Os docentes

Na última sesión expositiva do mércores 13 de novembro, abordamos a concepción da profesión docente e dos docentes en si, a partir do análise dunha serie de artigos que conforman o monográfico do nº 436 de Cuadernos de Pedagogía.

A tenor da lectura dos documentos aportados pola profesora, considero importante determinar aqueles aspectos fundamentais dos mesmos, os cales nos sitúan a profesión docente ante a situación actual que estamos a vivir.

Neste senso, enténdese que un dos piares básicos da profesión docente sexa a renovación permanente. Este feito, está motivado polo contexto que lles toca vivir. Tendo en conta, que deben adaptarse ás necesidades educativas do seu alumnado e cubrir todas aquelas expectativas que tanto a sociedade como os gobernos verten na escola e no seu traballo. Facendo fincapé nisto, “Unha das finalidades dos sistemas educativos foi e é garantir a transmisión e a preservación de valores, actitudes e saberes dominantes e hexemónicos nunha sociedade”(Sancho e Correa,pp.18) Aínda así, vivimos nun mundo en continuos cambios, ou como di David Berliner “ Creo que vivimos nun mundo V-I-C-A, volátil, incerto, complexo e ambiguo. Se o mundo é así, requírese un cambio radical no currículo para que responda aos cambios do mundo” (Sancho e correa, pp.19). Polo tanto os docentes viven un momento de continuos cambios nos que en ocasións a súa formación inicial non se corresponde coas necesidades que se lles presentan no seu quefacer diario.

Deste xeito, entra un xogo un feito vital na concepción dos docentes, a súa formación inicial. ONDE, COMO, CANDO, CON QUÉN ou QUE aprenden ? estas cuestión son o eixe central sobre o que se orixinan a maioría das dúbidas, así como conclusións erradas que crea a formación dos docentes. Neste sentido, debo facer fincapé na importancia da formación inicial, como piar que sustenta os coñecementos básicos da formación docente. Tendo en conta isto, podemos dicir que o momento universitario e aquel no que se ensinan os coñecementos teóricos necesarios para levar a cabo o traballo docente así como se realiza a primeira incursión ao mundo laboral a través do prácticum. É neste punto onde se xeran as primeiras controversias xa que para moitos o período de prácticum é moi curto e non prepara o suficiente para o emprego futuro, con todo si se destaca a importancia de abordar unha serie de eixes teóricos que sen dúbida servirán para guiar aos docentes nos seus primeiros pasos.

Con todo, o problema inicial dos docentes orixínase cando entran como profesionais por primeira vez a un colexio. É neste momento, onde gran parte deles se veñen a baixo e consideran que a súa formación non os preparou para o seu labor profesional. Considero que é neste punto onde se debe incidir na importancia de ter en conta que a formación dos docentes non só se insire aos catro anos que dura a titulación, senón que é un proceso continuo e como tal debe continuar, é continua durante o emprego nunha escola.

Facendo referencia ao dito anteriormente, é dicir a que a formación dos docentes continua nas escolas, debo destacar a importancia que teñen nesta formación os compañeiros de profesión, os principais referentes que atopan os docentes nos seus colexios, aqueles compañeiros aos que lles poden consultar dúbidas e que os guían nos seus comezos. Un docente novel entra no seu primeiro traballo cunhas ideas preconcibidas, cuns ideais e cunhas aspiracións, que en moitos casos non se poden levar a cabo debido ao contexto no que se atopa. Neste momento, o docente sofre un momento de shock no cal bota en falta unha formación máis completa encanto a estratexias e habilidades que lle axuden a dar resposta ás necesidades que atopa no seu quefacer diario. É aquí onde aparecen os compañeiros de traballo, ben é certo que o mellor non todos, mais si certos colegas que o axudaran nos seus primeiros pasos. Este contexto facilita aos docentes noveles mellorar e adquirir unha formación que os faga superar os seus medos e conflitos iniciais.

Dialogo, colaboración

 

Neste punto, é vital destacar a importancia da coordinación e colaboración entre os compañeiros, así como o diálogo pezas claves na formación permanente nos docentes, así como, factores fundamentais para que exista un bo clima no centro educativo. Ademais e como se recolle no artigo La docencia, una experiencia compartida, a relación de colaboración e cooperación cos compañeiros é o primeiro paso para aprender a ser mestre. Así mesmo a relación cos nosos compañeiros é un dos factores que más inflúe na construción da identidade docente.

Para continuar co análise da profesión docente, non debo deixar por alto a importancia do momento e o motivo polo cal se decide ser docente. Neste sentido, e como se recolle no artigo A elección de ser docente, a elección desta profesión ven motivada por unha serie de factores como son, a vocación, a motivación, a influencia dunha persoa achegada ou os primeiros contactos coa ensinanza. Neste punto e como comentei noutra entrada do meu blog, a vocación e un dos factores fundamentais polos que se entende a elección de ser docente, tendo en conta tamén a posibilidade dunha vocación tardía (Ao haber finalizado unha titulación anterior, ou despois de haber estado traballando uns anos). Noutro punto debo facer mención da influencia doutros, do papel daqueles mestres importantes para nós, como traballamos noutra sesión da materia, e que sen dúbida foron a clave para que moitos estudantes de maxisterio estean cursando estes estudos. Ademais destes, a influencia dalgún familiar u coñecido tamén poden propiciar elixir estes estudos. Con todo, estes non son os únicos motivos, aínda que poden ser algúns dos principais, pero sen dúbida hai un que destaco por riba de todos e que é moi socorrido polos alumnos de maxisterio nos primeiro anos  Gústanme os nenos, ante isto só queda dicir que será co aprendizaxe dos contidos así como co practicum, cando se verá se realmente estas persoas poden exercer a profesión ou non.

Todos os factores analizados anteriormente constitúen e definen aos docentes e como non, son pezas clave na formación da súa identidade.

No tocante a isto a identidade docenteConstrúese e reconstrúese, no curso da vida profesional e persoal”(Castañeda, pp.15), deste feito podemos intuír a complexidade da mesma así como a necesidade dunha formación permanente acorde cos cambios da sociedade. Neste punto non debe obviarse a subxectividade, entendida como a maneira que teñen os docentes de definirse como docente e como persoa, e que sen dúbida está estreitamente ligada á formación e a experiencia. É por tanto mediante estes tres eixes que se forma a identidade docente. Pero se hai un modo de potenciala e mellorala, isto son os relatos de docentes. Historias creadas por un docente na que recolle as experiencias vividas, a súa formación, as súas concepcións e que no seus conxunto dan significado a súa figura e a súa profesión. Converténdose nun reflexo da súa identidade.

 

Pero cales son as problemáticas ou os aspectos a ter en conta polos docentes actuais?

Neste senso, os docentes enfróntanse a un período de cambios no cal se pon en xogo a súa labor, así como a maneira en que estes dan resposta ás necesidade. Como se recolle no artigo Aprender a ser maestra: perplejidades y paradojas, entre os principais cambios que atopamos, encontramos, en primeiro lugar a noción de coñecemento, así como os procesos de produción, almacenamento, acceso e difusión dos coñecementos, mediatizados polo uso de novas tecnoloxías que implican que os docentes estean constantemente actualizados. Así mesmo a formación inicial dos docentes estase reformulando para poderse adaptar as necesidades da sociedade actual. Nestes cambios preséntase a idea da necesidade dunha nova metodoloxía de aprendizaxe, na cal se teñan en conta aspectos como a coordinación, a procura de información, entre outros. Outro punto importante son o aumento de esixencias ás que responde a escola, entre elas a atención a diversidade, a necesidade dun rol docente flexible e continua renovación e cuxo papel e fundamental na consecución de todas estas melloras.

Con todo isto, chego a conclusión de que un docente comeza o seu camiño coa súa formación inicial, a cal lle axudará a desenvolverse nos seus primeiros anos de traballo, xunto co apoio dos seus compañeiros. Esta experiencia de traballo estará sempre influída por unha aprendizaxe permanente que implicará unha renovación continua na súaidentidade. Identidade que se irá formando ao largo da súa actividade profesional. Neste sentido quero destacar dúas ideas claves que me foron acompañandoao largo do análise e que extraín do artigo La docencia, una experiencia compartida:


 

Profesión docente
 

“A ser mestre aprendese traballando, equivocándose”


 
“Aprendese a ser mestre resolvendo problemas”

 

 

 

 

Bibliografía

Castañeda Salgado, M. (2013). Identidades en proceso de formación. En Cuadernos de Pedagogía. Nº 436, 14-17.

Fernández, L., Martínez,A. e Jiménez, E. (2013). La docencia, una experiencia compartida. En Cuadernos de Pedagogía. Nº436, 58-61.

Herraiz García, F. e Martínez S.(2013). Formación inicial: entre la teoría y la práctica. En Cuadernos de Pedagogía. Nº436, 46-49.

Martínez Pérez, S. e Gutiérrez, L. (2013). La elección de ser docente. En Cuadernos de Pedagogía. Nº 436, 22-25.

Sancho Gil, J. e Correa, J.M. (2013). Aprender a ser maestra: perplejidades y paradojas. En Cuadernos de Pedagogía. Nº436, 18-21.