Aportacións do texto "Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría" de Domingo Segovia mediante a técnica acuario

             Nesta entrada tratarei recoller as ideas afloradas na clase do mércores 30 de outubro, na cal traballamos coa técnica acuario (explicada na entrada anterior) sobre o texto de Domingo Segovia, J. Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría; ademais de acercarme as dubidas que emerxeron durante a sesión  e as miñas propias, tanto sobre a sesión como sobre a lectura do artigo.

            O círculo interno, formado polo grupo de traballo “Las cuatro en punto”, situáronse no “centro” da aula en “círculo” a pesar de que a disposición fixa das mesas da aula non beneficiaba esta disposición. O círculo externo de observadores estaba composto por Hugo, Alma e Lara, coa obriga de enriquecer e cuestionar ó círculo interno. O grupo externo – externo, o cal estaba composto polo resto de alumnos (eu pertencía a este grupo), coa tarefa de, unha vez que participaran os dous grupos anteriores, plantexaramos as cuestións que nos pareceran interesantes, oportunas. Todos os participantes, independentemente do grupo o que pertenceramos, a actividade requiría dunha escoita activa e reflexiva, ademais dunha lectura en profundidade previamente.

            O círculo interior (os peixes), comezaron explicándonos como ían levar a cabo a tarefa: primeiro un resumo do artigo e logo tocar os puntos que lles pareceron mais interesantes e afondando neles, ademais de mostrarnos as cuestións que lles emerxeron durante o traballo no afondamento no tema; cuestións que abriron un gran debate. Dicir que, segundo o meu parecer, os peixes fixeron un traballo brillante, xa que foron desmenuzando cada un dos puntos, que baixo o meu punto de vista, eran os mais controvertidos do artigo: as comunidades de aprendizaxe para  mellorar a calidade dos centros educativos e a capacidade do profesorado,  clasificación dos modelos, os estilo de actuación do asesor/a,  o modelos colaborativo e o proceso deste...entre outras.

             Coma xa dixen, o traballo, a lectura feita polo círculo interno, pareceume moi boa, pois a exposición foi moi clara e ampla e con un fío condutor moi claro durante todo a actividade. A continuación recollo parte das aportacións dos peixes que me pareceron moi interesantes e relevantes para a miña futura labor profesional.

            A primeira cuestión que suscitou Cristina, una integrante do grupo dos peixes, foi que se, como afirma Domingo, a labor do asesor é  capacitar os centros para solucionar por si sos os seus problemas, unha vez que se acade este obxectivo, desaparecerá o asesor?. Outra compañeira do grupo, Lucía, respondíalle que non, argumentando que o asesor existirá sempre, xa que acompaña o centro, o profesorado en todo o proceso para axudar noutras dúbidas que lle aparezan. Exemplificouse, dicíndolle que os profesores tamén capacitan os alumnos para futuras labores, pero aínda así acompáñanos durante o procesos sempre.

            Outra idea que destacou o  grupo de peces foi a necesidade que hai de crear comunidades de aprendizaxe comprometidas, as cales son distintas da comunidades educativas, xa que estas engloban todo o que rodea a educación, pero  isto non quere dicir que sexan comprometidas; pola contra Domingo, refírese as comunidades de aprendizaxe comprometidas como lugares onde se atopan as auto – solucións e propostas e, dende elas, tómanse decisións, sobre todo para desenvolver capacidade e compromisos.

            Defenderon novamente, que a principal labor da asesoría era a capacitación ó resto dos profesionais para a mellora da calidade da educación. Defenderon ademais que, un asesor é un axente de apoio pero que non todos os axentes de apoio eran asesores, xa que hai profesionais que de maneira puntual acoden a outros profesionais. Polo que, diferenciaron entre asesoría e apoio; argumentando que o primeiro deles era entendido como un proceso, mentres que o segundo deles era desempeñado polo departamento de orientación e que se trataba dunha acción puntual. Esta diferenciación non me convence moito, xa que, baixo o meu punto de vista, o departamento de orientación non traballa so desta maneira, con carácter terapéutico, se non que, aínda que polo menos en algúns casos, traballa de maneira continua e preventiva; ou aló menos así creo que debería de ser.

            Segundo Domingo, os sistemas de apoio integrados son para a mellora da calidade da ensinanza, para que exista unha auténtica mellora deberíase de coñecer o entorno, coñecerse a si mesmos, xa que, dependendo das características deste solucionaranse os problemas dunha maneira ou de outra. Unha das persoas do círculo interno daquela preguntáronse se as administracións teñen en contan as características de cada centro; outra compañeira do grupo respondeu que non, idea que comparto, xa que, a lexislación é uniforme para toda a comunidade.

            Citouse unha reflexión  moi importante do autor (páxina 67), da que destaco:  hoxe sábese  que non chega con crear espazos, tempos e estruturas de encontro e que a colaboración e a asunción de compromisos compartidos resultan difíciles e hai que traballalas; tanto as funcións dos profesionais de apoio que son facilitadores de aprendizaxe, coma as dos equipos deben construírse e redimensionarse cara opcións mais próximas, pois nestas prácticas profesionais, non todo val. Os servizos de apoio levan moitos anos traballando pero o impacto que tiveron ata o de agora foi moi escaso, supoñemos que pola falta de recursos persoais e materiais. Ademais o orientador debe aproveitar as reunións para introducir pouco a pouco pequenos cambios, para que haxa continuidade entre un curso e outro e escapar das intervencións puntuais. Aínda que non podemos esquecer que, por parte de moitos mestres e mestras hai certa reticencia a deixar que outra persoa se meta no seu traballo, supoñemos que, porque non están concienciados que temos que aprender constantemente, de estar formándonos sempre.

             Para poder levar a cabo unha boa tarefa de asesoría, parece ser evidente que temos que ter moi claro o quen somos e que obxectivos pretendemos alcanzar, obxectivos que teñen que ser todos eles alcanzables e reais, como por exemplo que o profesor tome decisións por el mesmo, na que o asesor debe ser acompañante que guíe todo o proceso.

            Falaron da  necesidade de compartir responsabilidades, que o liderazgo debía de ser compartido, pois calquera podería ou debería poder emprender o cambio; aínda que creo que é unha tarefa moi difícil. Polo que penso que  debería ser interesante, para que os mestres e mestras se involucren, que se partan de temas que lles resulten interesantes e que os motiven para que comecen a implicarse nese proceso de colaboración que debería ser conxunto de toda a comunidade, pois soamente teñen éxito os cambio nos que está implicados.

             A continuación falaron dos modelos de asesoramento que describe Domingo no artigo, no cal defende que non se deben ver como modelos illados, se non como modelos flexibles e dinámicos, que se poden mesturar para adaptalos as características dos destinatarios, as situacións nas que están inmersos, os contextos...

            Unha das integrantes do círculo interno, Cristina Barrientos, “criticou” a clasificación que propuxo o autor en función da ubicación  do asesor, na que diferenciaba entre asesor interno e externo exclusivamente. Pois nunha materia do curso pasado (modelos de orientación e intervención psicopedagóxica) mostráronnos que un axente podía combinar ambas posicións sendo esta, a de asesor interno – externo, a mais recomendables.

            Outro dos aspectos dos que fala Domingo é a democracia; pide unha acción democrática de todos, pero cre que de todos non se pode conseguir, por iso, fala de democracia de todos pero en partes. Sei que, probablemente sexa unha utopía pero que debemos loitar para que ese todos sexa todos sempre; pois penso que aínda que sexa por representacións pero que poderíamos estar todos representados, os alumnos no consello escolar, os pais e nais nas ANPAS..., xa que son órganos que representan a ese sector e se estes funcionan ben, creo que se pode levar a cabo unha actuación totalmente democrática. Pero tamén son consciente que non a todos os membros da comunidade lles gustaría que fora así, por iso creo que, para poder levar a cabo esta acción democrática é esencial un cambio de mentalidade e de actitude. Pois como xa se sabe, a administración educativa manda nas escolas, e temos que vivir con iso, pero iso non implica que non poidamos traballar nunha estrutura democrática; esta administración educativa está dirixida por outra administración e esta a súa vez por outra dentro dunha cosmovisión, a europea, a cal ten unha visión concreta do mundo en xeral e da educación en particular.

            Todo o artigo de Domingo pivota sobre a idea da colaboración, que iso é o esencial par poder levar a cabo una correcta labor de asesoría, pero non se presentan en ningún momento pautas claras de como levar a cabo esa colaboración, nin como crear redes de colaboración. Neste punto, foi a mestra Lourdes Montero a que nos aconsellou que revisaramos bibliografía sobre algún caso ou algunha experiencia que se levara a cabo con un proceso colaborativo, que seguro nos daba pautas para poder levalo a cabo no noso futuro profesional.

             Para rematar, o círculo interno propuxo varias cuestións, entre as que destaco:  que necesitamos para construír as comunidades de aprendizaxe?que funcións corresponden ó asesor co fin de conseguir a calidade da educación?que facemos cando partindo dos intereses do profesorado, este segue sen implicarse no proceso colaborativo?. Estas cuestións espero que se vaian resolvendo en próximas sesión de clase, pero o mesmo tempo irei afondando eu nelas en próximas entradas

             A continuación falaron os observadores que tamén propuxeron varias cuestións e aportaron algunha reflexións: que tería que facer a administración para mellorar a función do asesoramento? (Alma);  hugo falaba de tres aspectos fundamentais: o compromiso, a flexibiliade e a colaboración (que conflúe das anteriores), preguntase porque non se colabora na sociedade, é un problema de formación ou do propio sistema educativo?; Lara, rematou coa idea de Hopkins,2007, “lograr de cada escola unha gran escola”, xa que argumentou (opinión que comparto), que esta é a idea que pretende dicir Domingo en todo o texto; todos xuntos traballando para a mellora.

            Pola falta de tempo, solo fomos quen de responder unha das cuestións, a de Alma, que preguntaba os aspectos que debería cambiar a administración, nos que destacamos: que debería concretar a labor dos servizos de apoio, maior motivación, crearlle tempos para que llo dediquen a iso, que valoren e que teñan en conta todo o proceso para elaboralo non so os resultados, os informes

             Sen dúbida, coa idea que me quedo, xa que foi a que mais me chamou a atención de todo o texto e que o mais importante é traballar, de maneira colaborativa, na zona de desenvolvemento próximo de cada centro (comparación coa zona de desenvolvemento próximo de Vygostky) , para min é o esencial, xa que o asesor, cando chegue o centro deberá descubrir ónde esta o centro e a ónde pode chegar coa súa axuda, para min esta é a clave. Cando pretenda descubrir o ónde esta deberá indagar sobre as inquedanzas, as ganas, os gustos.... valora o positivo das súas prácticas, subirlles a autoestima, escoitalos, seducilos, para gañar a confianza deles e pouco a pouco, que se impliquen, e  ir introducíndonos o seu lado sen que nos consideren un estraños, para que, despois comecen a colaborar; e grazas a esa colaboración se produza o verdadeiro cambio. Pois, a única maneira de producir cambios cognitivos é facendo cambios na práctica.

           Algo que me pareceu sorprendente que non trataran, foi o feito de que a administración quítalle moito tempo os asesores con trámites puramente burocráticos que fan que o asesor lles dedique tempo e llo reste as tarefas que son propias da súa labor. Domingo no artigo dinos que non debemos quedarnos ne simple burocrácia, que a debemos de levar a cabo, pero esta, a maioría das veces ocupa tantas horas, que fai que levala  a cabo sexa inviable, por iso me pregunto... ¿é realmente viable facer o que propón Domingo, na sociedade educativa na que estamos inmersos?

            Son moitas as cuestións que emerxeron en min durante a lectura do artigo e mais aínda despois de participar na técnica acuario, pero hai unha que que me parece una paradoxa que é a seguinte. Por unha banda Domingo cando clasifica os modelos en función do grao de estruturación e integración de proposta distingue entre: modelo de servizos, de programas ou de programa, argumentando que este último é o mais recomendable, xa que coa aplicación do de programas  podemos caer no que el denomina “programitis” que consiste en ter abertos moitos programas e non poder centrarse en ningún xa que non están coordinados entre si. Por outra banda, dende a administración pública esíxese ter abertos varios programas de traballo, por departamentos, no que estean implicados o profesorado. A miña dúbida é a seguinte: tendo en conta que a administración é un órgano superior a nos, o cal nos temos que rexer sobre o que el diga... ¿non é imposible levar a cabo un asesoramento, no que estean implicados, no que colaboren todos os membros da comunidade, ou cando menos os mestres e mestras?, ¿non sería conveniente que alguén que realmente saiba do tema lle axude a administración a elaborar as leis e as normativas para que estas se poidan acercar un pouco mais a realidade?, pois segundo Escudero, 2002, para que un cambio tan potente, cara o básico, cara a educación pública e de calidade para todos, sexa sostible e interiorizado, (...) hai que buscar a implicación do profesorado e das comunidades sempre dende o sentido común e a relevancia.con optimismo e de maneira significativa, en un accionar pleno de colaboración, prudente e perseverante. Por iso, baixo o meu punto de vista, ata que haxa un cambio lexislativo, no que se recoñeza a inmensa labor do asesor, e se lle “facilite” esta, creo que non seremos quen de alcanzar realmente o cambio que se pretende.

             Responder todas as cuestións suscitadas é imposible, tentarei ilas resolvendo pouco a pouco cos coñecementos novos que vai adquirindo nas sesións de clase e en lecturas que vai facendo. Ademais, a profesora Lourdes Montero falounos de que para responder a estas cuestión, sobre todo cando sexamos orientadores, debemos encher unha “mochila” con recursos, aptitudes, capacidades que vaiamos adquirindo o longo da vida para poder recorrer a ela en momentos de dúbida para solucionar calquera problema. Con esta aportación, toman gran relevancia os coñecementos previos que teñamos de cada un de nos.

            Creo que a pesar de ser unha técnica moi adecuada para fortalecer as habilidades de análise e síntese, na que poden participar todos os integrantes, independentemente do círculo no que estean. Nesta sesión, creo que a implicación do círculo externo – externo foi escasa, creo que por tres motivos, o primeiro a gran cantidade de membros; o segundo pola escaseza de tempo e de iniciativa; e o terceiro, e creo que o mais relevante, porque as aportacións novas que se podían facer eran moi poucas, porque, o meu parecer o grupo interno fixo tan ben que xa tocaron todos os puntos interesantes do artigo e deixaron poucas ou ningunha lagoa na que se puidera afondar.

            Gustoume moito, esta nova experiencia, creo que foi moi enriquecedora, e moi aproveitada, que me abriu novos horizontes de mira, novas perspectivas e sobre todo, que fixo aflorar en min grandes e numerosas cuestións. Creo que tamén aprendín moito grazas as aportación dos compañeiros, xa que, defendo que é, nestes momentos de interacción social e de comunicación cando realmente chegamos a comprender algo, a aprender de maneira significativa. Sen dúbida quedo ca idea de que  texto de Domingo di aínda mais do que fomos quen de extraer entre todos, xa que é un texto moi rico e completo, que en poucas palabras di moito.

 

BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA:

  • Domingo Segovia, J. (2010). Comprender y Redireccionar las prácticas de asesoría. Revista Iberoamericana de Educación, Nº54, pp. 65-83.