**Diario de mércores, 30 de outubro**

Diario sesión **mércores, 30 de outubro**

Nesta sesión vaise levar a cabo o debate do documento “Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría” de Jesús Domingo Segovia, que se vai tratar a través da técnica acuario.

Primeiramente cabe describir en que consiste a técnica acuario, que poderíamos dicir que é unha técnica de dinámica de grupos, tamén chamada da cáscara de cebola, que trata por unha banda, de favorecer e facilitar a expresión de puntos de vista, así como a intervención democrática e, por outra banda, favorecer o diálogo e a discusión informada. Esta técnica implica a creación dun círculo interno (denominados as veces como “peixes” que ten a misión de presentar e ver que cuestións emerxen da lectura do texto) e un círculo externo (denominado “tiburóns”, que ten a misión de plantexar as cuestións que lles parecen oportunas, así como observar a intervención do outro círculo), o que os caracteriza cunha determinada responsabilidade nesta actividade. As restantes persoas implicadas e presentes na aula realizaron a función de observadores, de escoita activa e de reflexión.

A partir de aí, duns e doutros campos, xurdiron investigadores como persoas que comezaron a traballar e escribir sobre este terreo, da organización escolar. Unha destas persoas é o autor deste documento do que tratamos nesta sesión, Jesús Domingo, que traballou con diferentes profesionais do ámbito educativo en centros educativos situados en zonas marxinais e de risco.

Esta técnica foi comezada polos comentarios do círculo interno, comezando pola finalidade do texto, de que trata?, destacando a figura do asesor no centro, xa que no texto aparece explicitamente que o autor menciona os novos plantexamentos sobre a necesidade de que o profesorado tome as súas autodecisións, favorecendo que éstes sexan quen de solucionar os seus propios problemas.

Seguidamente, xurdiu a idea da aparición de comunidades educativas e comunidades comprometidas, cal é o termo máis amplo e que suxiren. No texto, Domingo fala de comunidades de aprendizaxe neste ámbito.

En canto ós sistemas de apoio, xorde a idea de se poden ser o factor que axuda á comunidade educativa. No texto, o autor explica que son o sumo de facilitadores de aprendizaxe, pero tamén fala de guías, non son a figura clave, pero facilitan e potencian a institución e os profesionais.

O autor diferenza tamén entre asesoría e apoio, onde denomina asesoría como un termo relacionado coas comunidades de aprendizaxe, como unha guía de proceso. Sen embargo o apoio, fai referencia a algo máis cotiá.

No artigo 2, o autor menciona o cambio e os servizos de apoio, onde estes últimos fóronse axustando os seus obxectivos en base a transformación e mellora nos centros, onde se implica a toda a comunidade (consecuencias do traballo profesional, necesidades da institución, reflexionar sobre os seus principios, ética, etc.). Moi ligado a isto aparece a importancia da institucionalización, onde se debe ter en conta as súas propias características, ideoloxía, etc. de maneira que se busque a solución as mesmas.

Na mesma liña, aparece a idea da administración pública como a base dende a que parten todas as accións asesoras.

O autor tamén fai referencia a que facemos? E hacia onde vamos os asesores? onde aparecen diferentes fins e finalidades da asesoría, as súas prácticas e necesidades nas institucións educativas. Preme especial importancia neste primeiro caso, a comunicación bidireccional entre os diferentes axentes da comunidade, que serán necesarias para non realizar prácticas superficiais. Faise mención tamén ós servizos de orientación como servizos con moitos anos de existencia, pero con pouco efecto sobre o que interveñen. Neste caso, as compañeiras que forman parte do círculo interno, explican que isto xorde na liña do comentado anteriormente, na falta de relacións, reticencia entre os diferentes profesionais da institución para facer máis frutífera a intervención, na dificultade para establecer cambios nos seus modelos pedagóxicos, na formación, etc.

Con referencia hacia onde debemos ir, debemos ter claro primeiramente quenes somos e hacia onde queremos ir, é dicir, os nosos obxectivos. Toma especial relevancia de novo a comunicación, a relación dos profesionais, a mellora da educación baseada no consenso, diálogo, etc. Outro obxectivo neste caso é que o profesorado se implique para favorecer o cambio e que a finalidade asesora colla realidade e finalidade. A misión deberá ser a triangulación de modelos no asesoramento, xa que como remarca o autor e as compañeiras, é moi difícil atopar un modelo clarificado neste sentido. Relacionado con isto, faise referencia á importancia do modelo externo e o modelo interno do asesoramento, pois ambas teñen a súa especial relevancia na estratexia da intervención.

Un aspecto a destacar nesta exposición do círculo interno, foi o termo “oportunistas estratéxicos”, onde as compañeiras fixeron referencia a que se refería o autor con iso? Seremos nas nosas funcións oportunistas? A nosa labor fai referencia á toma de estratexias básicas para intervir? Non aparece claro este aspecto no texto que da lugar a diferentes pensamentos e conclusións, interpretacións diversas que podemos ter segundo os nosos coñecementos.

Aparecen tamén referencias os modelos e clasificacións do asesoramento, a súa importancia, implicación, epistemoloxía, etc. que como asesores é importante saber e coñecer o centro de cada un deles, recoller aspectos relevantes e poder combinar ambos como se mencionaba anteriormente, dando lugar á triangulación de modelos e formas de intervención que enriquecerá o proceso da orientación.

O seguinte aspecto a tratar foi a figura do asesor, onde aparece outro aspecto e metáfora que recolle o autor con referencia á isto, como é o de “colega técnico”, que complementa o anterior termo de “oportunista estratéxico”. En relación a isto, as compañeiras fixeron referencia á multitude de responsabilidades e labores que debe desempeñar o asesor fronte a unha institución, e a incapacidade da nosa formación para as diferentes pautas que debemos establecer no asesoramento, afrontar estes retos e outros, fainos recabar en como se fai e hacia onde vamos os asesores.

A súa capacitación técnica e formación de base, é necesario e primordial para desempeñar a súa labor, sobre todo, en aspectos recollidos polo autor e que as nosas compañeiras remarcaron, como a seducción, perseverancia, lograr unha implicación plena e consenso dos diferentes profesionais, etc.

En canto a súa ampliación de tarefas, nos distintos niveles de acción os que fai referencia Domingo e en relación ó anterior, as prácticas asesoras presentan na actualidade unha pretensión de ampliación de escenarios, no cal as compañeiras fixeron referencia á necesidade de potenciar o número de asesores, e non a consideración que fai o autor de ampliar os seus horizontes e labores, que xa son suficientes, pois existe unha multiplicidade de funcións que fan que o seu perfil profesional sexa moi amplo e diverso.

Para rematar este debate e exposición do texto por parte do círculo interno, fixéronse unhas cuestións para reflexionar co resto da clase, tales como que necesitariamos para constituír as comunidades de aprendizaxe? Que papel e funcións corresponden o asesor para acadar a calidade educativa? Na nova reforma educativa que estamos a vivir é efectivo os cambios realizados para o asesoramento, no que desaparecen os consensos e aparecen as decisións tomadas unilateralmente, as avaliacións externas primarán sobre todo,…? Que facer cando todo falla e non existe implicación para colaborar?, etc.

Para contestar a estas cuestións, o círculo externo comezou establecendo e plantexando algunhas cuestións, como cales son os puntos clave ou cales poden ser para cambiar e mellorar os procesos de asesoramento por parte da administración? Cal é o acceso ós departamento de orientación? Cal é a súa visualidade?..., recálcanse para contestar a esta cuestión o compromiso e a flexibilidade, e que ambas finalizan cunha colaboración, o que leva a outras diferentes cuestións como por que non existe unha clara colaboración? Por que existe unha guerra entre cooperar e tomar decisións? Todo isto pode levarnos a pensar que fai falta unha formación previa e da misión que a sociedade outorga ao sistema educativo, porque realmente estamos tan mal en este aspecto? Sobre este tema “choca” a importancia de coñecer as pautas para a labor asesora no sistema educativo, pero tendo sempre en conta a súa contextualización que fará que cada asesoramento sexa particular. Temos que ser conscientes de cales son as circunstancias onde se desenvolve a nosa actividade, na cal a administración educativa ten a finalidade de colaborar e axudar, pero en función do lugar que ocupemos e tendo en conta a visión xerárquica do noso traballo, que ten que ver con todos eses elementos dun contexto delimitado.

En base a isto, suxeriuse que entre todos tal e como mostra Hopkins (2007) no documento, faise necesario facer dunha escola unha gran escola, é dicir, posicionarse nunha actitude optimista para o cambio da escola, partindo dunha relación de igual a igual.

O que podemos concluír disto é que cada profesional tanto sexa da educación como de outra rama, vai construíndo cadansúa “mochila” que enriquece e enche as súas andanzas e coñecementos que vai creando na súa labor profesional. O importante nestas andanzas é rexistrar todas estas historias, cunhas ferramentas diversas como unha especie de blog ou diario no que constatar así as ideas formando os nosos estudios de caso, que nalgún día futuro nos sirva como elemento para dar a coñecer os demais a realidade que nos integra, xa que o descoñecemento fai que non sexamos tan profesionais, pois o que caracteriza a figura do profesional é o proceso constante baseado en actuacións seguras do profesional que debe actuar permanentemente “sabendo e aprendendo”. Unha pauta clara que nos pode axudar no noso futuro, é a lexislación que abarca o noso traballo e que nos axudará a dar os primeiros pasos na intervención. Ben certo é que a lexislación abarca as funcións dos diferentes profesionais e, neste caso, do profesional da orientación, aínda que moitas veces a normativa deixa un baleiro legal, un baleiro “de fondo” que denota que a través da mesma non somos capaces de identificar claramente os pasos para a nosa intervención, pois na maioría dos casos débese complementar e apoiar con outras prácticas existentes (investigacións, estudos de casos, etc.) que nos axuden a establecer un camiño claro polo cal seguir e redireccionar as nosas actuacións.

Outro aspecto engadido neste sentido, foi o descordo dalgúns compañeiros de por que na súa elaboración lexislativa non aparecen os asesores como compoñentes que realizan a elaboración e creación da base lexislativa. Esta é unha condición “sine qua non” para que sexa frutífera unha lei, e máis, no campo educativo, na que precisa de ser vivido e traballado para poder plasmar a realidade educativa pois vivimos nun constante cambio da sociedade que afecta directamente a este ámbito e os diferentes axentes que o compoñen, primordialmente o alumnado, que neste caso é o máis afectado directamente.