Reformulación para un maior equilibrio blog-arquivos

Despois da sesión de clase do Mércores 6 de Novembro de 2013 grazas a Lourdes Montero decateime que estaba facendo un uso indebido desta plataforma.

Lourdes destacou o feito de que moitos de nós utilizabamos de xeito exclusivo o blog e outros o arquivo, entre os que me inclúo. Sinalounos a diferencia entre ámbolos dous:

  • Arquivos: ten carácter dun artigo. É un traballo máis de fondo, máis amplo.
  • Blog: trátase de reflexións nosas.

Tamén nos dixo que os arquivos e o blog teñen que ter equilibrio.

Por este motivo vou reformular todo o feito anteriormente para que haxa unha maior organización e sacar unha maior funcionalidade da rede Stellae.