PRÁCTICA 3: LOE VS. LOMCE


PRÁCTICA 3: LOE VS. LOMCE

 

Na presente práctica, imos realizar unha análise e posterior comparación da Lei Orgánica de Educación (LOE, 2006) actualmente vixente e da Lei Orgánica da Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) debido á súa aprobación e próxima implantación.

A Lei Orgánica de Educación (LOE)  é a actual lei orgánica estatal que regula as ensinanzas educativas en España, entrada en vigor o 3 de maio do ano 2006 e levada a cabo polo goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero. Sen embargo, na actualidade realizouse unha proposta de reforma da LOE, a pesar da masiva oposición, denominada Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) que foi presentada o 17 de maio do 2013 polo ministro de Educación, Cultura e Deporte do goberno popular, José Ignacio Wert.

Á hora de analizalas, ambas leis se dividen en varios títulos e cada un destes inclúe diversos artigos, pero, reparamos en que a LOMCE carece dos mesmos apartados ca anterior lei. Isto pódese explicar debido a que a LOMCE aparece definida coma “unha modificación da LOE” e polo tanto haberá aspectos que non son modificados.

No tocante ao que nesta materia nos concirne, coma é ao tratamento do profesorado nesta lexislación, decatámonos de que na LOMCE non existe un título dedicado aos docentes. Polo tanto as modificacións e cambios que afectarán a estes profesionais non son directas e aparecerán de maneira implícita no resto de artigos da Lei.

Así, para atopar e cavilar sobre esas modificacións que influirán na figura docente, repararemos a partir do que inclúe o Título III correspondente ao profesorado da LOE, en que aspectos se verán modificados na LOMCE.

Leis educativas.

Aquelas medidas que promulga esta lei e que consideramos que máis van repercutir sobre a labor do profesorado son as seguintes:

  • A dirección do centro adquire maior poder tendo a capacidade de elexir ao profesorado (art.121).

“El director del centro dispondrá de autonomía para adaptar los recursos humanos a las necesidades derivadas de los mismos. A tal efecto, dispondrá de las siguientes facultades…”

            Este artigo concede plena autonomía aos directores para que elixan ao profesorado que consideren “oportuno” para o seu centro educativo, polo que se atenta contra a adscrición das plazas. Ata agora, os docentes tiñan que pasar un concurso de oposición para poder impartir clase, pero coa LOMCE ademais dese proceso selectivo será o director quen terá a capacidade de elixir que profesores conformarán a plantilla docente do centro que xestiona.

  • Avaliación externa: non se confia na capacidade evaluadora dos docentes xa que se aumentan as probas externas co obxectivo de controlar a labor do profesorado.

Este aspecto aparece indicado no art. 144 “Avaliacións individualizadas” da seguinte maneira:

“La realización material de las pruebas corresponde a las Administraciones educativas competentes. Las pruebas serán aplicadas y calificadas por profesorado de la función pública docente externo al centro”.

Este sistema de avaliación centralizado no Goberno, suporá que se realizarán as mesmas probas de avaliación para todos os centros educativos quedando así a figura docente menosprezada e infravalorada. Ademais neste senso, esta avaliación ten un carácter reduccionista xa que a avaliación externa non é suficientemente válida para avaliar os resultados dos alumnos xa que non se ten en conta o seu proceso nin situación individual.

  • Fomento e uso das TIC, como aparece recollido no art. 111:

        “El Ministerio de Educación, Cultura y Deporte elaborará, previa consulta a las Comunidades Autónomas, un marco común de referencia de competencia digital docente que oriente la formación permanente del profesorado y facilite el desarrollo de una cultura digital en el aula.”

Existe polo tanto unha crecente necesidade de traballar en prol da formación dos docentes nas novas tecnoloxías xa que as novas características da sociedade provocan que o profesorado ten que actualizarse e adaptarse ás demandas das novas xeracións.

  • Redúcense as horas lectivas de áreas e materias específicas necesarias para o desenvolvemento da persoa e auméntanse as das instrumentais. Sendo afectadas notablemente as materias de Tecnoloxía, Ciencias do Mundo Contemporáneo, Cultura Clásica, materias artísticas e Educación para a Cidadanía.

Na exposición de motivos da LOMCE, concretamente no apartado IX, se recolle textualmente: “La racionalización de la oferta educativa, reforzando en todas las etapas el aprendizaje de materias troncales que contribuyan a la adquisición de las competencias fundamentales para el desarrollo académico de los alumnos, es otro objetivo básico de la reforma.”

A redución do número de horas lectivas nas materias citadas xera un profundo malestar nos docentes que imparten ditas materias, xa que isto vai supor que ditos profesores ademais de impartir a materia propia da súa especialidade, terán que dar ademais outras materias, das cales non teñen os coñecementos necesarios, para completar o número de horas lectivas que deben completar á semana. É dicir, un profesor que imparte a materia de tecnoloxía o mellor ten que dar clase de matemáticas sen ter unha formación específica neste ámbito de coñecemento, e isto é algo que perxudica notablemente a súa labor como docente, e á vez, afecta tamén á calidade da ensinanza.

  • Redúcese a inversión educativa, xa que a lei establece que o obxectivo fundamental da reforma é mellorar a calidade educativa, entendida esta en relación cos resultados dos estudantes e non se valoran os niveis de inversión en educación, nin ao profesorado nin aos centros educativos.

       En relación ao anterior na lei explicítase o seguinte: “La finalización de un ciclo económico expansivo y sus inevitables consecuencias presupuestarias no pueden ser una coartada para eludir las necesarias reformas de nuestro sistema educativo”.

Porén, a lei ten como obxectivo primordial conseguir que os estudantes alcancen bos resultados académicos e que estes sexan equiparables aos resultados obtidos noutros países, pero para iso non se repara nos recursos que son necesarios para conseguir dito obxectivo, e de feito, medidas como o despido dos profesores ou a redución da inversión en educación impedirían que se desenvolvera unha educación de calidade e que se chegase a alcanzar o obxectivo que dita lei propón.

  • Posibilítase a opción de impartir materias diferentes á que o profesor ten dirixida a súa praza.

“Nueva disposición transitoria [...] las Administraciones educativas, por necesidades de servicio o funcionales, puedan asignar el desempeño de funciones en una etapa o, en su caso, enseñanzas distintas de las asignadas a su cuerpo con carácter geneal, al personal funcionario.”

Esta medida parécenos aberrante e incoherente xa que os profesores terán que impartir materias das que non son especialistas e polo tanto non saberán transmitir nin ensinar os contidos determinados. Así crearase un clima de inestabilidade e crecerán os sentimentos de desmotivación do profesorado xa que non se verán capaces de afrontar os desafíos e dificultades que lle supón impartir novas e descoñecidas materias para eles. Isto sen dúbida vai ser un claro detonante para a decadencia da ensinanza xa que o alumnado contará con materias nas que os seus docentes non coñecen os contidos que lle deben ensinar.

  • Permite a mobilidade e os traslados forzosos do persoal funcionario e docente dos centros educativos.

“Nueva  disposición  transitoria  […]  las  Administraciones  educativas  podrán  trasladar  al personal funcionario a centros educativos distintos al de su destino, de manera motivada y respetando sus retribuciones y condiciones esenciales de trabajo, modificando, en su caso, la adscripción de los puestos de trabajo de los que sean titulares.”

  • Impón a competencia entre os centros e os docentes, xa que se farán públicos os resultados das avaliacións externas.

    No artigo 140 da LOE, indícase que os resultados das avaliacións non poden ser utilizados para valoracións individuais do alumnado ou para establecer clasificacións dos centros.

Sen embargo, no artigo 147 da LOMCE indica textualmente:

“Los resultados de las evaluaciones que realicen las Administraciones educativas serán puestos en conocimiento de la comunidad educativa mediante indicadores comunes para todos los centros docentes españoles, sin identificación de datos de carácter personal y previa consideración de los factores socioeconómicos y socioculturales del contexto.”

Porén, clasificar os centros educativos en función dos resultados obtidos vai xerar un clima de competitividade entre os distintos centros docentes coa finalidade de conseguir ocupar as primeiras posicións e ser os mellor valorados, xa que así terán unha maior demanda, debido a que os pais escollerán estes centros, posto que a “calidade” da ensinanza nos mesmos sería “mellor” que nos centros que acaden peores resultados. Pero, esta clasificación que se fai en función de probas externas aos centros,  non ten en conta determinados factores como o contexto no que se sitúa dito centro educativo, e que sen dúbida, aínda que non se teñan en conta ditas variables si que inflúen notablemente nos resultados obtidos.

  • Ampliación da ratio das aulas, aumentando esta nun 10%.

Como reflicte o art. 57:

“Asimismo, podrán autorizar un incremento de hasta un diez por ciento del número máximo de alumnos por aula en los centros públicos y privados concertados de una misma área de escolarización, bien para atender necesidades inmediatas de escolarización del alumnado de incorporación tardía, o bien que vengan motivadas por traslado de la unidad familiar en período de escolarización extraordinaria debido a la movilidad forzosa de cualquiera de los padres o tutores legales.”

Isto traerá coma consecuencia un deterioro na calidade da educación debido á saturación das aulas. Esta medida tamén fomentará a redución de docentes eliminando algúns postos de traballo. Todo isto no seu conxunto propiciará consecuencias coma o deterioro da calidade docente e polo tanto tamén da educación xa que o profesorado estará máis desmotivado e por conseguinte o seu alumnado tamén se verá influenciado.

    Consecuencias LOMCE.

Coma conclusión, a pesar de que na LOE se recolle un apartado destinado ao recoñecemento, apoio e valoración do profesorado que aparentemente se mantén intacto na LOMCE, tras a revisión de ambos documentos, reparamos en que son numerosos os aspectos que de maneira implícita modifican a figura docente e as súas condicións de traballo.

Comprobamos que a figura docente non ten a consideración que debería, senón que polo contrario, continuase atacando a labor dos profesores ao tempo que se lles complican as condicións para impartir as ensinanzas, aspecto que repercutiría na perda de calidade do ensino e polo tanto, do noso sistema educativo.

A implantación e novamente cambio na lexislación educativa pon de manifesto que as decisións que realiza o Goberno sobre o sistema educativo, son todas políticas en lugar de tomarse decisións educativas. Isto ocorre porque priman os ideais políticos dos grupos do poder provocando cambios e modificacións continuas que rematan nun deterioro do sistema educativo e da súa calidade. Xa que coa entrada dun novo grupo no poder, rexeitase automaticamente a lexislación anterior e promúlgase unha nova lei, que esconde os intereses e ideoloxías políticas dun determinado partido político, e coma consecuencia aparecen numerosas repercusións nefastas para as condicións de traballo dos docentes, en particular, e para a ensinanza, en xeral.

 

Xa para rematar, gustaríanos compartir con vós un artigo que atopamos sobre o anteriormente tratado e que nos parece que resume moi ben as consideracións que ten a LOMCE respecto á figura docente.

LOMCE unhna lei contra o profesorado

http://www.stecyl.es/opinion/2013/131004_LOMCE_una_ley_contra_profesorado.jpg 


Webgrafía:

http://www.boe.es/boe/dias/2006/05/04/pdfs/A17158-17207.pdf [Consultada o 23/10/2013]

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/dms/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/participacion-publica/lomce/20130517-aprobacion-proyecto-de-ley.pdf [Consultada o 23/10/2013]

http://www.fe.ccoo.es/comunes/recursos/25/1476431-Ver_Estudio.pdf [Consultada o 23/10/2013]

http://ustea.es/sites/default/files/LOMCE.pdf [Consultada o 23/10/2013]

http://www.stecyl.es/opinion/2013/131004_LOMCE_una_ley_contra_profesorado.jpg [Consultada o 23/10/2013]



Bárbara Márquez Vilela

Nuria Pazos Hermida

Silvia Piñeiro Suárez

Silvia Puga Castro