¿Que se entende por Intelixencia Colectiva?

Hoxe quero compartir con vós, un novo termo (intelixencia colectiva) que a profesora aportou na sesión do luns 4 de novembro. Nese momento, non reparei no que significaba ese termo que ata agora nunca escoitara. Pero hoxe, cando estaba a facer un "feedback", de todo o que levamos dado nesta materia, encontreime con este termo, polo que nese intre decidín poñerme a buscar información para coñecer o significado de Intelixencia Colectiva.

 

Pois ben, tras unha búsqueda na internet encontrei o libro do filósofo Pierre Lévy (1994), titulado "Inteligencia colectiva. Por una antropología del ciberespacio" , o cal podedes consultar e descargar nos seguintes links:

http://inteligenciacolectiva.bvsalud.org/public/documents/lit/es/inteligenciaColectiva.lit

http://inteligenciacolectiva.bvsalud.org/public/documents/pdf/es/inteligenciaColectiva.pdf

Pierre Lévy oacuñou  a Intelixencia Colectiva como "una forma de inteligencia universalmente distribuida, constantemente realzada, coordinada en tiempo real y resultando en la movilización efectiva de habilidades". Dito autor considera que ainda que é imposible que todos sexamos sabios de todo, sí podemos ser expertos nunha pequena área de coñecemento. Polo que se todos e cada un de nos xuntamos todos eses "microsaberes", crearemos unha Intelixencia Colectiva, grazas a oportunidade que nos brindan as novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación.

Tal e como menciona Pierre Lévy, "Las nuevas técnicas de comunicación por mundos virtuales replantean de manera diferente los problemas del vínculo social. En suma, la hominización, el proceso de surgimiento de la especie humana no ha finalizado, incluso parece acelerarse brutalmente" . 

Estamos nunha sociedade na que as TIC xogan un papel crucial, xa que nos brindan a oportunidade de traballar en redes de colaboración con persoas de diferentes lugares do mundo e cuns "microsaberes" que permiten que o cada día o coñecemento sexa cada vez maior, grazas a interacción entre especialistas dun determinado campo do saber. O que permite buscar solucións a calquer tipo de problema que xurda, como consecuencia da colaboración e participación dunha gran cantidade de persoas, o que contribúe a encontrar solucións conxuntas para un problema. 

Algo que considero de gran relevancia, e que ten implícito este termo é a COLABORACIÓN e PARTICIPACIÓN de moitas persoas, xa que sen estas dúas non sería posible crear unha Intelixencia Colectiva. Aparecendo esta última, nunha ampla variedade de formas de toma de decisións consensuadas.  

image

Unha das vantaxes que engloba este termo é que a Intelixencia Colectiva pode ser fomentada para superar o pensamento de grupos e por tanto facer fronte aos sesgos individuais, de tal maneira que permita a un colectivo cooperar nun proceso namentres alcanza un rendemento intelectual mellorado. 

Polo tanto, dedúcese que é a capacidade das comunidades humanas de evolucionar ata unha orde máis complexa e armónica, mediante mecanismos e procesos tanto de  innovación como  de diferenciación e integración, así como a colaboración. 

Visto o que se entende por Intelixencia Colectiva, ¿sabedes algúns exemplos onde se observa esta?. Pois ben a Intelixencia Colectiva vese en páxinas como a famosa Wikipedia que todos coñecemos, onde calquera persoa pode introducir un novo concepto ou incluso mellorar ou incorporar novas ideas a un existente. 

Outro dos exemplos é o de Google, o cal desde que pos unha búsqueda ordenache as páxinas por orde de visualización e tamén polo número de vínculos que ten unha páxina. 

E tamén como non grupos en facebook, nos que por exemplo se fala das novidades da educación ou compartánse recursos e experiencias, ¿quen de nós non ten un grupo de características similares?.

E o que está moi de moda, ¿traballar por proxectos?, pois sí isto tamén levado a cabo na rede é unha especie de Intelixencia Colectiva. 

Finalmente, as palabras que este termo incorpora e que permita que se leve a cabo e que se cree unha Intelixencia Colectiva son na miña opinión: colaboración, compartir, participación, coordinación, cognición, cooperación,...  Polo que vos animo a todos a que todos e cada un de nós nos involucremos na Intelixencia Colectiva, para que esta cada vez se faga maior, o que repercutirá con beneficios na sociedade.