Cómo transformar os nosos centros educativos en comunidades de aprendizaxe comprometidas?

Na pasada sesión, día 21, estivemos traballando sobre o artigo de Jesús Domingo Segovia, a través da técnica acuario.

Durante o debate xurdiu en numerosas ocasións a idea defendida polo autor, baseada na intención de que para unha mellora da  calidade da educación, en xeral, era necesario a creación de comunidades de aprendizaxe comprometidas.

Pero, dende o meu punto de vista, botei en falta, que en ningún momento, ó longo do texto, se fixera referencia a cómo conseguir este propósito dende a práctica real. Polo que decidín traballar e indagar sobre este concepto.

A continuación, subo un arquivo no que se recollen as orixes e as prácticas que fundamentan a ditas comunidades de aprendizaxe.