Experiencia de asesoramento


A continuación vou describir brevemente unha experiencia de asesoramento curricular que eu mesma protagonicei e á cal ata o de agora non dei a importancia suficiente. O concepto de asesoramento nesta caso debería estar entrecomiñado, xa que todo se desenvolveu nunha situación moi informal

No presente curso a Consellería de Educación decidiu unificar o formato das programación anuais de aula de todos os ciclos de formación profesional, polo que os mestres tiveron que actualizar as programacións dos módulos que imparten e moitos deles non tiñan nin idea de como elaborar de novo a programación anual, xa que levaban moitos anos sen ter noticias sobre o currículum.

Neste proceso un profesor da miña familia pediume axuda para a elaboración da programación para os módulos que imparte, por isto son capaz de comprender mellor de que maneira pode traballar un asesor sen ser coñecedor dunha área determinada, posto que eu non teño nin a menor idea de electromecánica e aínda así a programación foi elaborada correctamente, e aprobada pola inspección educativa.

Despois da clase do pasado martes son consciente de que durante este proceso traballamos directamente co currículum prescrito, posto que os obxectivos xerais así como os bloques de contidos foron extraído directamente do Decreto 94/2011, de 28 de abril , polo que se establece o currículum do ciclo formativo de grado medio correspondente ó título de técnico en electromecánica de vehículos automóviles. Neste decreto atopamos unha situación novidosa para ambos, o feito de que o currículum agrupa os criterios de avaliación en resultados de aprendizaxe, concepto que ata o momento non se utilizaba en formación profesional.

Ó mesmo tempo tamén utilizamos o currículum que as editoriais lle presentan os mestres, xa que os contidos de algún bloque foron sacados de diferentes libros utilizados por este profesor durante ós seus anos de traballo. E finalmente, a programación que elaboramos corresponde co currículum modelado por este profesor en concreto.

Ante todo cabe volver resaltar que o meu papel durante este proceso foi como un apoio externo a este profesor, algo que debería haber feito o orientador do centro. Teño constancia de que a maioría dos profesores deste centro tiveron os mesmos problemas, e se ningún deles pediu asesoramento ó orientador do centro debía haber sido este quen mirase ó seu redor e ofrecese o asesoramento necesario a esta nova situación plantexada no centro.

As reflexións que extraio de todo isto son que ás veces non lle damos a importancia que se merecen ás actuacións que realizamos dentro do noso campo profesional e sobre todo que o traballo nun centro educativo debe ser comprometido co posto que se ocupa e cos compañeiros, ademais de co proceso de ensino aprendizaxe. 

Comentarios

  • Maria Dolores García Fernández

    Paréceme moi ineresante a túa experiencia, e como ben dis o máis sorprendente é que se busque o asesoramento fóra do centro, entendo as razóns familiares, pero á marxe disto, esta situación denota unha descoordinación no funcionamento do centro con respecto ás labores de asesoramento por parte do orientador/a, a falta de coñecemento das súas funcións, etc. En definitiva, considero que sería importante informar das posibilidades que pode ofrecer a presenza dun orientador/a nun centro en canto ó asesoramento curricular.

  • Lourdes Montero

    Comparto a idea do interés da experiencia e das leccións extraidas dela. Coido que hai tarefa dabondo para o asesoramento curricular, profundizar nos seus significados e ir elaborando una especie de rexistro de qué facemos, desde donde, con quen, etc... Analizar as nosas prácticas, rexistralas, documentarlas...

    Moito ánimo

    Lourdes