Teoría + Práctica + Reflexión = todas igualmente necesarias nunha boa formación

Como dixen na miña anterior entrada, vou adicar hoxe este espazo a afondar sobre un tema de debate que saíu na anterior sesión coa realización da técnica acuario:

Qué é máis importante: a teoría ou a práctica? Ou ningún dos extremos é o correcto? Qué debe primar ou non na formación do profesorado?

Para elo, baseareime no texto titulado “La práctica, la teoría y la persona en la formación del profesorado” de Fred A.J. Korthagen, artigo que aparecía o 15/04/2010 na Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado.

 

1.TEORÍA E PRÁCTICA NA FORMACIÓN DO PROFESORADO

Na formación do profesorado podemos diferenciar comúnmente dous enfoques:

  • Enfoque teoría -á- práctica ou deductivo

Céntrase na teoría. O formador decide qué contidos son importantes.

  • Enfoque ensaio-erro

Baseado na práctica. É unha tendencia na formación do profesorado, pero conleva demasiados riscos.

Nestes dous enfoques o que hai é unha fenda entre práctica e teoría, no primeiro úsase moita teoría e no segundo moita práctica. Segundo Smith (2003, 53) o reto básico dos educadores é unir a teoría e a práctica. Isto lévanos a un terceiro enfoque:

  • Enfoque realista

-Neste enfoque a teoría e a práctica interrelaciónanse

-Traballan sobre a base de situacións reais e que esperten as súas inquietudes

-Reflexionan e interaccionan

-Intervención guiada

-A teoría como algo que poden crear os futuros profesores

É importante destacar o trato que fai Korthagen da teoría, empregando para elo a distinción feita por Aristóteles e que eu resumo do seguinte modo:

  • Episteme

-Inclúe o coñecemento de varias situacións

-Emprega conceptos xerais

-Basease na investigación científica

-Axúdanos a entender varias situacións

Exemplo do que é a episteme: ter un marco científico amplo acerca dos sentimentos.

  • Phronesis

-Dirixida a acción concreta

-Baseada en experiencias propias

-Forma a nosa percepción acerca de situacións específicas

Exemplo do que sería a phronesis: Desenvolver a conciencia da persoa sobre os sentimentos e que esto inflúa nun cambio no comportamento.

Phronesis e epistemes a un lado, o que está acontecendo en todo o mundo segundo este autor é que a formación do profesorado está presentando cambios. Cambios que apostan por unha aprendizaxe que desenvolva a capacidade de dirixir a propia aprendizaxe (aprendizaxe auto dirixida), de estruturar as súas experiencias e de construír as súas propias teorías en e sobre a práctica. Todo elo mediante técnicas de aprendizaxe cooperativo e da co-creación de coñecemento.


2. AS DECISIÓNS INCONSCIENTES COMO RESULTADO DUNHA GESTALT

Segundo varias investigacións, os profesores toman bastantes decisións instantáneas na ensinanza. Schön (1983, 54) afirma: “A miúdo non somos conscientes de ter aprendido a facer certas cousas, simplemente as facemos”.

Korthagen e Largerwerf (2001) pensan que este comportamento é o resultado dunha Gestalt. Isto quere dicir que o comportamento é o froito dun proceso interno no que un conxunto de necesidades, valores, sentimentos, coñecementos, significados e inclinacións conductuais desempeñan todos xuntos un papel.

E que facemos entón? Estamos condicionados por e a esa Gestalt?

Por suposto que non. Isto quere dicir que a formación do profesorado debe potenciar a reflexión na formación do profesorado.


3. A REFLEXIÓN E O MODELO ALACT (Action, Looking back on action, Awareness of Essentials aspects, Creating alternative methods of actions and Trial)

Modelo ALACT

Como se pode apreciar na figura do modelo ALACT de reflexión, trala acción ven a revisión da acción. O obxectivo deste punto é desenvolver a conciencia do futuro profesor con respeto aos seus sentimentos e necesidades e tamén as dos seus alumnos.

Na transición do paso dous (reflexión sobre a acción) ao paso tres (toma de conciencia de aspectos esenciais), búscase que os estudantes exploren as discrepancias entre o pensamento, o sentimento, o desexo e a acción da persoa. Por exemplo: Por qué os profesores actúan de maneira contraria aos seus ideais? Isto ten que ver co problema de saír da zoa de benestar e adentrarse no descoñecido.

A reflexión é beneficiosa coa condición de que se faga da seguinte maneira: 

  • Reflexión sobre as propias experiencias e preocupacións persoais.
  • Reflexión sobre as orixes irracionais do seu comportamento.
  • Reflexión cunha estrutura sistemática explícita.
  • Estrutura introducida de maneira gradual. É dicir, non ten sentido presentar este modelo de intervención a un futuro profesorado con nula experiencia. É necesario que teñan unha base experimental.
  • Estimular a meta-reflexión. É dicir, buscar que os estudantes reflexionen sobre as súas formas de reflexionar.
  • Estimular a aprendizaxe reflexiva entre iguais.
 4. O PROFESIONAL E O PERSOAL

Préstase demasiada atención na investigación ás competencias profesionais, deixando bastante esquecidas as calidades esenciais da persoa (e que curiosamente son as que máis recordamos dos nosos profesores). Para reflexionar acerca disto, Korthagen emprega o modelo cebola.

Modelo Bateson ou Modelo Cebola

Todos os niveis que aparecen no modelo cebola éstan interrelacionados e a reflexión sobre estos niveis poden axudar ao futuro profesorado a ver estos niveis como un todo. A formación do profesorado actual ten en conta o nivel un, dous e tres, que son o entorno (con qué me atopo?), o comportamento (qué fago?) e as competencias (en qué son competente?). Nembargantes, a formación do profesorado debería prestar máis atención ao interior da cebola:

  • Creenzas (qué creo?)
  • Identidade (quén son?)
  • Misión (qué me inspira?)

A investigación demostra que a pérdeda de ideais e a falta de apoio teñen un gran impacto no desgaste e na decisión de abandoar a profesión docente.

Este resumo das ideas de Korthagen axudoume a comprender mellor o por qué dunha formación equilibrada que teña en conta práctica e a teoría, e tamén reflexión! No tocante a esta última, chamou a miña atención a importancia que ten a reflexión acerca da misión, as creenzas e a identidade, e cómo inflúe isto na práctica docente. Un texto que me aclarou o tema de debate teoría vs. práctica que saíu coa técnica acuario, unha técnica que en sí mesma inclúe práctica, teoría e reflexión. 

Bibliografía 

Korthagen, F. (2010). La práctica, la teoría y la persona en la formación del profesorado. Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 68, 83-101.