¿Que entendo por colaboración?

¿QUE ENTENDO EU POR COLABORACIÓN?
Baixo o meu parecer, entendo a colaboración coma un proceso no cal se involucra o traballo de varias persoas en conxunto, para conseguir un resultado ou obxetivo en conxunto, xa que de realizalo a nivel individual sería moi difícil de facelo. Baixo o meu parecer, a colaboración debería de ser unha das principais funcións que desempeñaría un asesor ou psicopedagogo tanto no seu ámbito de actuación coma dentro da súa comunidade profesional.
Gustaríame salientar que un asesor non só pode colaborar dentro dunha comunidade educativa, senón que as súas perspectivas de traballo expándense dentro da comunidade. A continuación plasmarei algúns exemplos de colaboración dentro de diferentes ámbitos de intervención:
Ø No ámbito escolar: traballará en colaboración co resto da comunidade educativa para dimuir o fracaso escolar, para crear aprendizaxes constructivos e novas estratexias nos proxectos da escola, na integración dos alumnos, asesoramento os docentes, orientación educativa, prevención e asesoramento, etc.

  • No ámbito da saúde: Colaborará con profesionais do ámbito sanitario no diagnóstico e tratamento especifico de necesidades educativas especiais, na estimulación temperá, en diagnóstico, orientación e tratamento do proceso de aprendizaxe de pacientes neurolóxicos, xenéticos, psiquiátricos, etc. 
  • No ámbito da acción social: coma profesional que busca unha educación de calidade, colaborará con profesionais de protección o menor, de desenvolvemento comunitario, etc
  • No ámbito xurídico: podería colaborar nos peritaxes psicopedagóxicos, asesorando o xuíz sobre temas específicos, etc.
  • No ámbito da investigación: podería se un exemplo as colaboracións que se establecen cos docentes cando desexan realizar unha investigación educativa.
  • No ámbito das empresas: algunhas colaboracións nesta área poderian ser, por exemplo na capacitación perfeccionamento ou na reorientación laboral dentro do departamento de recursos humanos.
  • No ámbito municipal: colaborando nas accións que se levan a cabo nos centros culturais, deportivos, infantís, etc.