Que cambia na LOMCE con respecto á LOE en canto ao profesorado?

A Lei Orgánica de Educación (LOE) e a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) son as últimas reformas que sufriu o sistema educativo español nos últimos 6 anos. Debemos indicar que a LOMCE se entende como unha mellora daqueles puntos deficitarios da LOE.

A LOE pola súa parte foi aceptada e consensuada por todos os partidos políticos agás o Partido Popular. Mentres que a LOMCE, só é aceptada polo maioría absoluta do Partido Popular o cal se atopa no poder.

Ao intentar ser unha mellora da antiga lei só recolle un artigo, no cal se insiren aqueles cambios que sofre con respecto á LOE. É importante indicar que aínda que pareza que hai artigos que se manteñen igual, analizando profundamente a lei contradicíanse.

No noso análise vamos a centrarnos no papel do profesorado en ambas leis. Para levar a cabo esta tarefa, debemos indicar que nos foi complexo atopar aqueles aspectos referidos ao profesorado na LOMCE, posto que non dispón de ningún capítulo propio dedicado a este ámbito. En cambio, na LOE ocorre o contrario. O título III: O profesorado, recolle catro capítulos nos cales se desenvolven unha serie de artigos que fan referencia ás funcións do profesorado, no capítulo I; ao profesorado das distintas ensinanzas no capítulo II; a formación do profesorado no capítulo III; e o recoñecemento, apoio e valoración do profesorado no capítulo IV.

 

LOE/LOMCE

 

Debido a que na LOMCE non aparece explícito un apartado de profesorado como dixemos anteriormente tivemos que analizar en profundidade todos os anacos onde falase do profesorado para poder entender que cambios se dan con respecto á LOE.

Ás seguintes citas foi todo o que puidemos encontrar sobre profesorado na LOMCE:

 

·A presente lei ten entre os seus obxectivos dotar dunha maior autonomía ao profesorado:

 

posibilitar unha maior autonomía á función docente, de forma que permita satisfacer as esixencias dunha maior personalización da educación, tendo en conta o principio de especialización do profesorado.”

 

Esta cita aparece reflexada no preámbulo da LOMCE e consideramos que a pesar de poñer que o profesorado terá unha maior autonomía podemos ver que se contradí á hora de dicir que se terá en conta a especialización do profesorado. Neste punto é importante facer mención de que se engade un novo artigo na presente lei “Artículo 122.bis. Acciones destinadas a fomentar la calidad de los centros docentes” No cal no punto 4 se pode ver as seguintes ideas en canto á calidade.

 

“ 4. Para la realización de las acciones de calidad, el director del centro dispondrá de autonomía para adaptar los recursos humanos a las necesidades derivadas de los mismos. A tal efecto, dispondrá de las siguientes facultades, de acuerdo con las condiciones que el Gobierno determine reglamentariamente:

a) Establecer requisitos y méritos específicos para los puestos ofertados de personal funcionario docente, así como para la ocupación de puestos en interinidad.

b) Rechazar, mediante decisión motivada, la incorporación a puestos en interinidad de personal docente procedente de las listas centralizadas. Esta decisión deberá ser refrendada por la Administración educativa correspondiente.

c) Cuando exista vacante y financiación adecuada y suficiente, proponer de forma motivada el nombramiento de profesores que, habiendo trabajado en los proyectos de calidad, sean necesarios para la continuidad de los mismos.

Las Administraciones educativas favorecerán el ejercicio de la función directiva en los centros docentes, dotando a los Directores de la necesaria autonomía de gestión para impulsar y desarrollar las acciones de calidad educativa.”

 

Como se pode observar nos anteriores puntos, o centro debe tomar man do profesorado propio antes de pedir un interino, ante a falta dun docente. Neste sentido estase faltando á idea de especialización recollida anteriormente, xa que deste xeito se fomenta a posibilidade de levar a cabo docencia nunha materia na que non se ten a formación precisa. Debido a esta contradición rompese un pouco coa calidade da que se fala, xa que non podemos ter calidade educativa senón temos un profesorado formado de maneira especializada nas súas materias.

 

· Na LOMCE recóllense uns puntos que fan referencia ás TIC:

 

“Os entornos virtuais de aprendizaxe que se empleen nos centros docentes sostidos con fondos públicos facilitarán a aplicación de plans educativos específicos diseñados polos docentes para a consecución de obxectivos concretos do currículo, e deberán contribuír á extensión do concepto de aula no tempo e no espazo”

 

“O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte elaborará, previa consulta ás Comunidades Autónomas, un marco común de referencia de competencia dixital docente que oriente a formación permanente do profesorado, e facilite o desenvolvemento dunha cultura dixital na aula”

 

En canto aos entornos virtuais de aprendizaxe e a competencia dixital, na LOE non se explicita nada disto. Creemos que isto pode deberse a que no momento de formulación da LOE non se lle daba tanta importancia ás competencias dixitais do profesorado, mentres que no momento actual a introdución das TIC nas aulas é unha das bases da nova lei. Isto xustificaría a necesidade que teñen os docentes de formarse nese eido.

 

· Unha das novas medidas da presente lei é a realización de avaliacións ao final de determinados ciclos:

 

“A realización material das probas corresponde ás Administracións educativas competentes. As probas serán aplicadas e calificadas por profesorado da función pública docente externo ao centro”

 

“Os equipos directivos e o profesorado dos centros docentes colaborarán coas Administracións educativas nas evaluacións que se leven a cabo nos centros”

 

Isto pode explicar a contradición da que falamos con anterioridade, posto que no preámbulo da LOMCE pon que o profesorado terá unha maior autonomía. En afirmacións como esta podemos ver con claridade que iso se contradí. Neste caso pon claramente que as probas levaranas a cabo profesionais externos ao centro, así como a realización desas probas será competencia da Administración educativa.

Ademais o emprego deste tipo de avaliacións externas fan que se perda a avaliación continua do alumnado por parte do seu propio profesorado, centrando a promoción do alumno nunha avaliación final externa.

Con todo, aínda que na última cita se fai referencia a que o centro docente terá un papel nestas avaliacións, nas outras comenta que será un equipo externo.

 

· A selección do persoal docente tamén ocupa lugar nesta nova lei:

 

“As vacantes do persoal docente que se produzan nos centros concertados se anunciarán públicamente”

 

“ O titular do centro xunto co director procederá á selección do persoal, de acordo cos criterios de selección que teñan establecidos no Consello Escolar do centro”

 

Nas presentes citas, podemos ver como, aínda que se di que se van a ofertar prazas, por outro lado está dicindo que o director será o que teña maior peso na selección do persoal.

Neste sentido, debemos destacar que ao largo da LOMCE se comenta que o centro vai ter unha maior autonomía en canto as súas decisións, en temas como a selección do persoal non sabemos ata que punto isto é xusto.

 

Hai outros cambios que aínda que nun primeiro momento poida parecer que non afectan á labor do profesorado, analizándoos detalladamente dámonos conta de que si van afectar a súa tarefa. Por unha banda está o aumento da ratio profesor-alumno, que dificultará a ensinanza individualizada provocando a diminución da calidade na ensinanza. Por outra banda, aumenta o número de horas lectivas en materias troncais en detrimento das especialidades como artes plásticas, música...

Dende o noso punto de vista isto fará que empeore a formación do alumnado, xa que se lle sigue pedindo ao profesorado que atenda nun mesmo tempo a un maior número de alumnos, así como que se centre a ensinanza en materias teoricamente “máis importantes”, diminuíndo o horario lectivo dos docentes de especialidades.