Esquécense do profesorado na LOMCE?

1) Introdución        

            Na clase do día 23 de Outubro encomendóusenos unha actividade na cal realizásemos unha indagación e posterior comparación no que atinxe ás posibles modificacións que pode ter o tema do profesorado entre a Lei Orgánica de Educación (LOE) e a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).

            Pois ben, a continuación tentarei mostralas despois de haber analizado ambos documentos oficiais, dos cales recollo os enlaces na webgrafía. Tamén realizo unha pequena reflexión persoal do que este tema me suscita.

2) Análise da LOE: aspectos principais

            A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de Maio, de Educación, coñecida como LOE dedica o Título III ó profesorado. O Título III presenta catro capítulos, que á súa vez, dentro de cada un deles hai artigos máis específicos (vai do 91 ó 106). A estrutura deste apartado recólloa en forma de esquema para que resulte máis visible.

     Esquema LOE Título III

 

            Facendo unha análise deste apartado, e coa intención de ver como está considerado o profesorado na LOE presento as ideas principais dos catro capítulos:

            O capítulo I recolle as funcións que pode realizar o profesorado, estas principalmente serían:

  • Programación e ensinanza das áreas que lles corresponda.
  • Avaliación do proceso de ensino/aprendizaxe.
  • Titoría, dirección, orientación e apoio ós alumnos.
  • Orientación educativa, académica e profesional.
  • Promoción, organización e participación en actividades complementarias
  • Contribuír a que as actividades do centro se desenvolvan nun clima de respecto e tolerancia, fomentando valores no alumnado.
  • Informar ás familias sobre o proceso de ensino/aprendizaxe.
  • Participación na actividade xeral do centro.
  • Coordinación das actividades docentes, de xestión e dirección.
  • Participar nos plans de avaliación.
  • Investigación e experimentación.

            O capítulo II céntrase no profesorado das distintas ensinazas: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Profesorado de Formación Profesional, Profesorado de Ensinanzas Artísticas, Ensinanzas de Idiomas, Ensinanzas Deportivas e Educación de Persoas Adultas.

            Nel establécese a formación concreta que necesitan para poder dedicarse a unha determinada etapa educativa como por exemplo:

Artículo 93. Profesorado de educación primaria:

            1. Para impartir las enseñanzas de educación primaria será necesario tener el título de Maestro de educación primaria o el título de Grado equivalente, sin perjuicio de la habilitación de otras titulaciones universitarias que, a efectos de docencia pudiera establecer el Gobierno para determinadas áreas, previa consulta a las Comunidades Autónomas.

            2. La educación primaria será impartida por maestros, que tendrán competencia en todas las áreas de este nivel. La enseñanza de la música, de la educación física, de los idiomas extranjeros o de aquellas otras enseñanzas que determine el Gobierno, previa consulta a las Comunidades Autónomas, serán impartidas por maestros con la especialización o cualificación correspondiente”. (LOE, 2006)

            O capítulo III abarca o apartado de formación do profesorado. Divídese en:

            - Formación inicial: establece que a formación inicial do profesorado se debe axustar ás necesidades da titulación.

            - Incorporación da docencia en centros públicos: o primeiro curso no que se exercite a docencia en centros públicos se levará a cabo coa supervisión de profesores experimentados, é dicir, destaca a figura do profesor experimentado como titor.

            - Formación permanente: establécese coma un dereito pero á súa vez coma unha obrigación de todo o profesorado. Estes programas deberán contemplar

            “la adecuación de los conocimientos y métodos a la evolución de las ciencias y de las didácticas específicas, así como todos aquellos aspectos de coordinación, orientación, tutoría, atención educativa a la diversidad y organización encaminados a mejorar la calidad de la enseñanza y el funcionamiento de los centros. Asimismo, deberán incluir formación específica en materia de igualdad en los términos establecidos en el artículo siete de la Ley Orgánica 1/2004, de 28 de diciembre, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género”. (LOE, 2006)

             - Formación permanente do profesorado de centros públicos: será tarefa das Administracións educativas as de planificar as actividades de formación destinadas ó profesorado, tendo en conta que deben ser gratuítas e contar cunha oferta diversificada.

            E o derradeiro capítulo IV céntrase no recoñecemento, apoio e valoración do profesorado que abarca todas aquelas accións que deben vir, en gran medida, propostas polas administracións educativas as cales axuden e apoien ó profesorado e se aseguren de que reciban o trato axeitado á vez que se respecte e valore o seu traballo. Recollo as accións que deben realizar as Administracións educativas con respecto ó profesorado dos centros públicos co obxectivo de que sirvan de punto de comparación co establecido pola LOMCE:

            “a) El reconocimiento de la función tutorial, mediante los oportunos incentivos profesionales y económicos.

            b) El reconocimiento de la labor del profesorado, atendiendo a su especial dedicación al centro y a la implantación de planes que supongan innovación educativa, por medio de los incentivos económicos y profesionales correspondientes.

            c) El reconocimiento del trabajo de los profesores que impartan clases de su materia en una lengua extranjera en los centros bilingües.

            d) El desarrollo de licencias retribuidas, de acuerdo con las condiciones y requisitos que establezcan, con el fin de estimular la realización de actividades de formación y de investigación e innovación educativas que reviertan en beneficio directo del propio sistema educativo.

            e) La reducción de jornada lectiva de aquellos profesores mayores de 55 años que lo soliciten, con la correspondiente disminución proporcional de las retribuciones. Podrán, asimismo, favorecer la sustitución parcial de la jornada lectiva por actividades de otra naturaleza sin reducción de sus retribuciones”.

                                                                                                                                                     (LOE, 2006)

3) Análise da LOMCE: Consecuencias para o profesorado

            A Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa é unha proposta de reforma da LOE, anteriormente comentada. O Proxecto de Lei foi presentado o 17 de Maio de 2013 polo ministro de Educación, Cultura e Deporte José Ignacio Wert, sen embargo realizáronse certas modificacións ata a actualidade. O 10 de Outubro de 2013 foi aprobada no Congreso dos deputados (unicamente cos votos do Partido Popular), co cal o seguinte paso é que sexa aprobada polo Senado, pero de momento, isto aínda non sucedeu.

            Tratando de indagar as posibles modificacións que pode realizar a LOMCE no que respecta ó profesorado atópome con que aparentemente non se realiza ningunha modificación no que respecta a este apartado.

            Sen embargo, de maneira indirecta son varias as modificacións que establece a LOMCE e que afectan ó profesorado, como por exemplo as seguintes:

1- Emprego das TIC (artigo 111 bis): necesidade de formación do profesorado nas novas tecnoloxías porque senón non poderán atender ás esixencias establecidas.

            “El Ministerio de Educación, Cultura y Deporte elaborará, previa consulta a las Comunidades Autónomas, un marco común de referencia de competencia digital docente que oriente la formación permanente del profesorado y facilite el desarrollo de una cultura digital en el aula.”

2- Un ERE na función docente: moitos profesores serán despedidos. Debido á supresión de algunhas asignaturas como poden ser as ensinanzas artísticas, cultura clásica ou ciencias do mundo contemporáneo.

3- Non se cubrirán todas as xubilacións: So se cubrirán algunhas das vacantes.

4- Aumento das horas lectivas: nas materias establecidas como troncais como poden ser as Matemáticas ou as Ciencias á vez que diminúen noutras materias como Música ou Filosofía.

5- Aumento da ratio de alumnos por profesor: clases máis numerosas o que implica que os profesores non poderán darlle unha atención máis personalizada ós alumnos.

6- Traslados do persoal docente: se non son necesarios nun centro serán trasladados a outro onde se demanden os seus servizos. Isto conleva que o profesorado non poderá asentarse en ningún lugar en concreto e prexudica sobre todo, ós docentes con cargas familiares.

            “Las Administraciones educativas podrán trasladar al personal funcionario a centros educativos distintos al de su destino, de manera motivada y respetando sus retribuciones y condiciones esenciales de trabajo, modificando, en su caso, la adscripción de los puestos de trabajo de los que sean titulares”.

7- Contratación de expertos con dominio de linguas estranxeiras (Disposición adicional trixésima sétima): O que conlevará que á hora de contratar un profesor se lle teña en conta o seu dominio nunha lingua estranxeira e isto poida condicionar positiva ou negativamente a súa contratación. Sairalles máis rentable contratar a un docente que xa conte coa formación que buscan.

            “Para cada curso escolar, las Administraciones educativas podrán excepcionalmente, mientras exista insuficiencia de personal docente con competencias lingüísticas suficientes, incorporar expertos con dominio de lenguas extranjeras, nacionales o extranjeros, como profesores en programas bilingües o plurilingües, atendiendo a las necesidades de programación de la enseñanza para el desarrollo del plurilingüismo a que se refiere la disposición final novena de esta ley orgánica”.

8- Falta de confianza no profesorado. A realización de probas externas por profesionais alleos é indirectamente, unha mostra da falta de confianza que hai na capacidade avaliadora do profesorado, á vez que supón unha maneira de control da súa labor. De xeito que as chamadas “reválidas” que deben facer os alumnos/as en 6º de Primaria, 3º e 4º da ESO e ó rematar ó Bacharelato serán realizadas por avaliadores externos.

            “La realización material de las pruebas corresponde a las Administraciones educativas competentes. Las pruebas serán aplicadas y calificadas por profesorado de la función pública docente externo al centro”.

9- Dereito por parte de dirección para escoller ó profesorado (artigo 121): isto quere dicir que o director pode elixir se un profesor da clase no seu centro ou non.

                “El titular del centro junto con el director procederá a la selección del personal, de acuerdo con los criterios de selección que tenga establecidos el Consejo Escolar del centro”.

10- Plena autonomía do director: para levar a cabo as chamadas “accións destinadas a fomentar a calidade dos centros docentes” (Artigo 122 bis) como por exemplo:

            “a) Establecer requisitos y méritos específicos para los puestos ofertados de personal funcionario docente, así como para la ocupación de puestos en interinidad”.

11- Profesorado contratado para dar materias para as cales non está formado especificamente: ante a demanda dun profesor en moitos casos acaba cubrindo ese posto un docente que non ten esa formación en concreto. Isto coñécese como “profe para todo”.

            “Nueva disposición transitoria […] las Administraciones educativas, por necesidades de servicio o funcionales, puedan asignar el desempeño de funciones en una etapa o, en su caso, enseñanzas distintas de las asignadas a su cuerpo con carácter general, al personal funcionario”.

12- Competencia entre centros, profesionais e alumnos:

Na Loe, no artigo 140 establécese que:

            “La finalidad establecida en el apartado anterior no podrá amparar que los resultados de las evaluaciones del sistema educativo, independientemente del ámbito territorial estatal o autonómico en el que se apliquen, puedan ser utilizados para valoraciones individuales de los alumnos o para establecer clasificaciones de los centros”.

Mentres que na LOMCE no artigo 147:

            “Los resultados de las evaluaciones que realicen las Administraciones educativas serán puestos en conocimiento de la comunidad educativa mediante indicadores comunes para todos los centros docentes españoles”

            Se se permiten publicar os resultados destas avaliacións isto vai fomentar a competitividade, e incluso, moitos centros, sobre todo privados e concertados, poderán xogar cos resultados para promocionar a súa institución como a mellor, (100% aprobados nas “reválidas”).

4) Reflexión persoal

            A primeira vista, tanto a LOE como a LOMCE teñen obxectivos compartidos, os cales recollo no seguinte cadro de maneira resumida, de xeito que se poden ver destacados estes puntos en común.

 

                                  LOE vs LOMCE

Fonte: elaboración propia a partir dos documento oficiais publicados no BOE da LOE e da LOMCE (enlaces recollidos na webgrafía).

            Sen embargo son leis que xa dende un principio non son comparables. No que respecta á forma de presentación vemos que ambos documentos son diferentes. A Loe está estrurada en títulos, capítulos e artigos resultando bastante sinxelo o seu manexo, mentres que a LOMCE  é un artigo único e a súa lectura é un tanto tediosa, sobre todo resulta máis complexo se se quere buscar algo en concreto.

            Unha pregunta inevitable é por que non se lle dedica un apartado específico na LOMCE ós profesores? A razón de que non se modifica nada non é válida, porque se ve que non é así.

            Unha posible hipótese é que non mostrando nun apartado específico das modificacións que vai ter pode ser unha maneira moi sutil de intentar “despistar” ou incluso facer crer que nada vai cambiar na súa situación. Quizais así se aforren as queixas e protestas deste colectivo.

            Sen embargo, penso que de pouco lles vale que os subestimen desta maneira porque son profesionais e teñen a capacidade suficiente para analizar a súa situación e todo o que establece a reforma, e decatarse de que si hai cousas que van cambiar e peor aínda, a prexudicar.

 

                                           Profesor tirando das leis

 

            Como ben se mostra na imaxe, os que de verdade teñen que aplicar todos os cambios establecidos nas leis é o profesorado, cando este colectivo xa ten unha labor realmente difícil. Esta dificultade increméntase máis cos continuos cambios de leis educativas e sobre todo, cando estas establecen aspectos que os perxudican.

            O profesor da imaxe intenta tirar das leis educativas e o que pretende é poder chegar ós seus alumnos, pero cos continuos cambios que se producen, todo se lle fai moi costa arriba.

            Por outra banda, aínda non foi aprobada e a LOMCE xa incumpriu un dos principios que defende, xa que non contou coa participación nin co consenso de todos os axentes implicados cando precisamente establece o seu dereito a facelo.

            “Esta ley orgánica es el resultado de un diálogo abierto y sincero, que busca el consenso, enriquecido con las aportaciones de toda la comunidad educativa”.                                                                             (LOMCE, exposición de motivos V)

            A interpretación que dou é que é unha lei que busca eliminar todo o que teña que ver coa LOGSE OU LOE e que o Partido Popular sente a necesidade de elaborar a súa lei educativa propia. Realmente é unha lei creada para mellorar a calidade da educación ou só é unha estratexia do partido que se atopa no goberno para mostrar a súa hexemonía política?

            Nada máis hai que ver o gran número de protestas que se están sucedendo en contra da mesma e sen embargo nada ou case nada fan para ter en conta esas queixas. Eles simplemente teñen a vantaxe de gozar da maioría absoluta.

            E xa por último, quero concluír cunha idea: como vai a cumprir a LOMCE o seu tan ansiado obxectivo de mellorar a calidade na educación,  se é unha lei que foi elaborada sen consultar ós colectivos que estaban directamente implicados, que o único que ten en mente son as ideas de competitividade, desigualdade, privatización, beneficios, etc pero que carece de pensamento pedagóxico?

            Como vai funcionar unha lei que se ampara na maioría absoluta, e non ten apoio de ningún partido da oposición? Unha lei que perde o que podería ter de razón porque lle fallan as formas e sobre todo pola súa total falta de consenso?

             

5) Webgrafía empregada:

http://lomceanalizada.tumblr.com/ (Consultada o 27 de outubro de 2013)

http://soypublica.wordpress.com/2012/10/08/lo-que-esconde-la-lomce-analisis-del-anteproyecto-de-ley-de-educacion/ (Consultada o 27 de outubro de 2013)

http://ustea.es/sites/default/files/LOMCE.pdf (Consultada o 25 de outubro de 2013)

http://www.anticapitalistas.org/spip.php?article27505 (Consultada o 27 de outubro de 2013)

http://www.boe.es/boe/dias/2006/05/04/pdfs/A17158-17207.pdf (Consultada o 23 de outubro de 2013)

http://www.escuela20.com/locme-ley-organica/articulos-y-actualidad/lomce-la-reforma-educativa-de-wert_2972_42_4465_0_1_in.html (Consultada o 25 de outubro de 2013)

http://www.e-torredebabel.com/leyes/LOE/LOE-Titulo-III-Profesorado.htm (Consultada o 23 de outubro de 2013)

http://www.fundacionideas.es/sites/default/files/AO_Marta_Vallejo_Aparici_11-12-2012.pdf (Consultada o 27 de outubro de 2013)

http://www.lavanguardia.com/politica/20131010/54390851723/congreso-aprueba-lomce-solo-votos-pp.html (Consultada o 24 de outubro de 2013)

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/dms/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/participacion-publica/lomce/20130517-aprobacion-proyecto-de-ley.pdf (Consultada o 23 de outubro de 2013)

http://www.notisdeprofes.com/la%20LOMCE%20legalizara%20el%20profe%20para%20todo.html (Consultada o 28 de outubro de 2013)

http://www.redeseducacion.net/articulos/Materiales/Lomce/COMPARACI%C3%93N%20LOE%20LOMCE%20DIFERENCIAS.pdf  (Consultada o 28 de outubro de 2013)

http://www.zoomnews.es/112756/analisis-y-blogs/analisis-y-opinion/lomce-es-ademas-ley-profesorado (Consultada o 29 de outubro de 2013)

https://www.yoestudieenlapublica.org/descargas/22articuloConsecuenciasLOMCE.pdf (Consultada o 28 de outubro de 2013)