A docencia, unha experiecia compartida.

Na presente entrada gustaríame afondar un pouco máis sobre un dos textos traballados na clase expositiva do día 13 de novembro. O texto en cuestión ten por título: A docencia, unha experiencia compartida.

De acordo co título do monógrafico, cómpre comenzar dicindo que as relacións persoais son os eixos fundamentais que nos axudan a desenvolver e a potenciar a identidade docente. Seguindo a teoría do construccionismo social  ( Gergen, 1992) cada persoa é como é debido as relacións cos outros. Costruimos a nosa personalidade en base a nosa experiencia e en base a nosa relación coas persoas que nos rodean.

Imaxe usada para a entrado do blog: a docencia, unha experiencia compartida.

 

A modo de resumo podemos dicir que a teoría do construccionismo social se sosten en catro principios funtamentais. En primeiro lugar o aprendizaxe é unha experiencia social e de colaboración. Segundo, a zona de desenvolvemento debería ser usada polos profesores durante as experiencias de aprendizaxe. Terceiro, as experiencias do mundo real dotan aos estudantes dun contexto significativo para o aprendizaxe. Finalmente as experiencias escolares reforzanse con esperiencias adquiridas fora do colexio.

 

De igual maneira que construimos a nosa personalidade en base ao noso contexto, os docentes van construindo a súa identidade docente en relación cos seus compañeiros de profesión. Como se recolle no texto todos os profesores nomean aos seus colegas de profesión como o colectivo máis influinte no seu desenvolvemento como docentes. 

Estas relacións cos compañeiros poden ser ou ben positivas ou ben negativas feitos que condicionan que o clima no que se vai a traballar. O ambiente que se respire no centro educativo é un condicionante moi importante á hora de desenvolver a labor docente tanto no caso dun novel como doutro que conta con máis experiencia. Non é un segredo, que canto máis positivo sexa o clima no espazo de traballo é mellores sexan as relacións cos colegas de profesión, mellor será a motivación e a disposición do docente. 

Cando a relación cos seus iguais e negativa, o docente primeirizo vai tomando idea de que clase de profesional non quere chegar a ser, matizando dun xeito máis acentuado os seus ideais e actuacións para chegar a ser aquilo co que idenfica.

Por outra banda, cando a relación cos demais compañeiros é positiva estes pasan a ser os aliados clave para garantir unha mellor participación no centro, convirtense en compañeiros que lles ensinan e presentan as actividades e os materiais que se utilizan no centro ao tempo que lles dan orientacións de como seguir a dinámica na aula. Non obstante, este feito ten os seus puntos negativos posto que cabe a posibilidade de que o profesorado novel tome unha posición sumisa aceptando a política da escola debido a inseguridade qeu sinte pola súa falta de experiencia. Neste caso é moi frecuente atoparse con profesores que imitan a outros debido a que todo docente novel mostra unha falta de seguridade probocado pola nova situación de entrar no mundo laboral, proceso que coñece co nome de shock da realidade ( Veennam, 1984; Esteve, 1993; Flores y Day,2006).

A explicación que se pode dar para isto eque todo profesor entra no mundo laboral cunhas ideas que foron forxadas durante os seus anos de universidade, ideas na maioría dos casos utópicas e idealistas que ou se debilitan ou se fortalecen cando este chega a relidade no centro escolar. E verdade, que nos anos de Universidade todos os contidos son puramente teóricos, deixando moi pouca cabida para a práctica polo que, considero, que na maioría dos casos non se sae ao mercado laboral totalmente preparado; pois unha parte importante no proceso de formación apenas está reflexada no plan de estudos universitario. O feito de que haxa moi poucas prácticas, provoca no docente uns altos niveis de inseguridade e en moitos casos medo posto que non sabe co que se vai atopar. 

O que sí nos debe quedar claro é que :

"Aprendese a ser maestro resolvendo problemas" e que " ao igual que calquera outra profesión, a ser maestro aprendese traballando, equivocandose"



Bibiografía:

Fernández, L. , Mantínez,A. et Jimenez,E. (2013). La docencia, una experiencia compartida. Cuadernos de pedagogía. Nº 436, 58-61.

Comentarios

  • Nuria

    Moi boa reflexión, a verdade é que nos serviu de moito o traballado na sesión de seminario xa que ademais de ter as nosas opinións individuais ao realizalo en pequenos grupos e despois expoñelo aos demais iso fixo que ampliásemos as nosas visións. En definitiva, considero que foi moi enriquecedor!

  • Beatriz Lopez Muniz

    Estou de acordo contigo, o feito de traballar en grupo nesa sesión provocou que todas enriquecesemos un pouco máis as nosas reflexións posteriores posto que puidemos incluir nelas  os diferentes puntos de vista o que  provocou a elaboración dunhas argumentacións máis amplas e completas. Sen dúbida un bo traballo!