MULLERES E EDUCACIÓN: INTRODUCIÓN

Dende sempre me abraiou moito a historia. Quedaba estupefacto ao darme conta das poucas cousas vividas por mín. Chamábame, e chámame como non, o desexo innato de saber a miña procedencia, como sería a vida dos meus antepasados, a que se dedicaron, que aportaron etc. Debido a todos estes anhelos, neste momento da miña formación, véxome ante a necesidade de saber cómo foi a vida das mulleres no pasado, mais concretamente con aquilo que ten que ver coa educación no eido universitario en España. A súa introdución nas aulas, o proceso vivido e a loita que supuxo a súa normalización nas mesmas, as protagonistas mais salientables deste fenómeno, a situación na época franquista… Unha vez realizado esta recopilación de datos, centrareime en analizar o papel da muller nos nosos días, o seu papel docente, investigador, a súa presenza en diversas áreas educativas como poden ser a dirección ou inspección…

            Debido a grande cantidade de información que esto require, decidín elaborar unha pequena analoxía de duas entradas onde quede reflexado (aínda que de forma resumida) por un lado, a historia da muller nas aulas universitarias, e polo outro, o seu papel actual nas mesmas (docencia, dirección, inspección…).