Identidade cosmopolita de Anthony Giddens

 

 Debido a un cruce de ideas durante a clase expositiva de Formación e Desenvolvemento para o Profesorado sobre  a maneira de entender e defender a idea da identidade, a docente fixo fincapé na teorización de A. Giddens sobre este termo. Este autor resultou ser descoñecido para min polo que decidín, coa motivación da profesora, realizar unha profundización acerca del e así ampliar o meu coñecemento sobre as teorías da identidade e, deste xeito, modificar o meu propio concepto sobre a identificación persoal dos individuos ou manter o que xa teño. A continuación realizarei unha breve pero meditada explicación sobre o propio Anthony Giddens e a súas reflexión sobre o tema, unha explicación persoal sobre o que eu entendo como este, e finalmente unha conclusión comparativa ante ambas reflexións.

 Anthony Giddens é recoñecido como un dos mellores sociológos modernos, debido a súa teoría sobre a estruturación, a súa sistematización holística das sociedades modernas e a súa renovación socialdemocracia mediante a súa teoría da Terceira Vía. Partindo disto, de maneira resumida, podemos identificar tres etapas na evolución do seu pensamento. Durante a primeira establece unha nova visión sobre a noción de socioloxía, realizando un estudo teórico e metodolóxico mediante a reinterpretación crítica dos autores clásicos de finais do s. XX: Marx, Durkheim e Weber. Na segunda etapa, Giddens realiza teoría da estruturación, onde afirma que na sociedade moderna existe un proceso dinámico que implica ós axentes e á estrutura social nunha relación de interdependencia no nexo de espazo - tempo. Por último, nos seus traballos máis recentes trata os temas da modernidade, a globalización e a política. Este sociólogo céntrase no impacto da modernidade sobre a sociedade e a vida persoal dos cidadáns. Durante esta etapa realiza críticas á postmodernidade e unha terceira vía “utópica – realista” na política, co fin de refundar a teoría social da súa primeira etapa e re-examinar a comprensión do desenvolvemento e a traxectoria da modernidade. Para analizar a visión da identidade cosmopolita de Giddens concentrareime nesta última etapa, máis concretamente na súa obra “Un mundo desbocado: os efectos da globalización nas nosas vidas” (“Runaway World: How Globalization is Reshaping Our Lives”), en concreto en catro dos cinco eixes que comenta neste.


 Neste libro, Giddens fai unha defensa da globalización e das sociedades demócratas ligadas ó mercado libre concentrándose en cinco eixes temáticos: a propia globalización, o risco, a tradición, a familia e a democracia.

 Seguindo a orde dos eixes temáticos sobre os que reflexiona Giddens debemos comezar polo concepto de globalización. Giddens defende o proceso de globalización fronte as ideas de restitución dos valores tradicionais, entendendo que a globalización elimina as costumes arcaicas e sexan reemplazadas. Segundo Giddens, existen fundamentalismos intolerantes e movementos nacionalistas que teñen como fin afirmar a identidade propia. Considera que a globalización e as expresións da identidade propia poden coexistir no mesmo contexto social, mais afirma que o fundamentalismo posúe un carácter discriminatorio, polo que non se pode definir como democrático e, polo tanto, debe ser erradicado a favor do cosmopolitivismo tolerante que axuda a desenvolver a diversidade cultural e a democracia.

 Giddens xustifica os seus razoamentos relacionando a globalización co libre mercado e a democracia. Critica os movementos da esquerda que se opoñen a globalizar por medo á perda do estado de benestar e, incluso, afirma que a fin do comunismo soviético veu dada pola difusión masiva de información que houbo nos medios de comunicación que provocou a globalización.

 En canto os aspectos negativos que presenta a globalización: crise ecolóxica, empobrecemento dos países do terceiro mundo, acumulación da riqueza,  perda da integridade das culturas... Giddens formula unha nova posibilidade, o que el define como unha “colonización inversa”, é dicir, que os países menos desenvolvidos influencien os do primeiro mundo.

 En segundo lugar, atopámonos co eixo do risco. Giddens define o risco como unha das características básicas do mundo contemporáneo. Dentro deste concepto diferenza dous tipos de riscos: os positivos e os negativos. Como aspecto positivo céntrase no ámbito económico, fundamentalmente nos negocios, é dicir, que todos temos a oportunidade de aumentar o noso nivel económico e, en consecuencia, mellorar o noso nivel de vida. Como aspecto negativo define as ameazas medioambientais que destrúen lentamente o noso entorno, causado en gran medida polo desenvolvemento do propio ser humano. Ademais, afirma que o risco tamén aparece na falta de tradición e de figuras de autoridade o que, coa perda de influencia de institucións como poden ser a Igrexa ou o Estado, dálle máis liberdade os suxeitos e deste xeito poden tomar as súas propias decisións.

 Seguindo cos eixes temáticos, Giddens entende a tradición como un conxunto de antigos prexuízos e manifesta que é algo obsoleto no mundo moderno, xa que os individuos teñen a capacidade de escoller libremente de xeito reflexivo e aberto, polo que non depende dela. Ademais, afirma que a falta de tradición provoca que a sociedade sexa máis libre e crítica e o que desencadeará en cambios no sistema político e potenciará os sistemas económicos. O autor refuta a tradición porque a entende como un proceso de repetición de comportamentos ligados a unha serie de pautas que impiden a completa liberdade do individuo, e valora o tradicionalismo  como unha ideoloxía baseada en que a tradición é unha acumulación de sabedoría.

 Por último, en canto a democracia, Giddens expón que esta está estreitamente ligada a economía, polo que o sistema político debe desenvolver un proceso de descentralización e flexibilidade para, deste xeito estabilizar o sistema económico e facilitar a vida dos cidadáns. Debido a decadencia da reputación da democracia, este autor considera que é necesario reforzar as institucións políticas.

 En conclusión, Giddens aposta pola globalización como un proceso de igualdade entre todos os individuos que lles aportará liberdade e capacidade crítica e rexeita o tradicionalismo e o fundamentalismo identitario porque os identifica como procesos de represión e empobrecemento cultural dos suxeitos.

 

 A nivel persoal debo discrepar con este autor en canto a estes dous aspectos. Persoalmente considero que a solución ós aspectos negativos da globalización é unha gran utopía. A globalización crea unha interdependencia entre as nacións que a forman o que ocasiona unha perda da integridade das culturas dos países en desenvolvemento xa que sempre terán máis poder os países determinados como potencias mundiais. Todas as culturas teñen aspectos negativo e positivos, ningunha cultura é perfecta, todos pensamos que a nosa cultura é a máis correcta e seguramente esteamos equivocados. Considero utópico que as grandes potencias se deixen influenciar polos países do terceiro mundo, xa que a historia demóstranos que ante esta posibilidade o que ocorre e unha maior explotación dos débiles, tanto a nivel económico como cultural, e actualmente co sistema económico no que convivimos sería máis grave. Estou de acordo con el en que un individuo libre ten máis capacidades para crear a súa propia identidade, mais debe existir unha certa base para saber de onde partimos.

 

Fontes:

http://www.letraslibres.com/revista/letrillas/entrevista-con-anthony-giddens

http://vesteban.webs.ull.es/giddens.htm

http://www.fes-web.org/uploads/files/res/res01/13.pdf

Comentarios

  • Lourdes Montero

    Ola Daniel: MAlégrame esta entrada. Vexo que cumpriste a palabra, e vexo tamén que , indo a Giddens como promotor da idea de "identidade cosmopolita" recollida por Hargreaves (2003), abriste o camiño a recorrer do sentido das identidades no seculo XXI. Anímoche a continuar explorando este concepto.

    Saúdos

    Lourdes