O noso sistema educativo non é un desastre.

Para realizar unha análise pormenorizada do monográfico presente na revista de Cuadernos de Pedagoxía sobre a funcionalidade e calidade do noso sistema educativo gustaríame comenzar cun fragmentro extraido do propio monografico que di o seguinte:

" Sería bo deixar aos profesores traballar en paz, todas as evaluacións nos din que traballan nunhos iveis máis que aceptables, e os nosos políticos e os nosos medios de comunicación deberían ser conscientes de que a erosión pública da imaxe social do noso sistema educativo non é un bon servizo nin para a educación nin para o país nos eu conxunto"

Deste fragmento podemos sacar dúas ideas claras que se baraxan durante todo o traballo. Estas ideas són a influencia dos medios de comunicación á hora de valorar o noso sistema educativo, e a consideración que os nosos políticos teñen da educación vinculandoa fortemente co concepto de ideoloxía política e non dende unha visión máis xeral da sociedade.

A imaxe que algúns medios de comunicación ofrecen do nosos sistema educativo é de ser un completo desastre marcado por un alto fracaso escolar, desmotivación tanto do alumno como do docente, desconfianza hacia o profesorado aos cales se lles vaora en función da súa ideoloxía política... máis tendo en conta todo este panórama temos que dicir que o noso sistema educativo non é un desastre.

 Neste sentido cómpre dicir que unha afirmación dese calibre supón desvalorizar e tirar por terra o traballo de milleiros de profesores que día a día fan fronte a situación académica e persoal de cada un dos alumnos cos que se atopan, alumnos de moi diversas culturas e relixións. É por iso que, á hora de emitir un xuizo de valor desas características, tanto os diferentes partidos políticos como os medios de comunicación tiveran en conta a realidade do noso sistema educativo, marcado por un aumento de alumnado ben sexa extranxeiro como do propio pais. 

Chegados a este punto, gustaríame mencionar a importancia que os informes PISA teñen a hora de valorar o noso propio sistema educativo. Pero, sabemos cal é a realidade deses informes? Contemplan as características de cada un dos sistemas educativos? Neste mesmo punto e donde xoga un papel importante a política. Actualmente, o Partido Popular levou a cabo un diagnóstico errado no cal se decía que o noso sistema educativo tiña unha alta taxa de avandono escolar partindo dos resultados dos informes PISA.  De esto deduciuse que no caso de mellorar os resultados PISA o porcentaxe de abandono escolar tamen reducirían. Este é o principa motivo polo que o actual ministro de Educación Wert pretende limitar o curriculo da ensinanza obligatoria ao que se evalúa en PISA e noutras probas internacionales deixando de lado outras areas de coñecemento tales como as ciencias sociais, arte ou humanidades.

Pedagoxicamente este diagnostico está equivocado.  O unico que se consegue son titulares de prensa chamativos que equiparen a educación con un deporte. Como se recolle no propio monográfico para os medios de comunicación o correcto funcionamento do noso sistema educatvo non é considerado unha boa noticia en comparanza co inusual e chamativo que no sistema ocorra. En propias palabras " Para os medios de comunicación xamais será unha noticia de titular que todos os días 6000 profesores cumpran co seu deber, qeu atendan razoablemnte os problemas cotidianos aos que se enfrontan e saquen adiante a máis de sete millons de alumnos. Pero, se entre estos sete millóns de alumnos, un día a un alumno se lle cruza un cable e fai unha barbaridade, ese é o titular que representa a imaxe do sistema". Esto feito é bastante preocupante, a sociedade non lle interesa se a maioria dos pais e alumnos están contentos co profesorado, ou se este está motivado ou contento co seu traballo; non importa que en 30 anos se conseguise o 100% da escolarización e que o alumnado inmigrante pouco a pouco estea máis adaptado. O que realmente importa son os casos aillados de alumnos  e profesores descontentos e problemáticos. 

Neste sentido, é de vital importancia ter en conta o contexto e a situación particular do noso sistema educativo. Está claro que a integración real de toda a poboación infantil nas escolas provoca novas problemáticas que anteriormente non estaban presentes, pero ese é o noso traballo como profesionais da educación resolvelas unha por unha sen levar a cabo comparacións. Como se recolle no texto non debemos olvidar que a revolución educativa destos últimos anos fixose á base de esforzo e boa vontade dun corpo de profesores aos que non se lles ofreceron medios para facer un traballo de calidade na nova situación. 

Con todo o dito anteriormente só me queda por dicir que o noso sistema educativo non é un desastre. Tampouco quero dicir con iso que é o mellor, evidentemente coa concepción tan útopica que se ten da educación sempre existen novas metas, mellores resultados e mallores niveis de formación para o profesorado por alcanzar pero tampouco nos debemos deixar levar pola concepción tan negativa que se está a vender do noso sistema educativo, porque ao final iso é o que se prentende VENDER como si de un producto se tratase.

Para finalizar gustaríame por en manifesto o mesmo frágmento extraido do texto co que comencei:

" Sería bo deixar aos profesores traballar en paz, todas as evaluacións nos din que traballan nunhos iveis máis que aceptables, e os nosos políticos e os nosos medios de comunicación deberían ser conscientes de que a erosión pública da imaxe social do noso sistema educativo non é un bon servizo nin para a educación nin para o país nos eu conxunto"

 

Webgrafía:

http://www.ugr.es/~fjjrios/pce/media/4-4-c-NuestroSistemaEducativoNoEsUnDesastre.pdf