Por qué António Nóvoa di que teñen que regresar os profesores?

A semana pasada tivemos que participar nun experimento. Para elo non foi preciso traer bata branca nin empregar matraces ou reactivos para determinadas disolucións, senón que foi necesario estar de corpo e mente presente e expresar o que nos suscitaban as diapositivas de António Nóvoa, profesor da Universidade de Lisboa. Desta maneira, cada un foi aportando as súas ideas ou coñecementos, ,sen entrar en debates ou discusións, e construindo unha reflexión colectiva acerca do que estábamos vendo. Foi moi interesante polo seu carácter innovador (nunca antes tiña feito esa técnica)e pola capacidade de crear unha reflexión conxunta empregando tan só un power point e as nosas ideas. Reflexións que podemos facer de maneira individual, pero que se enriquecen moito máis cando as facemos con outros. A continuación vou destacar aquelas diapositivas que foron máis interesantes e na miña opinión máis enriquecedoras polas ideas que fomos aportando cada un de nós.

Principios do século XX e principios do século XXI

Nunha diapositiva mostrávanos Nóvoa a pouca sociedade, atención a infancia, atención a diferenza e a pouca atención a actividade, mentres que noutra distina mostrábanos que no século XXI todo o anteriormente dito cambiaba para mellor. Isto foi un pouco contraditorio, pois segundo moitos de nós, no século XX tamén se produciron interesantes aportacións pedagóxicas que mostraban preocupación por a educación dos suxeitos, accións tales como as Misións Pedagóxicas en España ou as alternativas pedagóxicas propostas pola escola nova na que atopamos autores como Ferrière. É dicir que houbo unha preocupación e un movemento pedagóxico progresista que rexeitaba o formalismo e o autoritarismo da educación da época. E que acontece coa educación de hoxe en día, melloramos moito sí, pero é suficiente? Cál será o rol do profesor na escola do século XXI?

Fotografía misións pedagóxicas (1931-1936)

Educación integral

Unha educación integral que teña en conta segundo Nóvoa: valores, ecoloxía, financieira, sexual e nutricional. Ao que nós contestamos que isto debería ser así pero que non se leva realmente a práctica. É importante que se den estes contidos na escola pero tamén que se compartan coa familia. Desta maneira a escola non é un lugar onde un vai a aprender coñecementos senón  que imos a aprender a vivir na sociedade, como unha das nosas compañeiras dixo a escola sería: “La escuela de la vida”. O que é unha magnifica explicación, pois a escola como institución pública debe ser a representación da vida real que prepare aos educandos para vivir na, con e para a sociedade.

A Escola Nova

Novóa citou a autores chave para a Pedagoxía: Rousseau, Alain, Ferrière e Claparède. A Escola Nova toma como base a psicoloxía infantil á hora de educar, tendo en conta os seus intereses, necesidades e o entorno, ao mesmo tempo que garante o disfrute a infancia. Unha escola na que o centro é o alumno (paidocentrismo). A continuación expoño as ideas expresadas en cada diapositiva segundo cada autor e o que a nós nos suscitou:

 

Pensador

Frases

As nosas interpretacións

Rousseau

 

“el alumno no debe dar un paso sin que vosotros lo hayáis previsto”

 

“dejad que el alumno crea que el maestro es él mismo”

 

Os maestros teñen que coñecer profundamente ao alumno

 

Para que o alumno pense que é o propio maestro haberá que aplicar unha determinada metodoloxía e estratexias.

 

Alain

 

“el niño pide ayuda, quiere dejar el juego”

 

“lo difícil es conseguir que los hombres estén contentos con lo que al principio no les agrada”

 

“no hay ninguna experiencia que eduque mejor a un hombre que el descubrimiento de un placer superior ignorado”

 

 

Cómo facer sentir ao alumno a maxia de aprender?

 

Cáles son as necesidades de cada alumno e cómo motivalo en función das mesmas?

Ferrière



 

“el niño ama la naturaleza”

“le gusta jugar”

“lo han obligado a trabajar”

“le gusta moverse, lo han condenado a la inmovilidad”

“le gusta hablar, se le ha impuesto el silencio”

 

É necesario formar a conciencia crítica.

 

Unha educación na que se teña en conta o importante que é o xogo na educación do neno e nena para aprender.

 

Unha educación en contacto co medio natural.

Claparède

 

“la escuela a la medida del alumno”

 

 

Unha escola que atenda as necesidades do alumnos e a diversidade.

 

 

Diversidade

Nunha soa diapositiva, e quizáis foi para min a máis impactante polas súa cores comezou a aparecer a palabra diversidade por todas partes. Unha diversidade que está en crise segundo Nóvoa e que nós entendemos a súa orixe dende diversos cambios que se veñen dando na sociedade de coñecemento e unha falta de diálogo e negociación cos principais axentes educativos. Unha crise na atención a diversidade que segundo o profesor, só se pode solucionar mediante o diálogo e o traballo en equipo.

A función docente

Facemos un repaso pola historia da función docente de maneira moi resumida, onde vimos que nos anos setenta houbo unha racionalización da ensinanza e unha pedagoxía por obxetivos, na seguinte década reformas no currículo, nos noventa xestión e administración dos centros escolares e hoxe en día o que di Nóvoa e que van regresar os profesores. Pero a qué se refire con isto? Para elo recurro ao texto deste profesor titulado O regresso dos profesores.

O regresso dos professores

No texto, Nóvoa fala do regreso dos profesores como centro das preocupacións e das políticas debido a que todos estamos dacordo nas medidas e principios que son necesarios para un óptimo desenvolvemento profesional (aprendizaxe ao longo da vida, profesor reflexivo, formación baseada na investigación, etc.). Isto contradise profundamente coa falta de levar a práctica o que se explica na retórica. Extraio unha reflexión que fai o autor e que me parece imprescindible para entender o que nos quere transmitir o autor acerca das novas competencias que pedimos na formación aos profesores:

“Será que não estamos perante un profesor reflexivo muito antes de os professores reflexivos se terem tornado moda nos nossos discursos? E será que muitos dos professores de hoje não são bem menos reflexivos (por falta de tempo, condiçiões, por exceso de material prontao-a-vestir, por deslegitimação face aos unviesitários e aos peritos)?” António Nóvoa

Nóvoa propón unha serie de medidas que se han de levar a cabo para facilitar o regreso dos profesores, entre as cales destaco:

  • Estudo profundizado de cada alumno
  • Análise colectiva das prácticas pedagóxicas
  • Persistencia e compromiso profesional
  • Vontade de cambio
  • Reforzo da investigación como parte da formación
  • Reforzo das comunidades de práctica para mellorar o sentimento de pertenza e identidade profesional
  • Presenza persoal e pública dos profesores

E para pechar esta entrada emprego unha cita que aparece neste artigo do autor:

“Apesar da urgencia, é necessário que as pessoas possuan o tempo e as condições humanas e materiais para ir mais longe. O trabalho de formação debe estar próximo da realidade escolar e dos problemas sentidos pelos professores. É isto que não temos feito. Quando os professores aprendem mais, os alunos têm melhores resultadosAnn Lieberman

Webgrafía