MULLERES E EDUCACIÓN: CAPÍTULO SEGUNDO

            A continuación, como xa indiquei anteriormente, nesta segunda e derradeira entrada, centrareime en realizar un pequeno análise para saber a situación actual das mulleres nas aulas, non como alumnas, senón como docentes, directoras, rectoras…

            Destacar que esta tarefa non é sinxela debido aos numerosos contratempos cos que nos atopamos a hora de encontrar e seleccionar información. Ademais, estas entradas serán a modo de resumo, xa que se tratásemos de analizar e expoñer este tema en profundide levaríanos moito tempo e creemos que esta plataforma non persigue tales fins.

Dito isto, comezamos este tema dicindo que dende os inicios da carreira levamos escoitando unha frase continuamente “a feminización da labor  docente”. E isto que significa? Bueno, dito de xeito sinxelo, podemos dicir que a feminización docente significa que co paso do tempo, a docencia foi experimentando un cambio continuo. Se nos seus inicios esta profesión tan só contaba con varóns, na actualidade a maioría das persoas que traballan nela son mulleres.

Co paso do tempo, as mulleres fóronse acomodando no ámbito educativo e arrebatándolle o seu lugar aos varóns, podéndose considerar na actualidade como unha profesión maioritariamente “femenina”, e polo tanto “feminizada” como indicamos a priori.

A continuación poñemos de manifesto unha serie de datos onde se demostra a situación dos docentes no ano 2009/10, é dicir, a diferenza por sexos, onde queda mais que demostrada este cambio do que vimos falando.

Comparación do número de homes e mulleres que imparten docencia nos diferentes niveis educativos

 

Homes

Mulleres

Total profesorado

29,8%

70,2%

Total profesorado centros públicos

30,5%

69,5%

Maestros

21,5%

78,5%

Profesores técnicos F.P

59,5%

40,5%

Profesores de educación secundaria

42,2%

57,8%

Profesores educación concertada e privada

27,9%

72,1%

 

            Dito isto, gustaríame realizar unha análise mais en profundidade deste tema debido as numerosas cuestións que nel se encerran. Como dixemos antes, xeralmente fálase da “feminización da labor docente”, pero baixo o meu punto de vista, esta afirmación debería ser matizada. Tras analizar diversos datos podemos ver que realmente si que hai mais mulleres que varóns traballando na labor docente, pero se este dato se analiza mais deteñidamente, podemos ver que tal feminización non é equitativa. Porqué dicimos isto? Decímolo debido a que as mulleres son maioría pero non en tódolos escalafóns da profesión. Na gráfica mostrada anteriormente, podemos ver que as mulleres son maioría en case tódolos niveis educativos (excepto nas F.P), pero ao analizar estes datos en profundidade vemos que segundo vai aumentando o nivel de estudos a súa presenza vai disminuíndo. Como podemos ver, na educación primaria acadan a maioría absoluta sen ningunha dúbida, pero na educación secundaria e universitaria as cifras vanse equiparando entre ambos sexos ou incluso chega a producirse unha inversión nos datos, é dicir, maioria de varóns (como no caso da universidade que comentaremos mais adiante)

Se analizamos outros aspectos ligados a docencia, como pode ser a presenza de mulleres no equipo directivo dos diversos centros educativos atopámonos co mesmo panorama.

Comparación presenza de Homes e Mulleres no equipo directivo dos centros educativos segundo o nivel

 

Homes

Mulleres

Centros de educación Infantil

5,77%

94,23%

Centros de educación Primaria

36,87%

63,13%

Centros ESO/Bachillerato/Fp

60,17%

39,83%

 

Como se pode ver nesta gráfica, os datos seguen a respaldar a nosa hipótese, é dicir, canto mais alto é o nivel educativo menor é a presenza das mulleres no mesmo.

Por outra banda, no ámbito universitario non se pode falar de tal “feminización docente” xa que é mais notoria a presenza de varóns que de mulleres como se verá a continuación.

Catedráticos universidade (pública e privada):

Homes

Mulleres

62,8%

37,2%

 

Rectores universidade (pública e privada)

Homes

Mulleres

86,49%

13,51%

 

Vicerrectores universidade (pública e privada)

Homes

Mulleres

60,44%

39,56%

 

Estos datos demostran a nosa hipótese, xa que no ámbito universitario a presenza da muller non é maioritario senón que poderíamos dicir incluso que está en inferioridade en relación aos homes, como dixemos anteriormente. Sobre todo, isto queda manifesto ao analizar tanto a rectores como a vicerrectores, onde a presenza feminina e moi baixa. Resaltar que este ámbito, xunto coa Formación Profesional, son os únicos niveis educativos que contan cunha maior presenza masculina que feminina.

Por último, se analizamos a Inspección Educativa, atopámonos ante o mesmo. Os homes contan con mais individuos traballando neste sector como demostra a seguinte gráfica.

Inspección educativa

Homes

Mulleres

68%

32%

 

            Polo tanto, podemos concluir dicindo que realmente si que existe un proceso de feminización docente, pero este non é equitativo nen gradual, senón que podemos relacionar esta feminización cos niveis mais baixos do sistema educativo como pode ser infantil e primaria xa que tras este análise vese que segundo vamos ascendendo de nivel educativo a súa presenza disminúe. Por último, e baixo o meu punto de vista, nun futuro non moi lonxano estes datos cambiarán e si será real a feminización docente, xa que si fixésemos un análise comparativo da situación da muller fai vinte anos e a actual veríamos os grandes avances que este colectivo viviu en tódolos niveis de maneira continua, o que me fai imaxinar que isto non cambiará, e polo tanto, chegará un día no que colmarán a maioría dos niveis sen distinción.  

 

Webgrafía:

https://www.mecd.gob.es/dctm/ministerio/horizontales/estadisticas/indicadores-publicaciones/datos-cifras/datos-y-cifras-2012-2013-web.pdf?documentId=0901e72b81416daf (Consultada o 12/11/2013)

http://www.inmujer.gob.es/areasTematicas/educacion/programas/docs/MujeresCargosRepresentacion.pdf (Consultada o 13/11/2013)

Comentarios