**Diario de mércores, 6 de novembro**

Diario sesión **mércores, 6 de novembro**

Nesta sesión trataremos de anticipar en que momento nos atopamos do cuadrimestre, no seu “ecuador”, facendo a revisión de como estamos a nivel individual no traballo levado a cabo, en canto ó proxectado na rede sobre o que facemos nas clases, marcando un continuado no mesmo.

Primeiramente, mencionouse a importancia de valorar a diferenza entre blog e arquivo en canto a súa especificidade, así como a súa compensación. Neste caso, o blog ten máis carácter de dar conta do traballo continuo levado a cabo na rede e o arquivo implica unha maior indagación sobre un artigo, documento, etc. A súa complementariedade faise importante para esta materia sobre o asesoramento. Desta maneira iremos construíndo o noso portfolio sobre o traballo na materia, a través dun fío condutor. A estrutura do portfolio será a seguinte: introdución (que fixen? como fixen?, etc.), o desenvolvemento (que poden ser en bloques, a través de imaxes, a través dun fío condutor, dunha metáfora como “a viaxe”, “unha aventura”, “unha canción”, etc.) e unhas conclusións (onde se recollerá unha autoavaliación, conclusións e referencias bibliográficas).

Continuadamente, propúxose nesta sesión a análise do desenvolvemento da técnica acuario e a que conclusións chegamos. Entre as diferentes achegas, podemos destacar a influencia da mestra no debate, o cal fixo que se reducira a intervención do círculo máis externo. A escasa participación debeuse tamén a análise tan ampla realizada polo círculo interno, onde había moitos elementos moi ben defendidos e cuestionados. Debido a aplicación desta técnica, cuns determinados obxectivos que nos permite actuar dunha maneira prevista, que nos ofrece posibilidades de mellora, pero que as intervencións foron extensas debido a que o texto co que se traballou a técnica era complexo e aportaba moitas cuestións que se deixaron no tinteiro. Pode ser así, que fallou a distribución inicial de tempos.

Dende o meu punto de vista, a adxudicación tan estrita de papeis é crucial para garantir que funcionen todos os círculos e se impliquen en maior grao.

Lourdes Montero mencionou que no seu caso, na execución da técnica botou de menos a grabación ou a fotografía como técnica de estimulación de recordo, o que se remarcou a falta de conciencia ou de consideración desa necesidade durante a actividade.

Desta maneira, houbo achegas referidas a que se debería aplicar esta técnica sobre o texto noutra sesión, pois existiu un problema de tempos, debendo ser necesario o aproveitamento dos tempos cos que contabamos. Esta situación merécenos especial atención xa que nos permite coñecela na práctica, e saber as súas vantaxes e desvantaxes de primeira man.

Hai un elemento que vai emerxendo constantemente, que é o eixo da seguinte actividade, a colaboración, que implica constantemente “traballar con” en lugar de “intervenir en ou sobre”. Poderíamos dicir que a colaboración é un tipo de intervención, ainda que máis light, pois é unha especie de actuación ou intervención que non se nota, pois é traballar coas persoas que están o noso arredor.

Necesitamos así conceptualizar (que estamos entendedo por colaboracion?) e como a posibilitamos, para o que a profesora Lourdes Montero recomendounos como lecturas suxeridas, o título 4 “Asesoramiento psicopedagóxico ó profesorado”, Libro de Iranzo “Modelos de asesoramento e de intervención á colaboración”, sería unha das cuestións importantes para traballar. Tamén é importante, En Monereo y Pozo (2005), no seu capítulo 14 de Echeita e Rodríguez e de Basedas en Sanchez Cano e Bonals (2007) onde hai aspectos de traballo en red  titulado “A colaboración entre profesionais y traballo en red”. Sobre estas cuestións profundizaremos máis na seguinte sesión.

Nesta sesión continuamos traballando sobre as ideas previas en canto o traballo do asesor co profesorado, facendo un retrato ou bosquexo, a partir de dúas cuestións:

      Que pensan futuros asesores e asesoras sobre profesores e profesoras? Cales son as nosas ideas previas?

 

      Que pensamos que pensan de nós os profesores?

 

En relación á primeira cuestión, o primeiro grupo explicou que son os axentes principais para levar a cabo a mellora na educación, son básicos para construír cidadáns críticos na sociedade, a reticencia do profesorado a pedir axuda pois están demasiado acostumados a traballar na aula individualmente.

Neste sentido, Lourdes Montero propuxo o autor Hargreaves, o cal plantexa nunha obra de 1996, titulada “Profesorado, cultura y postmodernidad” y retoma na obra de 2003 “Enseñar en la sociedad del coñecemento”, plantexa a relación que os profesores teñen cos profesionais que os rodea, onde detecta e identifica nos centros unha cultura individualista.

“Balcanización ou reino de taifas” denominouno este autor mencionado pola mestra, onde o profesorado traballa desde grupiños, entre si, con incapacidade de abrirse entre os grupos. Neste sentido, recálcase a necesidade do traballo en rede ou a colexialidade artificial (colaboracións puntuais), pois a colaboración asístese de moitas maneiras, por iso non está claro a súa concepción. A coordinación é clave para a labor profesional na docencia, onde a colaboración significa ir máis alá da aprendizaxe individual. Outra proposta que fai é o “mosaico móvil”  (Hargreaves, 1994), onde cada un colabora cunha estrutura organizativa coa que mellor nos vaia.

Na mesma liña, a profesora indicou que as recompensas intrínsecas é o alumnado, no sentido en que os docentes deben ser quen para desempeñar a súa labor con respecto a estes, interesarse na súa aprendizaxe, no seu desenvolvemento das potencialidades, etc. Estos elementos están implícitos á labor do profesorado, que xunto con outros incentivos (salario, vacacións, etc.) forman un xogo, unha zona de indeterminación técnica, referido á conciencia particular de cada profesional. De aí a profesionalidade que media e regula os comportamentos dos profesionais, por iso hai profesionais tan distintos no seu ámbito. O concepto de profesionalidade está intimamente ligado ás profesións ligadas á vocación, como profesión que mantén moitas horas de preparación na súa labor de docencia.

Dende o noso grupo consideramos que é unha realidade que necesita directamente axuda e apoio dende o asesoramento, pois o longo da súa vida profesional, o profesorado necesita ser asesorado ante a diversidade de problemáticas que se lle van presentando, en relación o alumnado, a súa instrución co mesmo, a súa formación xa que o ámbito educativo se atopa en continuo cambio, para a innovación e creación nas súas prácticas, etc.

En relación á segunda cuestión, outro grupo fixo referencia á diferenza entre profesorado antigo e profesorado máis actual en base os estereotipos na sociedade, onde o primeiro caso, están vistos como pouco colaborativos, preferentemente condutistas, con menos gañas de traballar e colaborar. No segundo caso, son máis colaborativos e máis predilectos ó cambio. Neste caso unha compañeira fixo unha aclaración con referencia a esta denominación, dando lugar a recoller como primeiro caso “profesorado tradicional” en lugar de “antigo”, no que a súa metodoloxía é maxistral, instrutiva e tradicional, pouco innovadora, polo que se mostran máis reticentes o cambio.

Estes estereotipos forman parte tanto internamente á profesión como externamente, tal e como sinalou unha compañeira, onde o recoñecemento é principal e imprescindible neste caso. Debemos así traballar os estereotipos e intentar erradicalos para favorecer unha mellor visualización das nosas profesións.