PÓDESE?

            Recordo un gran debate que se produxo nunha sesión desta materia, Formación do Profesorado. Todo xiraba ao redor de si, un mestre/formador, poseía competencias en mais dunha lingua, sería indeferente para él, impartir unha clase expositiva en calquera das linguas que manexa. Todo isto, sen ter en conta ningún outro factor como poderían ser: as competencias lingüísticas dos oíntes, a preparación previa necesaria… Ante todo isto, e tras unha profunda reflexión gustaríame expresar a miña opinión ao respecto. Destacar que este debate xurdiu debido ao conflito vivido  nas illas Baleares coa aprobación do decreto de Tratamento Integrado de Linguas (TIL), que supoñía a introdución do trilingüísmo (Inglés, Catalán e Castelán).

            Pois, para min, se omitimos tódolos factores antes nomeados podería chegar a afirmar que a miña resposta sería que “sí”, é dicir, que un mestre que teña competencias en dúas ou mais linguas (con competencias, refirome a un completo manexo da lingua ou linguas requeridas) non tería ningún problema en dar unha clase nun idioma ou noutro. Un exemplo podería ser o caso que se pon de manifesto na nosa comunidade autónoma, Galicia,  na que a maioría dos mestres/formadores que eu coñecín imparten as súas clases en galego ou castelán de maneira indiferente, xeralizando un pouco.

            Pero, a hora da verdade esta cuestión debería ser analizada mais en profundidade. Xa que, para levar a cabo unha boa clase ou exposición, débense ter en conta outros factores como pode ser o nivel ou as competencias do alumnado na lingua/as nas que se pretende dar a materia. Como exemplo, poderíamos citar unha grande cantidade de alumnos con problemas coa lingua inglesa na Comunidade Balear, polo tanto carentes de competencias nesa lingua, que lle sería imposible seguir a clase nesa lingua concretamente. Por outra parte, deberíamos ter en conta outro factor que me parece fundamental como é o papel da lingua materna, ou en todo caso “bilingüismo materno”. Con isto, quero dicir que todos nos sentimos mais cómodos con un idioma en concreto, xeralmente o utilizado no ámbito familiar ensinado polos nosos pais. Aínda que existen casos que foron educados en dous idiomas e se sinten igual de cómodos en ambos, pero isto non lle acontece a grande maioría. Por todo isto, creo que as sesións levadas a cabo por un formador non serán iguais se o fai na súa lingua materna ou natal a si o fai noutra lingua aprendida con posterioridade, xa que a soltura non será a mesma, sempre será mais dubitativa a exposición… sobre todo ao principio, iso tamén se debe resaltar.

            En conclusión, podemos expresar que esta cuestión é moi complexa chegando a comparala a grandes rasgos con un dilema, xa que dependendo da visión que teñas do conflito darás unha resposta ou outra.