A creatividade

Lendo o texto de Jesús Domingo Segovia reparei no seguinte fragmento: "La creatividad, la implicación y el éxito escolar necesitan multiplicidad de manos y miradas que ofrezcan perspectivas más amplias y nuevos aliados que ayuden a superar el tedio. En este contexto, hablar de "garantizar los básicos imprescindibles para todos" no es una cuestión menor sino el tema central que ha de orientar tanto la mirada de la práctica asesora como los objetivos fuertes de cambio."

Gustaríame facer referencia nesta entrada á creatividade. Foi do meu agrado descubrir que este autor fai referencia, aínda que por riba, a esta capacidade humana coma unha das cuestións que requiren da mirada da práctica asesora, pois na maioría dos casos é esquecida á hora de educar ou asesorar. Esquecer tal capacidade ó construír persoas paréceme un erro moi grave xa que se podería dicir que nos estaríamos esquecendo dun dos eixos fundamentais que conforman a nosa natureza en canto seres humanos. A creatividade é o que nos permite crear e inventar algo novo , é o que permite que avancemos, que melloremos. Trátase de ter unha nova idea, atopar unha nova solución a un interrogante, buscar e atopar unha nova experiencia. Indubidablemente o desenvolvemento desta capacidade vai estreitamente ligado ó desenvolvemento da autonomíana miña opinión finalidade primeira da educación, pois unha persoa máis creativa terá maiores posibilidades de resolver un novo interrogante sen axuda que outra menos creativa. Así mesmo, a autonomía e a creatividade favorecen a reflexión e o pensamento crítico, a capacidade de cuestionar e investigar, poñer en dúbida, construír un pensamento propio, en definitiva gobernarse a un mesmo. Como se comentou algunha vez na clase "o bo asesor acaba por desaparecer".

Penso que como futuros educadores debemos ser conscientes de que a creatividade, como calquera outra capacidade humana, é educable. Para iso temos que aprender a mirar, a mirar con curiosidade e interese as diferentes perspectivas, culturas e realidades que forman parte do noso mundo.

A continuación comparto este vídeo dunha conferencia de Sir Ken Robinson que máis dunha vez compartiron conmigo cando cursaba maxisterio e que me axudou a reflexionar moito sobre esta cuestión.

Las escuelas matan la creatividad: