traballan con persoas, persoas diferentes, persoas diversas, e teñen que atender de xeito totalitario ás mesmas, por iso teñen que partir dunha boa formación, ser os mellores no seu eido. “Su función es muy importante, pero las figuras que lo desempeñan, no tanto” (Gimeno Sancristán, 2007). As figuras que o desempeñan non tanto, xa que como tamén nos comenta o propio autor, o noso sistema de promoción do profesorado baséase na antigüedade e nos puntos por asistir a cursos diversos, sen teren estes aspectos nada que ver coas necesidades que xorden nas aulas, non existe unha coherencia real entre o que se procura (unha boa educación para o alumnado) e o que se realiza (mera burocracia e papeleo, ou simplemente denominémolo, en termos ordinarios “postureo”).                                      

            Outra cuestión de vital significación é o feito de focalizar toda a nosa atención nos docentes, deixando a un lado o que realmente interesa, o alumnado, as necesidades que posúe, as súas dificultades e problemáticas, como erradicalas. Interesa máis analizar e examinar o alumnado co fin de previr (da man dos docentes) problemáticas futuras ou interesa máis estudar o profesorado que desenvolverá as súas accións a cegas ó non existiren estudos diversos e contrastados sobre a quen dirixe as súas actuacións? “En medicina, podría decirse que preocupan más los enfermos; en educación, nos ocupamos más de los docentes” (Gimeno Sancristán, 2007).

            Finalmente, subliñar o feito de que, unha vez máis, dependendo de en que perspectiva ou óptica nos situemos, obteremos unha información ou outra totalmente contraria. Fálase de “pérdidas de nivel, como si se tratase de algo que existió y que los poderes públicos de turno han ido destruyendo. En realidad no serían pérdidas, sino en todo caso no-ganancias u objetivos no conseguidos, porque estaremos de acuerdo en que antes de los noventa, en este país no se hizo ni se pretendió hacer una educación obligatoria de diez años de duración, escolarizando a la población que antes no lo había estado, y no por voluntad o por capricho”. Dito isto, analicemos toda a información que nos brindan, examinémola dende un enfoque global, en que lugar queda o docente? Está realmente desprestixiado socialmente?

“El valor intrínseco del magisterio y la valentía de ejercerlo son dos aspectos que llaman a la reflexión; sobre todo cuando la propia vida transcurre «entre las cuatro paredes de un aula». Si todo obrero corre riesgos según los materiales con que trabaja, ¿cuáles corre el maestro si su «materia prima» son la inteligencia, la libertad, la afectividad y la trascendencia de otros seres como él?” Marcela Chavarría Olarte

 

 

BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA

 

Camps, V. (2008). Creer en la Educación. Barcelona: Península

Esteve, J.M., (2007). Nuestro sistema educativo no es un desastre. Cuadernos de Pedagogía, 374, 12-16

Fundación Europea Sociedad y Educación y Fundación Botín (2012). El prestigio de la profesión docente. Percepción y realidad. Madrid: Fundación Europea Sociedad y Educación y Fundación Botín.

Gimeno Sancristán, G. (2007). ¿De donde viene la crisis de la profesión docente?. Cuadernos de Pedagogía, 374, 17-20

http://blogs.opinionmalaga.com/eladarve/2009/12/26/mercenarios-de-la-educacion/  (Consultada o día 24/10/2013)

http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=1049534 (Consultada o día 25/10/2013)

http://elescenariodeleducador.blogspot.com.es/2013/08/la-importancia-del-maestro-en-el-arte.html (Consultada o día 24/10/2013)

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/07/04/actualidad/1372953413_326127.html (Páxina web do xornal El País, consultada o día 25/10/2013)

http://www.elblogdeoscargonzalez.com/2012/07/el-des-prestigio-del-profesorado.html (Consultada o día 25/10/2013)