¿Modelos de orientacion e modelos de asesoramento son o mesmo?

           Como xa anticipei en entradas anteriores, despois de afondar por separado nos modelos de orientación e de asesoramentos, nesta entrada pretendo facer un pequeno acercamento os dous en conxunto, para saber se son ou non o mesmo.

            Antes de facer o achegamento os modelos de orientación e de asesoramento, partía da premisa de que non eran iguais; baseábame na entrada que realicei o domingo 27 de outubro na que, tentei responder se o asesoramento era o mesmo que a o orientación, na cal cheguei a conclusión de que non son o mesmo, aínda que si que comparten aspectos, por elo, supoñía que cos modelos pasaría o mesmo. Pero, agora, aínda despois de analizar os dous por separado, non son quen de afirmar se son iguais ou distintos de maneira rotunda, xa que, hai aspectos que comparten mentres que existen outros que son moi dispares, igual que me sucedeu cos termos que anteriormente mencionei (asesoramento e orientación). A continuación, pretendo facer unha pequeno acercamento en conxunto das similitudes e diferenzas mais relevantes.

           En ámbalas dúas prácticas (orientación e asesoramento), existen diferentes modelos en función da concepción que teña o orientador/asesor sobre o proceso. Nas dúas prácticas existen modelos reducionista, de atención directa e individualizada enfocada a resolver problemas, como son o modelo clínico/couselling ou de consello e o psicométrico – clínico, no caso da orientación; e os modelos contidos ou de intervención no caso do asesoramento. En ambos casos son modelos centrados na intervención, de carácter moito mais individual e remedial, principalmente, tendo en ámbolos dous casos, unha perspectiva do asesor ou o orientador como experto.

           Tamén en ambos casos, hai modelos dirixidos a un abanico mais amplo da poboación, no cal predomina un enfoque mais proactivo, preventivo, de atención global enfocada a prevención e o desenvolvemento, no que o axente toma unha posición de igualdade, simétrica , estando o asesor ou orientador o mesmo nivel que o asesorado ou orientado. Isto vese reflectido no caso da orientación nos modelos de programas, de consulta, no psicopedagóxico e no sociopsicopedagóxico principalmente, e no caso do asesoramento nos modelos de procesos, facilitación e de colaboración.

           A diferenza que mais resalta entre os modelos de asesoramento e os modelos de orientación, baixo o meu punto de vista é a referida o tipo de relación que se establece entre o orientador/asesor co orientado/asesorado. Pois nos modelos de asesoramento, téndese mais a unha relación simétrica, como sucede no caso dos modelos de procesos, facilitador e de colaboración; mentres que na orientación non é así xa que, en varios modelos e de autores diversos, sitúan o orientador nunha posición superior que o orientado, como é o caso dos modelos de couselling/clínico ou de consello, o de servizos e o psicométrico – clínico entre outros.

           As clasificacións que podemos establecer en calquera dos dous casos, como se puido apreciar poden ser moi similares, chegando a atopar ata paralelismos entre elas pero, supoño que isto sucede pola relación que existe entre ámbalas dúas prácticas (asesoramento e orientación).

           Despois destes pequenos acercamentos, a idea que quedou en min é, como xa dixen, que os modelos de orientación e os modelos de asesoramento son modelos parecidos pero non iguais, xa que a pesar de que comparten obxectivos, fundamentos iguais ou moi parecidos, son distintos xa que as definición de modelo da que parten é distinta, mentres que os modelos de orientación, defínese como  a base da intervención orientadora, é dicir, distintas formas de poñer en práctica a acción orientador; os modelos de asesoramento enténdense como un  modelo como un marco de referencia interpretativo que serve para comprender a interacción do asesoramento, para determinar o que é importante, relevante e valioso, así como para fundamentar eleccións e guiar a acción a emprender polas partes implicadas; os modelos constitúen unha forma de coñecemento flexible, permeable e aberta ó cambio; sendo esta última unha visión moito mais ampla e global. Pero aínda así, podemos dicir, que, os modelos de orientación e de asesoramento teñen unha estreita relación entre eles, polos aspecto que mencionei anteriormente; sen poder afirmar rotundamente que son iguais ou distintos, se non que se moven no medio destes dous polos.

           Debo dicir tamén que, ao igual que a práctica de asesoramento e a de orientación, os modelos de ámbalas dúas prácticas son distintos pero van dirixidas a un obxectivo, o cal podemos dicir que é o mesmo ou cando menos moi parecido; e se non é agora, creo, que nun futuro ámbalas dúas prácticas converxeran nunha soa; é dicir, os modelos de orientación en particular e a práctica da orientación en xeral, irá tomando cada vez posición mais próximas os modelos de asesoramento e a práctica de asesoramento; unificándose ámbalas dúas prácticas nunha. Con isto non quero dicir que, os modelos tamén se unifiquen en uns universais, únicos, se non que se complementarán entre ambos, conducidos sempre cara unha concepción mais constructivista e unha visión mais global do ser humano. Sendo conscientes que, para que dito cambio se produza farán falta, ademais de varios anos e moito esforzo e colaboración, un gran cambio de mentalidade en toda a sociedade

           Polo que, remato este escrito coa idea de estar no certo na miña premisa, os modelos de orientación e os modelos de asesoramento non son o mesmo, pero tampouco son polos opostos. Xa que, aínda que comparten varios aspectos iguais que recollín anteriormente, tamén presentan algúns que os diferencian, no que destaco principalmente a concepción que teñen do termo modelo ou o tipo de relación que se establece entre o orientador/asesor co orientado/asesorado, como xa mencionei anteriormente.

           Como xa dixen, tras o pequeno acercamento que fixen os modelos de asesoramento e orientación, chego a conclusión de que non son o mesmo pero como xa comentei teñen aspectos en común, isto fai que aflore en min unha dúbida, unha pequena “conclusión”. Atrévome a dicir que, o mellor en certas ocasións, poderíanse empregar indistintamente algún modelo de orientación por outro de asesoramento, mais concretamente refírome os casos de modelos de couselling, consulta, psicométrico - clínico por modelos de contidos, intervención e viceversa... estou no certo?? Gustaríame que comentedes sobre esta cuestión.

            BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA:

  • Martín, E. y Solé, I. (coords). 2011. Orientación eduactiva. Modelos y estrategias de intervención. Barcelona. Graó.
  • Escrito publicado neste blog o martes 29 de outubro titulado: modelos de orientación.
  • Escrito publicado neste blog o martes 5 de outubro titulado: modelos de asesoramento.