O papel dos psicopedagogos/as nas escolas inclusivas

Despois de traballar sobre o artigo de Jesús Domingo Segovia, Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría, xurdiron uns termos sobre os que é preciso reflexionar, como son a mellora da calidade da educación, a equidade e a colaboración. Termos os que nos referimos habitualmente sen deternos, en realidade, en analizar os seus significados.

Existe un concepto e unha realidade educativa capaz de reunir estes termos dentro da práctica real, estou a falar das Escolas Inclusivas. A través deste novo modelo educativo, preténdese conseguir unha mellora da calidade educativa, garantindo a equidade, ó centrase a escola en atender as necesidades e peculiaridades de todos e cada un dos seus alumnos/as. Dito propósito preténdese conseguir a través do traballo colaborativo entre os diferentes membros da comunidade educativa.

Non é cuestionable, que se precisa dun cambio nos sistemas educativos, pois as sociedades avanzan e, polo tanto, a escola debe transformarse tamén co fin de adaptarse os novos tempos. A escola inclusiva, presentase como unha boa alternativa para formar os cidadáns do século XXI, pois como recolle José Martí:

“Todo esfuerzo por difundir la instrucción es vano cuando no se acomoda la enseñanza a las necesidades, naturaleza y porvenir del que las recibe”.

Todo cambio require dunha modificación das estruturas educativas, ademais dunha transformación dos roles que os diferentes axentes educativos (docentes, familia, institucións educativas, orientadores, entre outros) deben desempeñar, polo que cabe preguntarse cal será a labor dos psicopedagogos nesta escola inclusiva? E ante todo, preguntarnos, se este profesional ten cabida neste novo sistema?

A continuación, subo un artigo no que se tratan estas diferentes cuestións.