Nativos dixitais.

Hoxe gustariame comentar e reflexionar sobre os nativos dixitais. Chamaselles así a aqueles nenos e nenas nacidos a partir dos anos 90. Este concepto débese a que con anterioridade, os libros e os xoguetes compoñían o ocio dos mais novos ; mentras que o ocio destes cativos o forman os videoxogos, a TV, e todos os aparatos electrónicos habidos e por coñecer que cada día van saíndo.

É bo que xa dende pequenos coñezan as novas tecnoloxías, e o uso responsable que deben facer das mesmas.

Precisamente é deste uso responsable o que se debe ensinar, as tecnoloxías non danan ó mundo nin ás persoas, senón o uso que se faga delas.

Cada vez mais, os rapaces/as buscan pasar o menor tempo posible nunha tarea determinada, e ter o maior número de frentes de información posibles, o que fai diminuír a súa productividade , descender a súa capacidade de concentración e ter períodos de atención moi cortos que fan que cambien de tema moi rápido.

Os nativos dixitais, estudantes de hoxe en dia e de mañán, non son suxeitos para os que os sistemas educativos e os seus procesos de aprendizaxe foran diseñados.  Os docentes saben menos de tecnoloxía que os estudantes, e en consecuencia, os nativos dixitais poden estar sendo formados en un modo que non é relevante para eles. É moito mais difícil mantelos atentos a unha clase tradicional de exposición dos contidos por parte do profesor, porque teñen a percepción de que eses contidos os poden atopar fácilmente en internet, intercambiar con outros, consultar mais fontes, ... é dicir; tenden a participar activamente na construcción do seu propio coñecemento.

Como creedes que serán as clases dentro de 10 anos? Deberán os profesores recibir unha formación especializada nas TICS para poder facer fronte á nova enseñanza? Se é certo, que coas novas tecnoloxías os alumnos baixan a súa productividade e nivel de concentración, vai a ter iso consecuencias cando éstes se incorporen ao mundo laboral tanto na súa formación como no seu traballo?

Espero obter varias respostas, e no próximo post e despois de reflexionar, ter eu as miñas propias.

Un saúdo!

Comentarios

  • Lorena

    Es normal que nos llamen los nativos digitales, ya que no hace falta ver mucho más atrás, para darse cuenta de que antes los niños al salir del colegio se reunían en un parque a jugar, sin embargo, desde nuestra generación, todo ha cambiado. Ahora se reunen en casas para jugar a la play o sino juegan solos en su casa, creándose así un gran individualismo, y perdiéndose una serie de carácterísticas que son fundamentales en el desarrollo de un niño, como la comunicaión con los demás, el saber compartir, el no ser siempre el sumiso o el líder, etc.

    Debido a esto, estoy contigo Silvia, en que es importante que los niños aprendan a hacer una uso responsable de las tecnologías; porque como comentas cada vez somos menos capaces de leer un texto con una extensión algo larga, o prestarle la suficiente anteción... por eso es importante el saber seleccionar la información.

    Por esto, es importante el enseñarles a realizarlo, aunque para esto pienso que se debe de dar una formación al profesorado, ya que muchas veces ni ellos saben utilizar las TICs; asique me supongo que mucho menos, hacer un uso correcto y adecuado, y poder transmitirselo a los alumnos.

    Y por último en relación a la pregunta del mundo laboral, pues yo pienso que si influirá, pero como vimos en el video de clase "Sociedad del conocimiento" lo que va primar va ser la persona que tenga la capacidad de desarrollar sus dotes para poder utilizarlas, y saber seleccionar lo importante; ya que todo está en Internet, pero lo que se valora es el "cómo" se utilicen.