Supervisión e asesoramento, dúas prácticas converxentes ou antagónicas?

O pasado xoves, cando estaba a indagar sobre o tema do asesoramento, atopeime cun artigo escrito por Mª José Madonar Pardinilla, titulado Inspección y Asesoramiento: El equilio entre el control y la colaboración, publicado na revista da Asociación de Inspectores de Educación de España. Pareceume unha publicación moi interesante, xa que é un tema sobre o que se debe reflexionar.Pois cabe preguntarse se dúas prácticas, supervisión e asesoramento, que nun principio parecen tan dispares e afastadas, son compatibles e poden ser desenvoltas polos mesmos axentes.

A continuación, subo un arquivo no que se recollen algunhas ideas sobre esta cuestión, ademais, da publicación citada anteriormente, que me serviu como canle introdutora a este tema.