• Blogs
  • silvia
  • ¿Que deberíamos cambiar do noso sistema educativo? Competencias para ensinar na Sociedade do...

¿Que deberíamos cambiar do noso sistema educativo? Competencias para ensinar na Sociedade do Coñecemento

Nesta entrada do blog gustaríame reflexionar sobre o artigo de Andy Hargreaves: Enseñar para la sociedad del conocimiento: educar para la creatividad,  no cal se fai referencia a determinados aspectos do sistema educativo que compre analizar con maior detalle.  

En primeiro lugar, reflexionar sobre o funcionamento das escolas, xa que a estrutura e organización das mesmas segue sendo exactamente igual que no pasado, do mesmo xeito que os aprendizaxes  dos alumnos continúan sendo principalmente memorísticos, deixando escaso marxe para o pensamento crítico e a creatividade dos mesmos. Sen embargo, a pesar de que as características da sociedade foron cambiando, e polo tanto tamén os intereses dos alumnos, o sistema educativo permaneceu sen apenas cambios ata a actualidade, o que me leva a plantear a seguinte pregunta: ¿porque seguimos mantendo un sistema educativo que nalgúns elementos deixou de ser válido e aspectos como o desinterese dos alumnos nas aulas o poñen de manifesto?

Un dos principais problemas que seguen existindo a día de hoxe nos centros educativos é a metodoloxía utilizada nas aulas, xa que estas continúan sendo clases expositivas nas que os docentes transmiten un coñecemento teórico aos alumnos, e estes so deben memorizalo para posteriormente reproducilo nun exame, máis non se fomentan outro tipo de competencias, como serían a creatividade ou o pensamento crítico. Así, o noso sistema educativo estaría sufrindo o que o científico Thomas Homer- Dixon denomina “brecha de creatividade”.

Respecto  a esta cuestión, o seguinte vídeo trata acerca de potenciar a creatividade nas aulas. 

Despois do comentado anteriormente, e dado que vivimos nunha sociedade en constante evolución, faise necesario un novo modelo de escola e con docentes formados antes os cambios que se van producindo. Neste sentido, é onde adquire un gran sentido a formación permanente dos docentes, xa que é fundamental que continúen formándose unha vez rematada a súa titulación, para así estar ao tanto das innovacións e dos avances que se van producindo no ámbito educativo, e poder responder adecuadamente aos cambios que se producen no seu día a día na aula. Estaríamos falando neste caso, de docentes que ensinen para a sociedade do coñecemento, aínda que compre matizar que a labor dos profesores nestes momentos non é fácil nin gratificante, posto que estes se encontran atrapados nun triángulo de intereses ao ser ao mesmo tempo catalizadores, vítimas e contrapuntos.

Triángulo de intereses no que están inmersos os docentes: catalizadores, contrapuntos e víctimas.É preciso indicar que se entende por cada un dos conceptos anteriores. Por un lado, os profesores catalizadores son aqueles docentes que consideran necesario un cambio na educación e buscan estratexias e novos métodos para ensinar aos seus alumnos, fomentando un aprendizaxe autónomo, no cal o profesorado se convertiría nun guía ou orientador dese proceso de aprendizaxe. 

Por outro lado,  entre as características que presentan os profesores víctimas atoparíamos as seguintes: preparan aos alumnos para a memorización de aprendizaxes estandarizados, propoñéndolles traballos individuais nos que apenas se da a colaboración entre os distintos alumnos da aula. Ao mesmo temo, son docentes que amosan unha resposta sumisa ao cambio, pois séntense inseguros e desconfiados e encóntranse mentalmente agotados. 

Por último, os docentes contrapuntos son aqueles profesionais da educación que promoven o aprendizaxe social e emocional dos seus alumnos, máis que na transmisión de contidos memorísticos. As características que presentan os docentes contrapuntos son as seguintes: 

  • Promover o aprendizaxe social e emocional 
  • Aprender a relacionarse cos demais dunha maneira diferente. 
  • Desenvolver unha identidade cosmopolita (Giddens). 
  • Comprométerse cun desenvolvemento profesional e persoal continuo. 
  • Traballar e aprender en grupos de colaboración. 
  • Establecer relacións coas familias e as comunidades. 
  • Construír a comprensión emocional.
  • Preservar a continuidade e a seguridade. 
  • Establecer a confianza básica nas persoas. 
Despois de explicar que se entende polos conceptos anteriores, vou explicar con maior detalle as características que teñen os docentes catalizadores, destacando as seguintes: 
 

O esquema recolle as características que define a Sociedade do Coñecemento-Promover o aprendizaxe cognitivo profundo.

-Aprender a ensinar de modos que non lles foron ensinados.

-Comprometerse co aprendizaxe profesional continúo. 

-Tratar aos familiares como socios no aprendizaxe.

-Promover a confianza nos procesos.

-Construír unha capacidade para o cambio e o risco.

-Desenvolver e partir da intelixencia colectiva.

-Traballar e aprender en grupos colexiais.  

 

Porén, ensinar para a sociedade do coñecemento é unha tarefa complexa, pois os docentes deben buscar novas metodoloxías para transmitir os contidos aos alumnos e estar constantemente ao tanto das innovacións que se producen no contexto educativo. Para isto, é fundamental que os docentes traballen en colaboración con outros profesores, compartindo experiencias e observando como mellorar os procesos de ensino aprendizaxe dos alumnos, propoñéndolles actividades nas que estes sexan os protagonistas da súa aprendizaxe, indagando e profundizando naqueles contidos que lles resulten máis interesantes. Estaríamos falando dun aprendizaxe autónomo, na que os docentes actuarían como guías ante os seus alumnos, e non so como transmisores de información. 

Tamén é preciso que os docentes dominen unha serie de competencias emocionais, como as que amoso a continuación: 

-  Coñecer e ser capaz de expresar as propias emocións.

-  Ser capaz de identificase cas emocións dos outros.

-  Ser capaz de supervisar e regular as propias emocións para que non escapen ao noso control.

-  Ter a capacidade para motivarse a un mesmo e aos demais.

-  Posuír as habilidade sociais para poñer as catro primeiras competencias en acción.

Así, as competencias mencionadas ocupan un gran papel na función docente, xa que moitas veces os docentes non se senten motivados dando clase, e dalgún xeito transmiten a súa negatividade aos alumnos, por iso é importante que dominen ditas competencias.

Finalmente, como resumo de todo o exposto, indicar as características que caracterizan a sociedade do coñecemento, destacando as seguintes: Creatividade, flexibilidade, resolución de problemas, inventiva, intelixencia colectiva, confianza profesional, asunción de riscos e mellora continua

Como conclusión, e para cerrar o abordado ao longo da entrada, dicir que é preciso un cambio na educación, un cambio que supoña transformar o papel do docente tal e como o coñecemos actualmente, pasando de ser un transmisor de coñecementos a ser un profesional que proporciona ao alumnado estratexias para guiar os seus procesos de aprendizaxe, isto é, proponéndolles un aprendizaxe autónomo, no que os alumnos sexan os verdadeiros protagonistas da súa aprendizaxe. Precísanse pois, docentes comprometidos que traballen conxuntamente con outros profesionais da educación así con outros axentes implicados na educación. 

Bibliografía: 

- Hargreaves, A. (2003). “Enseñar en la sociedad del conocimiento”. Capítulo 1: Enseñar para la sociedad del conocimiento: educar para la creatividad. p.p. 19-42. Ed. Octaedro, España.