Carla Rodiño Otero

Soy una persona activa, trabajadora y responsable. Me gusta mucho el contacto con los niños así como todo lo relativo a su proceso de enseñanza aprendizaje, de hecho considero que mi vocación es la de ser docente.

Clase do mércores 6 de novembro

06/11/2013

Para comezar esta sesión falamos sobre a construción do noso propio portafolios, dando unhas pequenas pinceladas e ideas de como podemos elaboralo. A profesora Loudes Montero díxonos que podíamos utilizar metáforas como unha viaxe, un xardín, a construción dunha casa, a composición dunha canción... aínda así nunha das próximas sesións falaremos con maior profundidade sobre como levar a cabo a construción de cada un dos nosos portafolios.

Ademais, chegamos ao acordo de que a data límite para entregar os nosos portafolios será o 28 de decembro, para que logo das pertinentes correccións por parte da profesora, esta nos indique se debemos ou non asistir ao exame final da materia. Para no ter que acudir a dito exame temos que traballar nesta rede social non só en cantidade de ocasións, se non levando a cabo un traballo de calidade. Dende o meu punto de vista pretendo rematar esta actividade de publicación na rede da maneira máis satisfactoria que me sexa posible

O seguinte que fixemos foi reflexionar sobre a técnica do acuario, desenvolta na sesión pasada, falando do análise do seu desenvolvemento e das conclusións ás que chegamos.

Marcáronse unha serie de puntos que deberíamos ter en conta se queremos volver a poñer en práctica dita técnica como poden ser:

  • Establecer uns tempos para cada grupo. De facer isto o círculo externo externo tería máis tempo para falar e opinar do que tivo.
  • O papel da profesora, do que se dixo que o mellor sería que actuase como moderadora xa que a súa opinión sobre o que se estaba facendo foi extensa no tempo. Aínda así, considero que si se cumprise o punto anterior, establecer uns tempos de palabra, a profesora podería facer igual esta reflexión se que quedase xente sen falar.
  • Deberíamos poñer en práctica esta técnica en outro tipo de aula, na que, como a propia organización da técnica sinala, se poidan formar os círculos correspondentes. Neste caso, isto xa non estaba nas nosas mans xa que non dispoñíamos de outra aula na facultade.

Ademais de isto sinalar que teño nos meus arquivos un documento coa miña opinión persoal do que aparece no texto de Domingo Segovia que se pode consultar neste enlace: http://stellae.usc.es/red/file/view/44546/reflexin-persoal-sobre-o-texto-de-domingo-segovia

Falamos tamén do que entendemos por colaboración e o que implica traballar baixo este termo tendo que dar respostas a preguntas como:

  • Que estamos entendendo por colaboración?
  • Como a posibilitamos?

Para traballar todo isto, a profesora sinalou unha serie de fontes bilbiográficas que poden ser da nosa interese :

  • Capítulo 4 do libro de Iranzo (2012).
  • O capítulo 14 de Echeita e Rodríguez do libro de Monereo e Pozo (2005).
  • O capítulo 2 de Bonals e Sánchez Cano do libro de Basedas (2007).

Estes capítulos poderemos atopalos no grupo de clase de Asesoramento en Stellae xa que unhas compañeiras se ofreceron a poñelo na rede, para que reflexionemos sobre eles nos nosos pequenos grupos de aula.

Para rematar, en pequenos grupos, reflexionamos sobre dúas cuestións en base ás que fixemos un pequeno debate sobre a opinión de cada un dos grupos presentes na aula.

  1. Que pensan futuros asesores e asesoras sobre o profesorado?
  2. Que pensamos que pensa de nós o profesorado?

Dicir que as respostas grupais a estas preguntas subirémolas no grupo Psicopedagogas en acción, xa que elaboramos un documento conxunto entre as catro compoñentes do grupo.