Día mundial dos dereitos da infancia.

Coincidindo cun día de folga como o de hoxe, no que reivindicamos a defensa do ensino público, coñecemos datos, extraídos deste revelador vídeo elaborado por UNICEF, no que pretenden chamar a atención sobre os seguintes aspectos:

-          Dereito á SUPERVIVENCIA E DESENVOLVEMENTO DA INFANCIA

-          A taxa de pobreza infantil en España sitúase no 27,2%

-          2.226.000 nenos/as españois viven por debaixo do umbral da pobreza.

-          Castigados sen libros, sen regalos e incluso sen teito.

Á vista destes datos, quizais deberíamos ampliar esa visión individualista do noso país, que de certo tampouco está pasando polos seus mellores momentos, e menos en materia de educación, polo que debemos reivindicar o noso dereito a unha educación pública, gratuíta e de calidade, pero tamén deberíamos tomar conciencia destes nenos de países subdesenvolvidos que o único que piden é o dereito á supervivencia, e garantir eses dereitos universais, que para nós son case irrelevantes.