Recapitulación acerca dos arquivos subidos ata o momento a rede Social Stellae

A sesión do Mércores día 6 de Novembro da materia de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores comezaba co anuncio por parte da mestra de que estabamos xa, no ecuador da materia e, quíxonos facer conscientes do traballo que tiñamos que ter, mais ou menos feito, con respecto a situación temporal do cuatrimestre na que nos atopamos. Con respecto a isto, a mestra, Lourdes Montero,  comentou que o ideal sería que todos tivésemos, como mínimo, unha entrada na rede por semana, ben de blog ou ben de arquivos, pero que, ámbalas dúas mantivesen un certo equilibrio, cousa que eu ata o momento non cumpro pois a maioría das miñas entradas son arquivos porque son elaboracións bastante extensas e, polo tanto, foron subidas dese modo pero que, a partir de agora, intentarei compensar con entradas de blog.

Polo tanto, nesta entrada que estou a facer, o que pretendo é expoñer unha recapitulación do feito ata o momento en relación aos arquivos subidos para que quede constancia dos mesmos facendo referencia aos aspectos puntuais que tratan e mostrando os enlaces que os referencian.

O primeiro dos arquivos subido foi en relación a unha cuestión que nos lanzou, o primiero día de clase, a mestra, Lourdes Montes: ¿De onde vimos? ¿Que sabemos do Asesoramento por outras materias?, cuestión que me fixo reflexionar sobre algunha das materias do curso pasado e onde expuxen as miñas ideas previas ao respecto, que podedes atopar en:

http://stellae.usc.es/red/file/view/39450/de-onde-vimos-que-sabemos-do-asesoramento-por-outras-materias

O segundo arquivo subido é unha reflexión persoal sobre se ser asesor/a é ou non é unha profesión,  algo que me suscitaba moitas dúbidas porque, a raíz desta materia descubrín que hai moitas profesións nas que se pode desenvolver a profesión do asesor, e polo tanto, xurdía a dúbida de dicir que ser asesor educativo é unha profesión ou é unha función dentro da profesión de orientador educativo.

http://stellae.usc.es/red/file/view/40565/ser-asesora-ou-non-unha-profesin

Posteriormente, incluíronse varias entradas con respecto aos Modelos de Orientación e aos Modelos de Asesoramento, co fin de dar resposta a cuestión Modelos de Orientación Modelos de Asesoramento ¿Falamos do mesmo?

Primeiramente fíxose unha entrada na que se recolle unha única clasificación dos modelos de Orientación e dos Modelos de asesoramento. Logo engádense outros dous documentos a modo de ampliación, onde se presenta, nun as distintas clasificacións dos modelos de orientación e noutro distintas clasificacións dos modelos de asesoramento. E, finalmente, despois de traballar coas diferentes clasificacións do modelos de orientación e asesoramento elabórase un documento que da resposta a pregunta plantexada: Modelos de Orientación Modelos de Asesoramento ¿Falamos do mesmo? ¿Cales son as súas semellanzas e diferenzas?.

http://stellae.usc.es/red/file/view/41504/modelos-de-orientacin-e-asesoramento-falamos-do-mesmo

http://stellae.usc.es/red/file/view/42947/clasificacins-dos-modelos-de-orientacin

http://stellae.usc.es/red/file/view/43533/modelos-de-asesoramento

http://stellae.usc.es/red/file/view/43536/reflexin-persoal-modelos-de-orientacin-amp-modelos-de-asesoramento-falamos-do-mesmo

Outra das entradas feitas foi en relación á descrición da técnica de dinámica de grupos do Acuario. O obxectivo de dita entrada era ver como se levaba a cabo, cales eran as súas vantaxes e desvantaxes, ademais dunha reflexión persoal sobre dita técnica.

http://stellae.usc.es/red/file/view/43888/tcnica-do-acuario

E, a última das entradas fai referencia a unha reflexión persoal sobre o desenvolvemento da técnica do acuario na aula así como tamén unha reflexión sobre o documento de traballo que se empregou para o desenvolvemento da técnica de Jesús Domingo Segobia: Comprender y Redireccionar las prácticas de Asesoría.

http://stellae.usc.es/red/file/view/44221/reflexin-persoal-sobre-o-texto-de-jess-domingo-segovia-comprender-y-redireccionar-las-prcticas-de-asesora

A maiores tamén se inclúen entradas a modo de diario onde se recollen as notas de campos das diferentes sesións e que son as que aparecen nos seguintes enlaces:

Mércores 16 de Outubro:

http://stellae.usc.es/red/file/view/42944/diario-da-clase-do-mrcores-16-de-outubro

Mércores 6 de Novembro:

http://stellae.usc.es/red/file/view/45699/diario-de-clase-6-de-novembro