Fracaso escolar, o noso profesorado ten a culpa disto?

Cada día escoitamos falar do fracaso escolar en España, bríndansenos a  diario cifras e máis cifras do mesmo, feito polo cal considero relevante desenvolver esta entrada en base a esta problemática. Porque se da en España tanto fracaso escolar? Acaso o principal culpable é o profesor ou existirán outras variables que afectan a este fenómeno actual?

            Comezaremos esta entrada definindo o que entendemos por fracaso escolar. Segundo a páxina web da Wikipedia, este termo posúe unha sinxela denominación: “normalmente el hecho de no lograr el título académico mínimo obligatorio de un sistema educativo”.

            Porén, indagando polo miúdo acerca de este fenómeno tan actual, pero que, sen dúbida tamén se desenvolveu en épocas pasadas aínda que non se tivo tanto en consideración debido, segundo o meu punto de vista ós valores que imperan nun contexto histórico en concreto. Por exemplo, quizais no século pasado se primase máis estar desenvolvendo unha ocupación ós 16 anos, que ter finalizados os estudos obrigatorios, como o que se persegue hoxe en día como mínimo, no que non esquezamos que estamos mergullados nunha sociedade da información e comunicación de constantes cambios nos que precisamos estar “ó loro” do que sucede no día a día. Por isto, hai que adquirir os coñecementos, destrezas e habilidades que se consideran básicos e obrigatorios na nosa sociedade.

image Pero, porque se consideran básicos un contidos e non outros? Esta importante labor concírnelle ás “reformas corrientes. De la urgencia de acometer esta tarea, por lo demás, son plenamente conscientes bastantes centros y profesores. El currículo escolar vigente, incluso en la educación primaria y secundaria obligatoria, sigue aquejado de un academicismo inveterado de los programas, al que sucesivamente se han ido añadiendo contenidos y conocimientos, áreas y materias pegadas unas a otras, yuxtapuestas y atentatorias contra la profundidad de los aprendizajes, la coherencia de la formación y el acceso pleno de amplios sectores de estudiantes a los niveles implícitos o explícitos de exigencia, no siempre razonables ni bien justificados” (Escudero, J., 2005). A través disto extraemos varios elementos: por unha banda, óllase como os primeiros axentes protagonistas de considerar uns coñecementos básicos ou non son os responsables das políticas educativas ou reformas que se leven a cabo, destacando a idea que en entradas anteriores comentaba, a ausencia de profesionais especialistas en educación ostentando o poder político, e polo tanto esa carencia de visión educativa e todas as consecuencias que trae isto aparellado. Doutra banda, os segundos axentes responsables de planificar os contidos básicos do currículo escolar ou do plan de estudos son os centros educativos e os profesores á hora de elaborar os seus Proxectos Educativos de Centro (PEC) e Proxectos Curriculares de Centro correspondentes (PCC). En relación coa óptica de Escudero, considero que realmente se desenvolve un “academicismo” nos currículos escolares actuais ós que non se teñen en conta ós estudantes e ás súas aprendizaxes, e polo tanto se engaden contidos a materias sen motivos educativos aparentes. Nisto, os profesores deberían reparar, xa que a súa función é “dar sed a quienes no quieren beber. No nos podemos contentar con dar de beber a quienes ya tienen sed” (Meirieu, P., 2007). Quizais, se se reflexionase sobre este aspecto, a porcentaxe de fracaso escolar español diminuiría un pouco, canto menos.

            Buscar que os alumnos con dificultades teñan interese por aprender, ansias de realizar tarefas, xa que os alumnos con fracaso non desexan desenvolver ningún traballo escolar ó consideralo inservible. É neste senso onde o docente ten que actuar, procurar un novo tipo de relación co saber (Meirieu, P., 2007), crear un clima beneficioso para que o alumno se vexa estimulado, implicándose, e sendo partícipe das iniciativas que se leven a cabo.

            Ó longo do tempo producíronse enormes transformacións no que a escolarización se refire, transformacións, ou máis ben “avances en la escolarización de grandes sectores de la población durante cada vez un período más prolongado de sus vidas” (Esteve, 2006). De igual forma, ampliábase a escolarización pero tamén se producían dificultades como:

  • Rapaces que non ingresan na escola
  • Rapaces que ingresando na mesma non permanecen
  • Rapaces que permanecen pero que non aprenden nas formas e ritmos que marcan os centros educativos
  • Rapaces que aprenden, pero que se anclan en contidos de pouca importancia que comprometen o seu posterior percorrido

            Tal como nos expón Terigi, F. (2009), xeralmente entendemos por fracaso escolar ó que esta contido no segundo e terceiro punto que amosamos anteriormente, feito polo cal, a denominación que nos entregaba  a páxina web da Wikipedia é bastantes escasa. Ó falar de fracaso escolar, falamos de baixo rendemento dos rapaces, de dificultades na aprendizaxe ou nenos que repiten varios cursos.

            Pero dito isto, o fracaso non debe ser ollado como un aspecto natural, de feito é constituído na e pola escola nas relacións que se manteñen cos estudantes, e viceversa. “Sin el orden moral y cultural que representa e impone la escuela, el fracaso sencillamente no existiría” (Escudero, J., 2005), tal como presentabamos anteriormente ó falarmos do carácter tan “academicista” do currículo escolar actual.

            Disto podemos sobresaír a importancia de como designamos este termo, no sentido de que analizando bibliografía variada ofrécensenos descricións e comprensións da palabra fracaso escolar diversas. Porén, de igual modo, para os alumnos esta situación desplega determinados efectos como: os referentes á súa propia imaxe, ás propias valoracións de si mesmos, as relacións e interaccións sociais que establecen ou sinxelamente consecuencias fatais para a súa persoa.

            Existen multitude de vídeos sobre o fracaso escolar que podemos atopar na rede. Neste vídeo en concreto, só nos expón unhas variables en concreto que inciden nesta situación de fracaso: maltrato dos pais, maltrato dos profesores, discriminación dos compañeiros, que traen aparelladas consecuencias como sentimentos de inferioridade nos alumnos, acceder ó mundo das drogas, etc.

            Nestoutro vídeo, e en comparación co anterior amplíasenos o abanico de variables que poden afectar á situación que desenvolvemos ó longo da presente entrada: problemas individuais propios do neno, problemas no eido familiar, malas condicións sociais (desmotivación, moral, sometemento, etc), condicións de pobreza (polo que non se pode estudar e hai que traballar), problemas co profesorado (non acepta as singularidades de cada alumno), etc. Como se indica no vídeo, cada feito, aínda que pode ser, non é exclusivo do fracaso escolar, senón que o conxunto destes factores sociais leva que se poida producir tamén este fenómeno.

            Deste modo, a continuación e de xeito máis analítico examinaremos unha serie de variables que inciden directamente no fracaso escolar, e nunha posterior e posible exclusión escolar ou educativa. Tamén pode acontecer o caso contrario, que mediante a exclusión social dalgún rapaz se desenvolva un posterior fracaso escolar, polo que a exclusión social se convertería nunha variable influínte directamente no fracaso escolar.

            Antes de presentar todas estas variables, debo facer fincapé no choque creador do fracaso escolar, radicando no que os centros educativos e os docentes esixen ós alumnos, e o que algúns estudantes son quen de brindar ou amosar. Así, tendo presentes estes niveis de esixencia dos centros e docentes, confluirán outras variables, como son as que distinguimos na táboa:

 

Elementos persoais e sociais do alumnado

Características familiares

Influencias do grupo de iguais

Características da comunidade  en que habita

Entorno escolar

Políticas educativas e sociais

Saúde

Estrutura e composición (matrimonio, mozos, monoparentais)

Presión contra o rendemento escolar

Entorno rural ou urbano

Clima escolar interesante/aburrido

Política curricular

Discapacidades (físicas ou mentais)

Clima familiar (autoritario, democrático)

Cultura anti-escola

 

Grao sensibilidade de resposta

Profesorado e formación

Inmigrante

Pobreza

Delincuencia

Peligrosidade

Apoio social (orientación, consellos)

Avaliación, inspección

Bajos ingresos económicos o en situación de pobreza

Cultura familiar

 

Pobreza

Ratios profesor-alumno

Proxectos de renovación

Mal comportamento

Baixa cohesión

 

Vandalismo

Política de agrupamento na clase (segregación)

Articulación das políticas educativas coas sociais e municipais

Carencia de medios e recursos para o estudo persoal

Valoración da escola

 

Baixo nivel cultural

Calidade do ensino e dos materias didácticos

Mecanismos de protección social

Sexo

Comportamento fronte ó estudo

 

Dependencia sistemas protección social

Grao implicación na aprendizaxe

Loita contra a exclusión social

Raza

Actitudes de cara ás tarefas escolares

 

 

Atención á diversidade

 

 

 

 

 

Relevancia do currículo

 

 

 

 

 

Conexión coa sociedade

 

 

 

 

 

Criterios e procedementos de avaliación

 

Fonte: Elaboración propia a través de Martínez, F., Escudero, J. M. et al (2004).

            Deste xeito, se observamos detidamente a táboa, dámonos conta da importancia dos múltiples factores que operan na existencia ou non existencia dun posible fracaso escolar. Así, tamén constatamos como o profesor, non é o único que hai que responsabilizar no momento en que se produza o fracaso escolar entre algúns alumnos. Porén, hai que ter tamén en conta que este, cumpre unha función vital neste proceso de ensino-aprendizaxe, xa que debe coñecer as circunstancias de cada alumno, as condicións que posúe como persoa, as dificultades, co fin de que, na medida do posible poder darlle todo aquilo que precise na aula propiciando un mesmo nivel de igualdade de oportunidades na aprendizaxe que o resto de compañeiros.

            A avaliación é un aspecto fundamental no que ó fracaso escolar se refire, xa que é o profesor o que decide se un alumno aprende ou non aprende nos ritmos e xeitos adecuados que se esperan. “Es crucial reflexionar sobre el grado hasta el cual el alumno (y su posible destino de fracaso) está expuesto a la comprensión del profesor en ese momento evaluativo” (Tegiri, F., 2009).

            Neste senso debemos destacar a importancia de coñecer todas aquelas concepcións que se posúen sobre a aprendizaxe que teñen o alumnado e o profesorado, co fin de “cambiar las mentes para cambiar la educación” (Pozo, J.I. et al, 2006:11).  Deste xeito, debemos desenvolver unha conciencia crítica nos mecanismos de diagnóstico dos nenos considerados con esta problemática, así como promover o desetiquetamento destes alumnos no sistema educativo fronte a diversidade dos coñecementos e exercicios existentes.

            Coa finalidade de deixar constancia da realidade na que estamos inmersos no que respecta a este fenómeno educativo presentaremos dúas táboas principais:

Táboa 1: Porcentaxes do colectivo de rapaces de entre 18 e 24 anos de idade que non completaron a Educación Secundaria Obrigatoria (3º e 4º curso respectivamente) e que non continúa con ningún tipo de formación. (anos 2000, 2004 e 2008)

                                              image

Fonte: Vaquero, A. (2011). La reducción del fracaso escolar. Asignatura pendiente del sistema educativo español. Revista de la Asociación de Inspectores de Educación de España, 14.

            A través da táboa constátase como España é o terceiro país da Unión Europea con maior porcentaxe de fracaso escolar que moitos dos outros países, feito polo cal debemos reternos a reflexionar sobre as nosas prácticas educativas.

Táboa 2: Porcentaxes do colectivo de rapaces de entre 18 e 24 anos de idade que non completaron a Educación Secundaria Obrigatoria (3º e 4º curso respectivamente) e que non continúa con ningún tipo de formación nas diversas comunidades autónomas españolas (anos 2000, 2004 e 2008)

                                                       image

Fonte: Vaquero, A. (2011). La reducción del fracaso escolar. Asignatura pendiente del sistema educativo español. Revista de la Asociación de Inspectores de Educación de España, 14.

            Nesta táboa, ollamos como no ano máis recente (2009), Galicia non posúe a maior taxa de fracaso escolar de entre as diversas comunidades autónomas españolas, porén un 26% de fracaso escolar considero que é unha cifra bastante importante e a ter en conta á hora de desenvolver o quefacer educativo.

            Sen máis, facemos fincapé na importancia de dar unha boa resposta educativa á diversidade de condicións nas que se atopa cada alumno en particular, non minimizando os riscos nos que se encontran ou descoñecendo as dificultades que se lle antepoñen ós docentes. O que hai que pretender e fomentar é a análise político-educativa das circunstancias de cada proxecto educativo, sometidas a revisión co fin de acadar unha total inclusión educativa.

 

BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA

 

Escudero, J.M. (2005). Fracaso escolar, exclusión educativa: ¿De qué se excluye y cómo? Profesorado, revista de currículum y formación del profesorado, 1, (1)

Esteve, J.M. (2006). Identidad y desafíos de la condición docente. En Tenti Fanfani, E, El oficio del docente. Vocación, trabajo y profesión en el siglo XXI. Buenos Aires: IIPE-UNESCO.

http://es.wikipedia.org/wiki/Fracaso_escolar (Consultada o día 8/11/2013)

  (Consultada o día 8/11/2013)

(Consultada o día 6/11/2013)

Martínez, F., Escudero, J. M. et al (2004). Alumnos en situación de riesgo y abandono escolar en la educación secundaria obligatoria: Hacia un mapa de la situación en la Región de Murcia y propuestas de futuro. Proyecto (PL/16/FS/00) Financiado por la Fundación Séneca. Murcia

Meirieu, P. (2007). Es responsabilidad del educador provocar el deseo de aprender. Cuadernos de Pedagogía, 373, pp. 42-47

Pozo, J.I.  et al. (2006). Nuevas formas de pensar la enseñanza y el aprendizaje. Las concepciones de profesores y alumnos. Barcelona: Graó.

Tegiri, F. (2009). El fracaso escolar desde la perspectiva psicoeducativa: hacia unha reconcepción situacional. Revista Iberoamericana de Educación, 50, pp. 23-39

Vaquero, A. (2011). La reducción del fracaso escolar. Asignatura pendiente del sistema educativo español. Revista de la Asociación de Inspectores de Educación de España, 14. Recuperado o día 8/11/2013 de: http://www.adide.org/revista/index.php?option=com_content&task=view&id=281&Itemid=70