O profesor hoxe

O presente artigo de Antonio Nóvoa, presenta unha análise da situación da profesión docente. Para levar a cabo esta análise o autor bota man de tres pezas fundamentais que se deben ter en conta para reformular a profesión docente e o papel dos docentes na escola actual; a persoa, a coparticipación e a prudencia.

 

1. A persoa

Neste epígrafe faise referencia á necesidade de comprender ás persoas tendo en conta a súa singularidade e diversidade. Tendo en conta isto, parte dun análise da importancia de entender ao alumno como persoa, facendo fincapé na importancia de entender ao alumno de maneira individual, non xeneralizando ao alumnado. Neste senso, fai referencia a unha situación concreta que lle ocorre a moitos docentes, ter que ensinar a alumnos que non queren aprender. No tocante a isto, realiza unha diferenza entre o profesorado que tería en conta os problemas do alumnado de maneira individual e aquel outro que só se centraría na transmisión de contidos a todo o alumnado, sen centrarse nas necesidades dun alumno e concreto.

É debido a isto que o autor considera preciso entender ao alumno como persoa, ao igual que se debe entender ao profesor como persoa e non só como profesional.

Facendo fincapé nesta idea, toma relevancia a autoformación dos docentes, que este sexan conscientes da súa formación e da súa persoa, reflexionando sobre si mesmos. Neste senso cobran auxe as autobiografías educativas, relatos nos que o docente reflexiona sobre a súa profesión o seu traballo e a súa persoa, e que sen dúbida serven para que tomen unha maior conciencia do que é o seu traballo. Este feito contribuíra á reforzar a súa integridade como docentes, como persoas e como profesionais.

 

2. A coparticipación:

Esta dimensión é vital na profesión docente, xa que un docente debe dar resposta á diversidade de alumnado que pode ter nunha aula. Neste sentido é preciso formar profesionais que traballen de maneira colectiva cos seus compañeiros, para mellorar a intervención educativa.

Pero para levar a cabo esta tarefa o autor recolle dous feitos nos que non deben caer os docentes, por un lado a infantilización e por outro a comunitarización.

Coa infantilización, o docente estaría levando a cabo metodoloxías nas que a escola se acerca demasiado ao mundo social. O autor non quere dicir que isto non poida ser bo, pois é necesario facer o aprendizaxe motivador, mais considera que se debe ter coidado cos mecanismos que empregamos.

En canto á comunitarización, o autor fai referencia explícita a que os alumnos non están nunha escola por afinidade cos seus compañeiros. Neste senso di que os alumnos xa forman parte de grupos sociais, co cal a escola onde debe incidir é no aprendizaxe das regras da vida social.

traballo en equipo

Pero para entender a profesión docente actual é necesario entender a necesidade da cooperación e o traballo en grupo dos distintos docentes. Trátase por tanto de intentar que o docente pase de realizar un traballo individual a ter en conta un traballo grupal co resto de compañeiros. Neste senso, o diálogo é un piar clave na consecución deste obxectivo.

 

3. A prudencia:

O autor o que pretende é incidir na importancia de realizar un traballo prudente por parte dos docentes en canto a que ensinar e como ensinalo.

Neste senso é para dar resposta a que ensinar, o autor afirma que se debe ensinar todo aquilo que promova a adquisición de coñecemento, facendo alusión a importancia do espírito científico ou investigador dos alumnos. Para responder a cuestión de como ensinar, o autor determina que é necesario realizar unha reformulación da ensinanza e da pedagoxía.

No tocante a isto, determina que a tarefa de ensinar é unha tarefa complexa, que necesita de profesionais da educación capacitados coas habilidades e destrezas necesarias para levar a cabo o seu traballo.

 

 

Unha vez analizado o documento, considero preciso destacar as seguinte ideas. En primeiro lugar que a profesión docente é unha tarefa complexa, a cal necesita duns profesionais competentes que teñan en conta a importancia do seu papel na ensinanza e que se formen de maneira permanente, para atender ás necesidades do seu alumnado.

Tendo en conta isto, o docente debe ser capaz de atender á diversidade do seu alumnado, mantendo unha comunicación fluída cos seus compañeiros de traballo e analizando o que ten que ensinar e como o debe ensinar.

 

 

Bibliografía

Novoa, A. (2007). El profesor, hoy. En Cuadernos de Pedagogía nº 374 pp.21-25