Na procura do ser

O outro día na sesión de seminario, ao noso grupo tocoulle o artigo referido as identidades, nel profundizamos acerca da identidade persoal e a identidade profesional. Posteriormente outra compañeira explicou qué era a vocación, deixando portas abertas que suscitaron en min varias inquedanzas: Ten algo que ver a identidade coa vocación? É indispensable ter vocación para ser un bo profesional?

Na procura do ser

Segundo a Fundación Vocación Humana da Arxentina, a vocación é unha chamada interior que todo ser humano recibe para desenvolver as súas propias potencialidades. Non se limita soamente a vocación profesional, aínda que a inclúe. Así, todos os seres humanos temos a vocación de ser nós mesmos. Para descubrir quénes somos é necesario ter interese por descubrilo (estar motivados) e reflexionar para acadar un óptimo auto-coñecemento. Por elo, a vocación está íntimamente ligada á nosa identidade.

Buscando a nosa vocación

Evolución histórica do termo

Faustino Larrosa no artigo titulado Vocación docente versus profesión docente en las organizaciones educativas, publicada no 2010 na REIFOP explica que o termo vocación foi evolucionando ao longo da historia. Ao principio considerábase como unha chamada que a persoa sentía de ter que servir aos demáis, cunha dedicación espiritual e un rol sumiso e sen interese polos bens materiais. Enténdese mellor se leemos as palabras de Gil de Zárate (1855:307) que din así:

O maestro de escola debe ser tan santo como o mismo cura párroco. Se éste da o pasto espiritual, só é despois de que haxa formado o corazón e entendemento da humilde criatura que se pon aos seus pés.

Esta idea ligada da vocación dos profesores como algo espiritual comparada coa labor dun párroco continuou ata ben entrados no século XIX. Tomaremos as palabras de Francisco Giner de los Ríos de (1887:19):

Ensinar esixe ser equilibrados, ter temperamento ideal, amor por todas as grandes cousas, intelixencia desenvolta, gustos sinxelos e nobres, de costumes puras, sans de espírito e de corpo e dignos de pensamento, palabra, obra e ata maneiras de servir a sagrada causa cuxa prosecución se lles confía.

Unha vez máis, aparece a vocación como unha chamada mística que recibimos no noso interior. Non sería ata principios do século XX cando se comeza a ver ligada a vocación a satisfacción propia que produce a actividade do mestre na aula. Segundo isto, a vocación decaía cando había carencias no medio, nula cooperación ou falta de motivación para desenvolver a función docente. Desta maneira a vocación aparece como algo relacionado coa identidade profesional.

Nomea tamén a visión da vocación segundo as leises da educación do momento. Así, na Lei de Educación Primaria de 1945 o maestro tiña que Estimar su vocación como un servicio debido a Dios y a la Patria. Na lei do 1964 o maestro tiña que Ser una persona de vocación clara, de ejemplar conducta moral y social y ha de poseer la preparación profesional competente y el título que le acredite igualmente para el ejercicio de la profesión. Nun período máis cercáa a nós, nas conclusións do Seminario La LOE y sus docentes: derechos y deberes (2006) insisten en que os docentes han de ser educadores con vocación personal e profesional.

Formación da vocación

A vocación non é necesaria para exercer un traballo pero pode influír de maneira positiva ao bo desenvolvemento do mesmo. Interésanos por tanto que é o que hai que facer para formar a vocación.

O proceso de elaboración da vocación é moi diferente en cada persoa porque depende do contexto no que se criou e medrou, pero sí que se pode formar, de ahí o éxito das empresas que hoxe en día se están adicando ao coaching, porque hai unha necesidade imperante de renovarse, buscar novas profesións, novas vocacións. Acaso non é mellor traballar nalgo do que desfrutemos?

Segundo o blog metamorfosis do xornal La Vanguardia, moitas persoas teñen claro ao que se queren adicar dende moi xoves, porén a maioría non soen ter definida a súa vocación profesional. A vocación profesional sería por en marcha eses talentos innatos mediante a formación, o autocoñecemento e o desenvolvemento persoal. O obxectivo é dar o mellor de nós mesmos nunha profesión.

Cómo desenvolver a dimensión vocacional?

Durante a formación inicial dos futuros docentes prestaremos especial atención a desenvolver a súa dimensión vocacional que segundo Ferrero (1994) está composta por tres tipos de vocación:

  • Subxetiva. O suxeito sente atractivo pola actividade, pero carece de cualidades para ela.
  • Obxetiva. Posee as cualidades pero non o atractivo hacia ela.
  • Auténtica. Ademáis de sentir o atractivo da actividade, ten cualidades suficientes para elo.

Segundo Encarnación Sánchez Lissen, existen determinados elementos que poden axudar a fortalecer a dimensión vocacional:

  1. Recoñecerse como profesor/a. É dicir, identificarse nas tarefas dos docentes de maneira positiva.
  2. A motivación. Búsqueda de elementos internos e persoais que favorezan a labor docente.
  3. O esforzo como formación da vontade.
  4. A vontade. Básico para a formación humana, persoal e profesional. Para elo é básico que a persoa estea motivada.
  5. Autoestima. Dende as escolas de Maxisterio teñen que promover o xuízo positivo de cada un para fortalecer á persoa.

Isto contradíse co concepto de vocación que teñen moitas persoas, como algo innato. Nembargantes, un estudante de Maxisterio non ten porque acceder a carreira con vocación, pero non quere dicir que non poida desenvolverse con éxito na profesión, sempre e cando se faga fincapé na formación inicial en desenvolver os valores e actitudes profesionais.

Agora ben, cómo volver a espertar a vocación perdida por eses docentes que teñen baixas debido a ansiedade e depresión?

 

Webgrafía

http://www.vocacionhumana.org/_31/fundacion.html (consultada o 20.11.13)

http://blogs.lavanguardia.com/metamorfosis/en-busca-de-la-vocacion-profesional (consultada o 20.11.13)

http://www.uned.es/educacionXX1/pdfs/06-08.pdf (consultada o 20.11.13)

http://www.aufop.com/aufop/uploaded_files/articulos/1291992517.pdf (consultada o 19.11.13)