De onde vén a crise da profesión docente?

Na sesión expositiva do día 6 de novembro, levamos a cabo a “Técnica do acuario” ou “Técnica da cáscara de cebola”, en base ao documento de José Gimeno Sacristán, De dónde viene la crisis de la profesión docente?, recollido no número 374 da revista Cuadernos de Pedagogía.

Para levar a cabo esta sesión, partimos da división do grupo clase para poder realizar esta tarefa. En primeiro lugar, nunha sesión anterior, foron seleccionados o grupo de peixes (Nerea, Jorge e Kely) e o grupo de Quenllas (María, Marta e eu mesma). A tarefa que se nos propuxo foi levar a cabo unha exposición daqueles contidos e ideas clave do texto, por parte do grupo de peixes, mentres que as que formabamos o grupo de quenllas, debiamos reflexionar sobre as ideas que eles trataban, relacionándoas con outros temas para poder afondar nun debate. Este debate terminaría coas aportacións do grupo clase, o cal realizaría a tarefa de observadores.

A realización da práctica comezou coa asignación dun moderador, o cal foi Brais, quen dirixiu e puxo en marcha as distintas intervencións que se levarían a cabo en torno ao tema.

En primeiro lugar, realizaron a súa intervención o grupo dos peixes. Os cales abordaron as seguintes ideas, ou puntos clave do texto:

  • A crise da educación producida polos cambios no medio social, cultural político e económico.
  • A crise como algo inherente á educación.
  • A crise non se debe entender como algo negativo.
  • Desaxuste en educación que provoca que os docentes se adapten a crise ou que pasen dela.
  • Importancia das distintas reformas educativas,neste período de crise, as cales fan que o sistema educativo este en continuo cambio. O cal afecta a profesión docente, entendendo que o profesorado debe aprender a sentirse en crise.
  • Necesario reconstruír a profesión docente, forxando unha identidade profesional.
  • Motivos que desestabilizan ao profesorado, dentro dos cales se destaca a importancia de competencias básicas máis que contidos, a situación que ten a escola na sociedade da información, a necesidade ou non dun proxecto unitario de educación, a problemática dunha sociedade multiétnica, e por último, a incerteza ante un futuro incerto dos sistemas educativos.
  • A deslixitimación do profesorado, abordando aspectos como a escasa formación, un sistema de promoción no cal só se ten en conta o número de cursos e non a práctica docente ou a escasa renovación xeracional.
  • Inexistencia dunha formación continua obrigatoria do profesorado.
  • Os docentes pasan moito tempo nas aulas e non abordan outros ámbitos que tamésn producen coñecemento.
  • Os medios de comunicación aportan unha imaxe catastrofista da educación, fundamentada en informes e estudos como o informe PISA.

Unha vez finalizado o turno dos peixes, deu comezo a intervención das quenllas. Neste punto, e como membro do grupo, debo indicar que decidimos facer unha pequena síntese daqueles puntos principais tratados polo grupo anterior. Xunto con esta síntese fomos introducindo outros conceptos e temas que abordamos ao longo das distintas sesións da presente materia.

  • Incidir na crise na educación como unha posibilidade de mellora do sistema educativo, non como un problema.
  • O profesor ten un papel principal na mellora da educación e como non na solución da crise.
  • Ante isto relacionamos estas ideas coa teoría exposta por Hargreaves na cal se mostran os distintos tipos de docentes. Situando o docente catalizador como aquel capaz de convivir e potenciar a educación dende o período de crise e cambios que se está a vivir.
  • Para abordar a desestabilización do profesorado, fixemos fincapé na idea dos cambios constantes de lei educativa, introducindo deste xeito a LOMCE. Unha lei realizada sen ter en conta ao profesorado e o que este ten que dicir.
  • O Informe PISA, como algo alleo ao contexto que analiza. Os resultados son xerais e os aspectos analizados non teñen en conta a situación concreta de cada rexión. En consecuencia, estes resultados afectan a visión que se ten dos docentes.
  • Para abordar a falta de compromiso dos docentes e os cambios, fixemos alusión a Z. Bauman e a súa “modernidade líquida”, na cal se refire á importancia de adaptarse e ser flexible ante os cambios que imperan na sociedade.
  • Papel do profesor como mediador entre a sociedade e a escola.
  • A vocación docente entendida como a forma de que un docente sexa innovador e non se acomode ante un tipo de ensinanza caduco na sociedade actual. 

Unha vez finalizadas as aportacións das quenllas, deu comezo un análise conxunto co grupo clase, os observadores, no cal xurdiron distintos aspectos interesantes a tenos do contido do documento.

  • Informe PISA, papel do contexto nestes informes, fiabilidade dos resultados, diferenzas entre comunidades autónomas, etc. Este tema abordou a primeira parte das intervencións posto que sen dúbida e un dos aspectos máis conflitivos no tocante ao profesorado e a concepción do seu papel e do sistema educativo en si. A tenor deste tema xerase a proposta de creación dun sistema educativo diferenciado por comunidades autónomas ou rexións.
  • Proposta de mellora da formación continua do profesorado, en referencia coa necesidade dunha nova identidade docente.
  • Necesidade do traballo en equipo dos docentes.
  • Necesidade de práctica ou de teoría na formación docente?
  • A calidade educativa non ten que supeditarse aos recursos que se teñan. Se un docente é bo pode dar o seu traballo da mellor forma posible con escasos recursos.
  • Papel da vocación e da responsabilidade profesional.

 

É por tanto a crise un problema educativo ou é o xerme dunha mellora necesaria?

 

Neste senso abordar a profesión docente como eixe fundamental do cambio e da mellora educativa é vital para entender e salientar a importancia dos docentes. Ter en conta este feito é importante para abordar a necesidade dunha lexislación educativa única que faga posible unha continuidade nas políticas educativas, facilitando deste xeito a labor dos profesionais. Por outro lado, ter en conta a sociedade actual e as necesidades que esta presenta é de vital importancia para todo docente que queira que os seus estudantes aprendan non só na escola, senón tamén cos distintos recursos existentes no contexto social.

Potenciar a formación permanente é así mesmo unha peza clave que toda sociedade do siglo XXI,a cal se debe apoiar, mellorar e considerar como eixe fundamental da formación do profesorado.

O papel dos medios de comunicación é, así mesmo, un feito clave para mellorar a profesión docente é fomentar unha nova visión da importancia deste colectivo. Que o sitúe no nivel de importancia que ten, posto que un docente é a peza clave na formación de toda a sociedade, así como a pegada que este pode deixar nas nosas vidas, como analizamos noutra sesión, é fundamental na nosa concepción da ensinanza así como na nosa propia evolución persoal. Debido a isto, non podemos deixar de lado a importancia desta profesión, unha profesión clave na evolución da sociedade.

Por tanto, a crise non debe entenderse como un  problema, senón como unha solución, como unha innovación, como o punto de partida da educación que queremos ter. Ser conscientes dos cambios, adaptarnos a eles, e facerlles fronte, son as pezas fundamentais que deben posuír os profesionais da ensinanza na sociedade do coñecemento na que estamos inmersos.

 

Bibliografía.

Gimeno sacristán, J.(2007). De dónde viene la crisis de la profesión docente?. En Cuadernos de pedagogía nº374 pp.17-20