Profesionais Reflexivos

Despois de levar a cabo a sesión da pecera saliron cuestións moi interesantes, e entre elas a cuestión da importancia de que os centros educativos deben de estar cheos de profesionais reflexivos, non só os asesores, senón que se debe ampliar esta reflexividade os docentes. Partindo disto estiben investigando o respecto e atopei este documento pdf do cal adxunto a dirección electrónica.

Persoalmente, serviume para aclerarme más en que consiste dito profesional reflexisvo, e sobre todo aclararme cales son as accións que debe de realizar para selo.
O autor Schon, que é o autor do texto, comenta tres pasos imprescindibles que son:
- Coñecemento da acción que se desenvolve.
- Reflexión en e durante a acción.
- Reflexión sobre a acción e sobre a reflexión da acción.
Sabenso isto, e a nivel persoal propóñovos que pensedes se actualmente existen este tipo de profesionais, ou se ainda queda unha andadura para chegar a unha plena profesionalización reflexiba. Eu persoalmente creo que ainda queda moito por traballar para acadar que os profesionais sexan reflexivos, pero creo que vamos por bo camiño, solo polo feito de que dentro da nosa formación se dean cuestións tan importantes coma esta, e que nos fagan reflexionar sobre dito concepto.