José Gimeno Sacristán, un must have na nosa lista de lecturas

Na miña anterior entrada tratei de entender esa fenda que se describe entre a teoría e a práctica na formación do profesorado, o que me levou a consultar un artigo de Fred Korthagen na Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, número 68 do ano 2010. Pero ahí non quedou a cousa, continuei coa lectura da revista e atopei un artigo de José Gimeno Sacristán que me pareceu unha magnífica reflexión acerca da complexidade da profesionalidade docente. Antes de entrar na descripción desa reflexión, vou a recapitular un chisco da vida e obra deste autor.

José Gimeno Sacristán

1. Por qué ler a José Gimeno Sacristán?

José Gimeno Sacristán naceu en 1947 nun pequeno pobo de campesiños en Teruel. Estudiou a diplomatura de Maxisterio e os anos comúns de filosofía e letras en Zaragoza. Nos anos 60 chega a Universidade Complutense de Madrid onde cursou os estudos de especialidade en Pedagoxía. Obtendo o título de Doutor en Pedagoxía no 1975. Tres anos máis tarde consigue ser profesor na Universidade de Salamanca e no 1981 accede a Cátedra de Didáctica da Universidade de Valencia. É un autor must have para os docentes e pedagogos polas seguintes razóns:

1) Polo seu esforzo en modernizar a cultura pedagóxica española, abrindo preocupacións, interrogantes, conceptos e propostas pedagóxicas acordes as correntes que se estaban dando fóra de España nos anos 70. Desta época destacan libros como:

  • Una Escuela para nuestro tiempo. Valencia. Fernando Torres. (1976)
  • Teoría de la enseñanza y desarrollo del currículum. Madrid. Anaya. (1981)
  • La pedagogía por objetivos: Obsesión por la eficiencia. Madrid. Morata. (1982)
  • La enseñanza: su teoría y su práctica. Akal. Madrid (1982)

2) Compromiso intenso e permanenete coa política educativa de España, esforzándose por influír na opinión pública, nos medios de comunicación e nas administracións. De feito, colaborou como Conselleiro Técnico primeiro e Asesor executivo despois con José Mª Maravall, ministro de educación do primeiro goberno socialista da democracia. Tamén participou na elaboración das seguintes leises educativas: LODE, LRU e LOGSE. Así mesmo, na elaboración da LEA en Andalucía e a LEC en Cantabria. No 1986 participou no primeiro intento de minipacto educativo acerca da carreira docente, onde houbo un espiñoso debate entre expertos do MEC e os sindicatos máis representativos do profesorado.

3) Porque é un dos autores máis importantes en lingua castelá sobre Pedagoxía e Ciencias da Educación, cuxas publicacións se caracterizan por ter riquísimas reflexións.

 

2. Reflexión do autor acerca da complexidade da profesionalidade docente

Como dicía ao principio desta entrada, atopeime cun artigo deste profesor na Revista Interuniversitaria del Profesorado que me chamou a atención pola súa profundidade e rica reflexión acerca da complexidade de ser docente. O artigo titúlase La carrera profesional para el profesorado, e eu vou a mostrar unha parte en concreto deste artigo titulada Un sentido amplio de la profesionalidad docente, que nos serve para afondar sobre uns poucos termos debatidos na técnica acuario e o experimento coas diapositivas de António Nóvoa, e que no meu caso me xeraron a necesidade de profundizar máis aínda acerca de conceptos que a primeira vista poida que parezan sinxelos, pero que non o son: cambios e identidade.

A raíz da temática tratada na técnica acuario, vimos que unha serie de cambios afectan e inflúen no sistema educativo e en tódolos axentes que participan nel. Fixemos unha reflexión en común que nos serviu para entender ou ampliar a nosa mirada acerca da situación actual en España en materia de educación. Pero, neste caso a mín asomáronseme unha morea de preguntas trala reflexión as que non chegaba a comprender con totalidade, entre as cales cito: 

  • A qué se deben eses cambios? A quénes afectan? 
  • En qué medida pode o docente oporse a eses cambios se son contraditorios aos seus ideais?
  • Por qué determinados cambios xeran crises?
  • Cómo pode afrontar o docente a loita entre cambios que veñen demandados do exterior e que implican cambios no seu interior como persoa?
  • Existe un límite entre o ámbito persoal, que ten máis relación cos ideais do profesor, e o ámbito profesional que está máis ligado coas capacidades cognitivas e a competencia reflexivo-práctica?
  • Quénes somos e en qué medida inflúe o noso "ser" na nosa práctica?
Gimeno, a modo de luz dun faro no medio do mar, axudoume a ordear este caos mental por medio de palabras escritas, que se prestamos atención son dignas dun filósofo da educación. 
 
2.1. Os cambios
 
"Ni como personas, ni como profesionales, dejamos de experimentar constantemente cambios de todo tipo (biológicos, psicológicos, en las relaciones con los demás, en nuestra relación con el medio, con el ejercicio de cualquier actividad...) o por el efecto de influencias externas".

"Podemos notarlos o no".

"Los cambios pueden producirse con ritmos desiguales según los casos, se muestran en direcciones múltiples que pueden ser valoradas como positivas o negativas"

"No tienen o no guardan un orden necesario. Siempre nos movemos o nos mueven. Aun los considerados como inmovilistas se mueven también, sintiendo la sensación de quedarse sin la base de lo que era su mundo cuando los cambios que ocurren fuera de nosotros crean otra realidad sin nosotros. Esos cambios ocurren unas veces azarosamente, y otras no".

"Todo ello ocurre en el mundo físico que contiene toda esa dinámica personal y relacional, lo que hacemos en la vida es lo que cabe en el tiempo de la vida. Es la carrera de la vida".

Con estas fragmentos de texto sacados do artigo entendo os cambios a modo de obstáculos na carreira da vida. Obstáculos que nos podemos plantexar nós mesmos (por exemplo: ter unha maior e mellor relación coas familias dos alumnos), ou que poden vir impostos dende o exterior (por exemplo, ter que realizar reválidas ao longo da educación primaria). Estes obstáculos poden ser máis altos, máis baixos...e polo tanto implicarán maiores ou menores esfozos pola nosa parte para poder "saltalos". A calidade do salto que vaiamos a realizar para poder superar os obstáculos dependerá e moito, do tempo que dispoñamos para "entrenarnos". Pero qué pasa se non estamos dacordo con participar nesa "carreira"? Qué acontece se nos obrigan a dar o "salto" sen ter en conta as nosas condicións para afrontalo? 


2.2. As identidades

"La sucesión de acontecimientos, de acometer acciones y de afrontar situaciones, dejan huella en nuestros recuerdos, cargados en mayor o menor medida con sentimientos y emociones, un magma del que eligimos referencias para crear memoria y de esta forma ir tejiendo nuestra identidad".

"Somos lo que recordamos que hemos hecho. Lo que hemos pensado y sentido. Seremos para los demás y no dejaremos de serlo según hayamos compartido en extensión e intensidad la experiencia. Desde fuera tratamos de entender la complejidad del cambio real simplificando el caótico mundo de las experiencias personales".

"Los profesores son personas a la vez que docentes. Los cambios que se produzcan en ellos son efecto de la interacción entre la experiencia personal y la experiencia profesional".

"Teniendo en cuenta que la educación tiene una componente moral, se produce en el seno de procesos sociales complejos y que la personalidad se implica en la práctica pedagógica, hay múltiples formas de pensar, sentir y realizar la profesionalidad docente".

Dacordo co aquí citado, os cambios e experiencias que van afrontando os docentes ao longo da súa vida, afectan pois na súa labor de docencia. A maneira na que facemos fronte aos cambios dependerá pois das nosas experiencias vitais previas. E aquí hai algo que dificulta os cambios: os hábitos. Moitos profesores  levan a cabo cambios de maneira casi automática, sen reflexionar realmente no que están facendo, feito onde entra a importancia de reflexionar sobre a práctica e aprender da mesma. Pero isto, non é doado, porque cambiar aspectos da labor docente inflúe na persoa, o que implica saír do que estamos acostumados, do que nos é coñecido. Como cada persoa ten unha experiencia vital específica e distintiva, existen múltiples formas de ser docente e de afrontar os cambios, velaquí a complexidade da profesión.

Webgrafía