Panorama da Educación. Indicadores da OCDE 2013. Education at glance.

 

     Fai algunhas sesións traballamos con este documento na aula. A clase foi dividida en grupos e

cada grupo analizou un punto determinado. O grupo no que me atopaba analizou o punto 4.3

referido á media de alumnos/as por aula.


    Este documento compara os datos obtidos en estudos realizados dentro da OCDE e da UE21. En

primeiro lugar, diferencia entre o tamaño real e o tamaño estimado. No primero caso, o real, fai

referencia á división do número de alumnos/as matriculados nun determinado programa educativo e

o número de grupos existente. Por outra banda, o tamaño estimado, refírese á relación entre a

ratio profesor-alumno/a, o número de clases que corresponden a un docente e o número de horas

lectivas do profesor/a.


     Tendo en conta os valores cuantitativos recollidos no estudo no ano 2011 en canto ó tamaño

real, os países da OCDE teñen unha media de 21 alumnos/as por aula, mentras que os da UE21,

acumulan 20. Debemos ter en conta que os datos varían - tenden a aumentar- nas etapas de

Educación Primaria e as primeiras da Educación Secundaria ( unha media de 2 alumnos no contexto

dos países da OCDE e da UE21, mentres que en España aumenta unha media de 4).


     No referente ó tamaño estimado, os datos reflexan uns datos máis baixos en comparación cos

obtidos nos cálculos do tamaño real. Así, tanto no entorno da UE21 e da OCDE, a media de

alumnos/as por clase nos centros públicos é de 16, mentras que en España o número diminúe en 3

puntos. A etapa de Secundaria tamén reflicte datos menores que os obtidos para o tamaño real,

reflexando unhas cifras de 18'6 alumnos/as por aula na UE21 e 17 na OCDE.


    En definitiva, o número de alumnos e alumnas por aula é unha variable importante a ter en conta

para asegurar un correcto desenvolvemento da ensinanza que chegue a todas e cada unha das

persoas na aula. Aínda que nas clases teóricas os procesos educativos non se ven afectados polo

número de alumnos/as, nas clases interactivas é imprescindible contar cun número de alumnos/as

reducido que permita un traballo do profesor ou profesora con cada individuo, asegurando que

todos/as progresan.


    No documento, trátanse outros indicadores como a retribución do profesorado, sendo España un

dos países dos que mellor pagan, polo menos no 2011 ós seus mestres( segundo o documento);

fai, asimesmo referencia ó termo de ratio profesor/a-alumnos, ou as horas lectivas impartidas.




Bibliografía:

Instituto Nacional de Evaluación Educativa, Panorama de la educación. Indicadores de la OCDE. Ministerio de Educación. Madrid: 2013