Vocación e identidade

Déixovos a continuacón o enlace da páxina web da revista AZ de educación e cultura que trata sobre a vocación e a identidade do maestro: http://www.educacionyculturaaz.com/analisis/la-vocacion-y-la-profesion-la-vision-de-las-maestras/

Despois de haber tratado estes dous aspectos na clase de hoxe, a curiosidade abordoume e púxenme a ver artigos e a facewr a miña búsqueda por internet e encontreime con este interesante artigo que me parece que trata aspectos importantes como o da autoestima en relación a identidade.

Creo que este experimento que se realizou sobre a identidade profesional desas mestras amósanos unha realidade complexa no ámbito da docencia infantil. 

Nela amósasenos o falado hoxe, ser maestro en infantil e  penso que tamén en outros niveis educativos, o papel afectivo-emocional ten gran importancia. Tamén podemos destacar o papel da feminización neste nivel educativo ademais do caracter dinámico e flexible que posee.

Debemos reflexionar sobre o que trae consigo ser maestro, as responsabilidades e retos aos que te enfrontas, e facer fronte aos contidos, actitudes e habilidades que se deben ensinar da mellor maneira posible e lograr satisfacer ao alumnado ao igual que a tí mesmo como profesional da educación.