Respostas as cuestións formuladas polos tiburóns durante o desenrolo da Técnica Acuario

Ao pe do último arquivo subido á rede social Stellae o pasado luns día 4 Novembro, que viña a ser unha reflexión sobre a técnica do acuario desenvolta na aula e sobre os contidos que nos aportou a lectura do documento de Jesús Domingo Segovia que leva por título Comprender y Redireccionar las prácticas de Asesoría, con esta entrada no blog o que pretendo e dar unha resposta persoal as cuestións e reflexións que foron propostas polos tres compoñentes do grupo dos tiburóns, Alma, Hugo e Lara, que se anunciaban en dito arquivo subido, pero ás que non se lle propoñía unha resposta.

As cuestións das que estou a falar son as que se presentan a continuación, seguidas das correspondentes respostas persoais:

  • ¿Cales son os puntos clave que ten que cambiar a administración para conseguir que haxa unha mellora do asesoramento?, que nos formulaba a nosa compañeira Alma.

Dende o meu punto de vista, con respecto a esta cuestión, o que penso que debería cambiar a administración para conseguir unha mellora do asesoramento é, primeiramente, que esta (a administración) recoñeza e sexa consciente de que non debe unicamente ter en conta os resultados finais acadados polos asesores senón que ten que ter en conta todo o traballo que este desenvolve, tanto dentro como fora da institución, tanto de maneira individual como de maneira colectiva, tanto con alumnos como con mestres, así como con calquera outra persoa pertencente á comunidade educativa. Unha vez que sexa quen de recoñecer isto, o ideal sería que, dende a mesma administración se favorecesen tempos para a xornada do asesor, se recoñecese o traballo do asesor de algún xeito, xa non economicamente que é no que todos pensamos, senón por exemplo recibindo algún tipo de mención e, que se establecesen unha serie de pautas de actuación educativa por parte da administración que lle servisen ao traballo do asesor, non establecidas de maneira xerárquica, senón consensuadas entre todos eles (asesores e administración), polo ben da adquisición de óptimos resultados, favorecendo así a cooperación e colaboración entre eles. Ademais outra cousa importante que a administración debería ter en conta é que debe proporcionar, na medida do posible, recursos, medios, estratexias... que lle sexan de utilidade ao asesor para a súa labor,  pero que ademais lle axuden e lle ensinen a traballar coas mesmos, é dicir, que haxa unha formación permanente pois, non serve de nada encher a mochila do asesor se non sabe empregar nada do que posúe dentro dela.

  • Tendo en conta que os puntos claves para a mellora da educación son o compromiso, a flexibilidade e a colaboración, tal e como apuntaba o noso compañeiro Hugo, enunciaba el mesmo tamén unha cuestión con respecto a isto: ¿Por que na nosa sociedade non se colabora?.

Para dar resposta a esta cuestión, sería interesante definir, primeiramente, o que significan para min eses termos, para logo reflexionar sobre o porque da non colaboración da sociedade.

  • A palabra compromiso deriva do termo latino compromissum e emprégase para describir unha obrigación que se contraeu ou a unha palabra xa dada. En ocasións un compromiso é unha promesa ou unha declaración de principios e, polo tanto, dise que unha persoa se atopa comprometida con algo cando cumpre coas súas obrigas, con aquilo que se propuxo ou que lle foi encomendado, é dicir, que vive, planifica e reacciona de maneira axeitada para conseguir sacar adiante un proxecto, unha familia, un traballo, uns estudos... Non obstante, para que exista compromiso é necesario que haxa coñecemento, é dicir, non podemos estar comprometidos con algo se descoñecemos os aspectos dese compromiso, é dicir, as obrigacións que supón .
  • Por flexibilidade enténdese a característica de flexible. Trátase dunha palabra que permite resaltar a disposición dun individuo ou obxecto para ser dobrado con facilidade, a condición de pregarse segundo a vontade de outros e a susceptibilidade para adaptarse aos cambios de acordo coas circunstancias. A nivel xeral, a flexibilidade relacionase coa capacidade de adaptación.
  • A colaboración é a acción e efecto de colaborar. Este verbo refírese a traballar en conxunto con outras persoas para realizar unha obra ou un proxecto. A colaboración, polo tanto, é unha axuda que se presta para que alguén poida lograr algo que, de outra maneira, non puidera facer ou lle custase máis.  

Tendo en conta as definicións que se presentan, e considerando que as dúas primeiras, o compromiso e a flexibilidade son a base na que se sustenta a colaboración, podo dicir que, baixo o meu punto de vista, a sociedade educativa actual non colabora, na maioría dos casos, porque, por un lado, non ten tempo para facelo, pois hoxe en día os mestres están cargados de horas lectivas, de traballo individual de corrección e preparación de sesións de clase, de xuntas ou reunións...o que fai que sexa moi complexo poder ter un horario fixo que lle permita establecer, dentro del, un tempo determinado para realizar outras tarefas de maneira colaborativa tal como é o de caso de proxectos, traballos, recursos... de maneira grupal. Cada mestre ten os seus horarios, as súas tarefas, os seus alumnos, a súa aula... e o único que parece que comparten é o café de media maña, pois apenas teñen outro momento para reunirse e facer cousas xuntos que favorezan o traballo conxunto e en equipo, que seguramente fose moi produtivo, pois todos terían cousas boas para aportar. Ademais da escaseza de tempo, outra das cousas polas que considero que a sociedade educativa non colabora é, ou ben porque non queren compartir as súas ideas cos demais por medo a perder o mérito de ser él/ela o único que o desenvolve, non tendo en conta que todo é mellorable e que coa axuda dos seus compañeiros o resultado pode ser óptimo, ou ben porque ten medo a non ser quen de aportar nada ao grupo de traballo e sentirse inferior aos demais. Tamén, outra das cousas polas que creo que os mestres e a sociedade en xeral non colabora é porque teñen medo a comprometerse e a embarcarse en proxectos que ao mellor creen que non son capaces de desenvolver, aínda que iso non sexa verdade, pois todo o mundo pode aportar cousas novidosas e, a adaptarse ou ser flexible en canto as formas de traballar dos seus compañeiros, pois cando un está acostumado a unha rutina, sacalo desa rutina pode ocasionar problemas en canto a boa organización do traballo do grupo creándose malos entendidos, discusións...

  • “Lograr de cada escola unha gran escola” unha frase de Hopkins, 2007, que aparecía explicitamente no texto de Domingo a cal a nosa compañeira Lara quixo resaltar pois considera que é unha frase que define moi ben o que o autor do texto (Domingo) nos quere transmitir.

Con respecto a isto considero que é unha frase moi axeitada pois todos formamos, parte algunha vez na nosa vida, da institución escolar e, polo tanto, o cambio a este nivel tamén ten que ser entre todos. Temos que lograr e conseguir, como dicía Domingo Segovia unha mellora da calidade da educación, temos que conseguir que se redireccione a práctica da asesoría... pero todo ilo temos que facelo entre todos e, volvendo ao tema de antes, de maneira colaborativa. Un pode conseguir cambios a varios niveis (infraestrutura, organización, materiais, recursos...) de maneira individual, pero para nada serán tan bos como os que se poden chegar a conseguir participando activa e colaborativamente, creando da propia institución ou da propia escola unha gran escola.

 

 

Webgrafía:

http://definicion.de/compromiso/

http://definicion.de/flexibilidad/

http://definicion.de/colaboracion/