MULLERES E EDUCACIÓN: CAPÍTULO PRIMEIRO

Como indiquei anteriormente, este capítulo versará acerca da andadura das mulleres no eido educativo, concretamente no ámbito universitario, en España. Realizarei este capítulo por unha razón moi sinxela, xa que, se non se realizase este cambio (introdución das mulleres na universidade) o papel destas na actualidade sería moi diferente. Polo tanto, podemos suliñar que este capítulo sérvenos de base para o seguinte.

En primeiro lugar, cabe salientar que durante moitos anos, o sistema educativo español tan só se atopaba adecuado para os varóns, é dicir, tan só se tiñan en conta as súas necesidades, feito polo cal, as mulleres comezaron a alzar a voz buscando o que se considera coma unha “educación igualitaria”.

No siglo XIX, a educación xeral considerouse como "obrigatoria para tódolos españois" (sen distinción de sexo), se ben certas materias eran adaptadas para as nenas e enfocadas as "tarefas domésticas propias de su sexo".

Un caso ben distinto foi a universidade. Nesta contexto histórico, a muller non pudo aceder á Ensinanza Superior en igualdad de condicións que os homes ata o 8 de marzo de 1910 cando se aprobou unha real orde que autorizou “por igual a matrícula de alumnos e alumnas” . Aínda que isto hoxe en día pareza o mais normal do mundo, cen anos atrás non acontecía. Ninguén se parara a pensar que unha muller poidera querer acceder a universidade, tendo en conta os ideais establecidos nesta época. Onde a muller se atopa relegada a un segundo plano, con oficios domésticos maioritariamente, e coa condición de ser “boa muller” da que o seu marido se sentise orgulloso.

Para chegar a tales avances, normalizar a situación da muller na universidade, debemos ter en conta a unha serie de persoas que se consideran como iconos dentro deste movemento. Estas mulleres tenden a ser coñecidas como pioneiras, xorden a finais do S XIX, e aproveitan baleiros legais para adentrarse dentro das universidades.

A historia conta, que a primeira muller presente nunha universidade foi Concepción Arenal, pero para este traballo non a poderemos ter en conta tal e como se merece, xa que a súa estancia nas aulas foi disfrazada de home para poder recibir a docencia e o titulo a posteriori. Destacar que esta foi un dos referentes femininos principais, a iniciadora.

Pero, a primeira alumna que se matriculou en España foi María Elena Maseras Ribera en 1872 na Facultade de Mediciña da Universidade de Barcelona, segundo explica Consuelo Flecha.

Destacar que tras os pasos de Maria Elena foron moitas as mulleres que se adentraron no mundo universitario, pero nunca lle expediron o titulo debido a que nese momento as mulleres non podían exercer, polo tanto denegábanllo. Pouco despois, este baleiro legal sería modificado a través dunha real orde que modificaría a realidade educativa da época voltando hacia o pasado.

Pero en 1888, unha real orde acorda “que as mulleres sean admitidas (...) como alumnas de ensinanza privada”. Si algunha solicitase “matrícula oficial”, sería “a Superioridade a que resolvese segundo o caso e as circunstancias da interesada”. Xeralmente as mulleres debían pedir permiso ao Ministerio de Instrución a posibilidade do seu acceso a universidade.

Aínda que o conflito parece resolto, non é así, xa que as mulleres debían ir acompañadas en todo momento dos seus mestres e non podían recibir a docencia con outras persoas do sexo contrario.

Chegamos aquí a un gran acontecemento, como dixemos anteriormente, será en 1910 cando, a través dunha real orde, se consinta libremente a matrícula na universidade a ámbolos dous sexos. Con esta real orde, ademais, autorizábase as mulleres a presentarse a oposicións a docente, bibliotecarias... o que supuxo un cambio moi importante. As mulleres comezan a estudar Letras e Ciencias debido as saídas que estos estudos lle proporcionaban. Ata 1936, e a chegada da guerra civil española, a situación das mulleres cambiara drasticamente, o número de matriculadas en carreiras universitarias dispárase e incluso chega a crearse en Madrid a chamada “Residencia de Señoritas” que era a réplica feminina da Residencia de Estudantes. Pero, coa chegada do Franquismo e os seus ideais, propiciase unha campaña dedicada a que as mulleres non estudaran carreiras universitarias, podemos dicir que se produce unha contención por parte do réxime, pero en ningún momento se prohibe explicitamente o acceso das mulleres ao ámbito universitario. Destacar, que durante o réxime franquista o número de matriculadas universitarias era xa moi alto.

Coa caída do réxime e coa democracia xa vixente, existe unha tendencia positiva das mulleres na universidade, é dicir, o número de matriculadas non deixou de ascender ata chegar ata os nosos días. Na actualidade, as mulleres representas mais do 50% dos matriculados nas universidades españolas. Por outro lado, debemos destacar que as mulleres na actualidade ostentan mais do 60% das titulación universitarias anualmente. Por último, podemos indicar que as mulleres na actualidade matricúlanse xeralmente en tódalas ramas académicas sendo a súa materia pendente a rama de arquitectura e inxeñiería, aínda que pronto comezarán a colmar tamén este ámbito.

Webgrafía:

http://www.mecd.gob.es/revista-cee/pdf/n11-amo-amo.pdf (colsultada o día 01/11/2013)

Bibliografía:

Flecha García, C. (1996). Las primeras universitarias en España. Madrid: Narcea.